O alcalde de Carnota, Moncho Noceda, con Ana Pontón no coadoiro do Xallas (fonte: BNG) |
A representación visitou o lugar do Pindo (fonte: BNG). |
Non esqueciu o tráxico incendio que arrasou o Monte Pindo no 2013, tras o cal, segundo denunciou, o goberno da Xunta «mirou para outro lado»; Ana Pontón chamou a superar a política de abandono dos montes para acabar cos incendios e criticou a falta de investimentos e promoción do coidado dun medio rural que entende como potencial "elemento de vertebración social e económica".
A visita da candidata nacionalista a Carnota insire de cheo a loita polo Parque Natural do Monte Pindo na carreira ás eleccións autonómicas que terá lugar en pouco máis dun mes, o vindeiro 25 de setembro, sendo o BNG a primeira das opcións políticas que se pronunciou expresamente sobre esta cuestión. Sen embargo, desde a Asociación Monte Pindo Parque Natural xa estamos traballando para iniciar unha rolda de contactos para recabar nas vindeiras semanas o apoio das restantes forzas políticas con opción a acadar peso parlamentario na vindeira lexislatura, para conseguir o compromiso de que o novo goberno da Xunta que saia das urnas entenda coma prioritaria, por fin, a declaración do Monte Pindo como Parque Natural, unha medida que será boa para o medio ambiente e boa para a xente.