LOPD

Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD)
En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, a Asociación Monte Pindo Parque Natural (en adiante, AMPPN) informa ás persoas usuarias desta páxina de que cantos datos persoales se lle faciliten por calquera medio serán incluídos nun arquivo automatizado de datos de carácter persoal, creado e mantido baixo a responsabilidade da AMPPN. A finalidade do dito arquivo é facilitar a transmisión das solicitudes de alta á Asociación e o envío da información requerida polas persoas usuarias. A AMPPN garante a seguridade e confidencialidade de todos os datos facilitados. Deste xeito, comprométese ao cumprimento da súa obriga e segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de gardarlos e adoptar todas as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou uso non autorizado. Polo tanto, toda a información sobre as persoas usuarias non será utilizada con propósitos comerciais nin será cedida a terceiros.
As persoas usuarias poderán exercer en calquera momento o dereito de acceso, rectificación ou cancelación dos datos facilitados dirixindo un correo electrónico a info@montepindo.org, ou ben un correo ordinario ao enderezo Asociación Monte Pindo Parque Natural,Praza da Solaina s/n, 1º andar, O Pindo, 15296 Carnota (A Coruña).

Orde de domiciliación de débido directo SEPA
Quen asina a ficha de afiliación impresa ou ben cubre o formulario web de afiliación autoriza á entidade bancaria indicada no campo correspondente a descontarlle periodicamente a cantidade indicada en concepto de cota de afiliación, que deberá ser ingresada na conta ES56 2080 0025 4330 4000 1120 de Abanca. A cota de afiliación será revisada anualmente pola Comisión Rectora da Asociación.

Mediante a sinatura desa orde e segundo o esixido pola Lei 16/2009 de servizos de pagamento (Zona Única de Pagamento en Euros - SEPA), a persoa usuaria autoriza á AMPPN para que, desde o mesmo momento da sinatura, cargue na conta indicada de forma recorrente os importes correspondentes á cota de afiliación. En virtude do anterior e en cumprimento da dita normativa, enténdese cumprido o requisito de notificación previa ao vencemento de cada cargo pola AMPPN, mentras manteña a condición de persoa asociada.

Condicións xerais
A utilización de calquera dos servizos ofrecidos baixo o dominio www.montepindo.gal ou calquera das plataformas web responsabilidade da AMPPN (tenda.montepindo.gal, sos.montepindo.gal, cemp.montepindo.gal, xornadas.montepindo.gal...) atribúe, dende o seu comezo, a condición de Persoa Usuaria e será considerada aceptación expresa, voluntaria e sen reservas destas Condicións xerais.

A Persoa Usuaria que accede ao Sitio Web debe cumprir estas Condicións Xerais e as especiais instrucións de uso que se lle mostren en cada momento. Así mesmo, comprométese a obrar sempre conforme á lei, aos bos costumes e ás esixencias da boa fe, empregando a dilixencia axeitada á natureza do servizo do que goza. Así, a Persoa Usuaria non poderá efectuar modificación nin alteración ningunha dos contidos do Sitio Web, a excepción dos datos que a propia Persoa Usuaria introducise, nin prexudicará de forma ningunha a súa integridade ou funcionamento.

Os datos persoais que deban facilitar os usuarios para acceder aos mencionados servizos quedarán sometidos á lexislación xeral en materia de protección de datos. Quedarán rexistrados nas bases de datos, propiedade da AMPPN, amparadas pola Lei Orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal.

A AMPPN poderá suprimir ou suspender o acceso ao Sitio Web do Usuario que incumprise calquera das obrigas expresadas nestas Condicións Xerais. O Usuario que incumpra intencionada ou culpablemente calquera das precedentes obrigas responderá de todos os danos e prexuízos que, como consecuencia, cause á AMPPN ou a un terceiro.

O usuario responderá directamente polos danos e prexuízos causados, tanto directamente coma indirectamente, por incumprindo das presentes cláusulas, e, ademais, pola introdución, por calquera medio, de software defectuoso, malicioso ou malintencionado.

No caso de que o usuario realizase cesións de datos de carácter persoal de terceiras persoas físicas, garante que posúe consentimento dos interesados para poder realizar a devandita cesión, de acordo co establecido no Título II da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Responsabilidade da AMPPN
A AMPPN resérvase o dereito de realizar modificacións no Sitio Web, así como nestas Condicións Xerais.

Por outro lado, e dada a especial natureza do medio escollido para comunicarse cos Usuarios, a AMPPN non pode asumir responsabilidade:

  • Pola imposibilidade temporal de acceso ao Sitio Web nun momento determinado, ou á información concreta de entre os incluídos en http://www.montepindo.org ou outras plataformas web da AMPPN, ou naqueles sitios web aos que a persoa usuaria acceda mediante enlaces de hipertexto situados nos ditos sitios web.
  • Pola exactitude ou actualidade dos contidos das informacións subministradas. No Sitio Web existen informacións redactadas polos terceiras partes, polo que a AMPPN non se fai responsable da información aquí presentada.

A AMPPN non responderá en ningún caso polos danos orixinados como consecuencia de feitos fortuítos ou imprevisibles, nin por aqueles que sexan consecuencia do comportamento neglixente do Usuario.

Propiedade intelectual e industrial
Todos os contidos, marcas, deseños, logos, iconas, botóns, software, nomes comerciais, nomes de dominio, e calquera outros signos ou elementos susceptibles de protección por dereitos de propiedade intelectual e industrial que formen parte do Sitio Web son propiedade da AMPPN ou de dominio público ou de terceiros que autorizaron debidamente a súa inclusión no Sitio Web e que figuran como autores ou titulares dos dereitos.

En ningún caso se entenderá que se concede licenza ningunha ou se efectúa renuncia, transmisión, cesión total ou parcial dos devanditos dereitos, nin se confire ningún dereito, e en especial, de explotación, reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública sobre os devanditos contidos sen a previa autorización expresa e por escrito da AMPPN (no que respecta ao deseño do sitio ou ao uso da marca "AMPPN") ou dos terceiros correspondentes.

As violacións de calquera dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial aos que se refire este apartado serán perseguidas mediante as accións penais e civís consideradas na lexislación vixente.

Xurisdición
Todo litixio ou controversia que xurda entre a AMPPN e unha persoa usuaria sobre a interpretación ou a aplicación destas Condicións Xerais ou, en xeral, relacionado de xeito directo ou indirecto coa utilización dos servizos ofrecidos no sitio web será resolto polos Xulgados e Tribunais de Compostela.

Como requisito previo ao comezo do litixio, a AMPPN e a persoa usuaria obríganse a negociar de boa fe para resolver o litixio ou controversia durante o prazo dun (1) mes contado desde a data en que unha das partes notifique por escrito á outra a súa pretensión potencialmente litixiosa.

Comunicacións
Para calquera comunicación que sexa precisa entre a AMPPN e a persoa usuaria, este deberá dirixirse ao domicilio indicado da AMPPN, mediante calquera dos distintos medios de comunicación (correo certificado ou correo electrónico) que se indican na sección Contacto da web www.montepindo.gal.

As comunicacións da AMPPN á persoa usuaria realizaranse mediante os datos achegados por esta ao facer uso deste Sitio Web ou mediante os datos proporcionados na primeira comunicación enviada pola persoa usuaria.

A información contida nas ditas comunicacións coa persoa usuaria é personal. Se non te identificas coa persoa destinataria rogámosche que o elimines e notifiques en info@montepindo.org o erro.