O coñecemento da toponimia do Olimpo Celta segue a ser escaso e en moitos casos erróneo |
Para salvar toda a información que aínda estemos a tempo, a Comisión Rectora da Asociación Monte Pindo decidiu poñer en marcha esta iniciativa que estará coordinada por Manolo Souto Barreiro, profesor do Colexio de Carnota recén xubilado, e que tentará sumar a toda a xente do entorno que por profesión ou vocación teña información sobre a microtoponimia do Monte Pindo e do entorno, polo que estará totalmente aberta á incorporación de toda a sociedade con interese en botar unha man.
A primeira reunión da Mesa da Toponimia terá lugar o sábado 31 de marzo ás 12:00 horas no Salón de Actos do Concello de Carnota, no marco da mostra de promoción local de Carnota Víndemo Ver. As persoas interesadas tamén se poden inscribir en info@montepindo.org.
O proxecto conxugará o uso das novas tecnoloxías (aplicacións móbiles e cartográficas), a análise da documentación e traballos xa existentes, e a recollida directa do saber popular mediante entrevistas persoais á xente que coñeza ben a toponimia do Monte Pindo, e que desgrazadamente en demasiadas ocasións xa non poden acceder a pe ao espazo natural para sinalarnos os nomes, pero si o poden ver nunha aplicación dixital ou incluso nos percorridos recollidos recentemente no proxecto Trekker.
Google Maps converteuse nunha ferramenta de primeira orde para a recollida de microtoponimia |
Máis información: http://www.montepindo.gal/p/toponimia.html