Xil Caamaño, Ignacio Vilar, Marta Lado e Tamara Canosa (CC. AMPPN, 2013) |
E se ben o incomparábel marco axuda, este proceso creativo non se sostería tan ben sen as actuacións impecábeis de Monti Castiñeiras e Marta Lado, na pel dun técnico de son e dunha recolectora de algas, respectivamente, mergullados na procura de si mesmos, ata que se atopan o un ao outro, o que cambia absolutamente todo. Tan redonda resultaron as súas interpretacións que xa lle valeron á fisterrá Marta Lado o recoñecemento internacional dun merecido premio á mellor actriz na 21ª edición do Festival Cinespaña de Toulouse. Cremos que non será o último recoñecemento a este filme. Desde o alto do Olimpo Celta, enviamos os parabéns á veciña e amiga Marta, e a todo o equipo de profesionais que forma parte neste éxito.
Agradecemento aos colaboradores carnotáns nos créditos |
Só nos resta agradecer a Ignacio Vilar e a Vía Láctea Filmes que apostara polo Monte Pindo para rodar, con todas as dificultades técnicas que isto supón, e tamén pola nosa entidade para participar na fascinante aventura do producir cine, e que nos convidaran a asistir en exclusiva ao primeiro pase da película na Coruña. A obra encantounos, agardamos que teña moitísimo éxito e que os espectadores saiban aprezala cando chegue ás principais salas de cine o vindeiro 25 de novembro.