Cartel do IV Simposium Monte Pindo |
Esta xa cuarta edición do Simposium Monte Pindo centrarase especialmente, nesta ocasión, nas novas oportunidades económicas e de emprego que o Monte Pindo e o futuro primeiro Parque Natural da Costa da Morte xerarán no seu entorno. Para iso contaremos coas intervencións dun variado elenco de especialistas (cabendo salientar unha nutrida presenza de naturais do Pindo e entorno) que afrontarán esta temática tan interesante para o público xeral desde as distintas perspectivas, coma poden ser as oportunidades que un Olimpo Celta protexido e desenvolvido permitirá para o aproveitamento substentabel agrogandeiro, forestal e madeireiro, turístico, histórico e xeolóxico... e por suposto os postos de traballo e beneficios directos derivados da declaración do Parque Natural.
Coma sempre, ademais das charlas, proxeccións e audiovisuais, a cita destinará un tempo para o debate para que todo quen o desexe poida dirixir as súas dúbidas, preguntas ou suxestións á Asociación ou a calquera dos intervintes.
A participación é -coma vén sendo habitual nas actividades da Asociación Monte Pindo- libre e gratuita, se ben pídese que quen desexe participar no xantar llo comunique á Asociación con suficiente antelación para prever o número de comensais.
Con este evento a Asociación Monte Pindo Parque Natural refresca a súa aposta pola Ciencia pois só dun máis amplo do coñecemento do Monte Pindo pode partir o respecto polos seus valores e por tanto a súa posta en valor de xeito que beneficie a toda a sociedade, e renova o seu compromiso coa información e a participación veciñal, pois a veciñanza é precisamente a destinataria de todos os seus esforzos.
PROGRAMA
-11:00h. Introdución e presentación: Merche Díaz Mayán (O Pindo) Secretaria da Confraría de Pescadores do Pindo e tesoureira de Monte Pindo Parque Natural
-11:15h. A nosa traxectoria: Xilberto Caamaño Beiro (O Pindo) Presidente de Monte Pindo Parque Natural
-11:45h. O estado forestal do Monte Pindo e as oportunidades de futuro na madeira: Jorge Pérez González (Ézaro) Enxeñeiro de Montes, máster de Medio Ambiente e Recursos Naturais, ex-xefe de Brigada Forestal e directivo da Asociación Monte Pindo Parque Natural
-12:30h. Descanso
-13:00h. Como é un Parque Natural? Luis Costa PerezDoutor en Ciencias Biolóxicas. Funcionario da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (Xunta de Galicia). Director-Conservador no Parque Natural Fragas do Eume (2006-2012).
-14:00h. Xantar
-16:30h. Valoración e xestión do patrimonio xeomorfolóxico do Monte Pindo: unha paisaxe como símbolo de identidade: Manuela Costa Casais (O Pindo) Profesora no Departamento de Xeografía, na área de Xeografía Física. Facultade de Xeografía e Historia. Universidad de Santiago de Compostela
-17:15h. O Silvopastoreo no Monte Pindo e outras oportunidades económicas no futuro Parque Natural: Belén Pérez Martínez (Cee) Enxeñeira técnica agrícola pola Universidad de Santiago de Compostela e César Pérez Martínez (Cee) Veterinario pola Universidad de Santiago de Compostela, traballa en proxectos de gandeirías en extensivo galegas
-18:15h. DEBATE ABERTO Modera: Mario Maceiras Dosil Secretario da Asociación Monte Pindo Parque Natural
-19:00h. Acto de clausura. Ramón Noceda Caamaño Alcalde de Carnota