20/12/17

Manifestación contra a contaminación na praia de San Pedro

Cartel da marcha
Este sábado 23 de decembro a partir das 17:00 horas o pobo do Pindo sae á rúa para protestar contra o problema de contaminación que desde hai anos vén afectando á cabeceira da praia de San Pedro (O Pindo) derivado de verquidos domésticos e fecais sen depurar, e os problemas de cheiros insoportables que esta situación provoca no lugar. Dase a circunstancia de que este lugar xa ten avanzada boa parte da súa rede de saneamento mais por problemas administrativos a entrega da obra e por tanto a posta en marcha do servizo parece perpetuarse, e con el as molestias que causa esta situación.

A reivindicación partirá ás 17:00 horas da praza da Solaina e conta co apoio da nosa entidade, que fai un chamamento e anima á veciñanza a participar masivamente nesta marcha para que á Xunta e a Augas de Galicia aceleren as xestións para a posta en funcionamento da conexión á EDAR municipal que acabe definitivamente cos problemas de contaminación na praia de San Pedro.