O Medallón das Sete Pitas xa se pode vestir |
A peza de bronce preséntase nun orixinal envoltorio hexagonal que vai contando a historia do Medallón segundo se abre, e inclúe un cordón listo para colgar no momento. O prezo do conxunto será de 12 euros, e de 10 no caso da afiliación de Monte Pindo Parque Natural.
Co lanzamento desta peza, obra do artesán Pablo Leal, e que conta co prestixioso selo Artesanía de Galicia, respondemos á demanda de moitísimas persoas que, tendo moito interese no Medallón das Sete Pitas e a súa fascinante historia, desexaba poder empregalo como colgante, xa que a réplica do orixinal que presentamos hai dous anos é demasiado voluminosa e pesada para poñer.
Envoltorio coa historia da peza orixinal |
A tirada limitada inicial ascende a 30 unidades en bronce que de momento só estarán á venda no Víndemo Ver, mais en función do recibimento estudaremos lanzar novas tiradas e mesmo noutros materiais coma a prata, asi coma posibilitar a súa adquisición na nosa tenda en liña.