Ramón Noceda, alcalde de Carnota (fonte: ElDiario.es) |
Na opinión do rexedor carnotán, o Parque Natural é unha boa iniciativa pois "suporá postos de traballo, investimentos, promoción turística de calidade e, en definitiva, a mellora xeneralizada e innegable de todo o contorno e da calidade de vida da veciñanza". Noceda di que "calquera administración debería celebrar que a súa sociedade acade tal grao de madurez que non sexa freo, senón motor de iniciativas tan valentes como esta".Ademais asegurou que é a primeira vez en Galicia e probablemente en España que "un parque natural nacerá con boa parte do traballo feito: unha sociedade sensibilizada, varias liñas de investigación abertas, e centos de colectivos de todo tipo implicados".
Noceda ofreceu aos populares recuperar a batuta da iniciativa e sentenciou con que o seu goberno apoiará "todo o que sirva para recuperar e protexer o Monte Pindo de xeito que repercuta na mellora do benestar da súa veciñanza, veña de quen veña".
A nota completa do alcalde de Carnota pódese ler nesta ligazón.