Mais a asunción da nosa reivindicación foi moito máis aló agora que o xigante de Internet Google xa publicita o Monte Pindo coma parque natural, decisión que tiveron a xentileza de comunicarnos hai xa uns meses mediante unha chamada á nosa entidade desde as oficinas centrais de Google para Europa, radicadas en Dublín, a capital irlandesa.
Por iso, cando agora introduces no famoso buscador "Monte Pindo", o primeiro resultado é unha ficha do espazo natural cun mapa da zona, valoracións dos usuarios, información sobre o macizo... onde o espazo xa se clasifica como "parque natural". De momento isto só pasa cos resultados en español; en galego aparece como "reserva natural".
Unha simpática curiosidade que sen embargo nos axuda e moito a divulgar a nosa loita.
Unha simpática curiosidade que sen embargo nos axuda e moito a divulgar a nosa loita.