Da man do
Proxecto Gaelaico, un traballo colectivo liderado por -entre outros- James J. Duran, Ph. D. (Séamas Ó Direáin), doutor en Lingüística pola Universidade de Stanford de EEUU, Alberto Lago Villaverde, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela ou Henrique Egea Lapina, licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela, chéganos unha plausíbel iniciativa que pretende reivindicar dun xeito didáctico a íntima relación da cultura e mitoloxía irlandesa coa galega a través da fala e por tanto entre as súas correspondentes nacións. Este equipo enunciou unha nova -e ata o momento inédita- hipótese para explicar o incógnito por que do nome do Monte Pindo, unha cuestión que ten dado para moito debate nos círculos especializados e na propia sociedade local, e que xa temos traído a colación nesta páxina no artigo
"Os nomes do monte sacro dos nosos antergos".
Este texto avala a versión de que o topónimo do macizo granítico carnotá sempre fose o que hoxe ten, e ilústrase a posibilidade de que a denominación
Monte Pindo obedeza á descrición física dun
monte escuro, e que correspondería case literalmente coa tradución das ditas palabras en calquera dos dialectos do gaélico:
binn ou
beinn, que describen un
pico nos dialectos gaélico irlandés e escocés respectivamente, e
dubh, adxectivo para describir algo
escuro indistintamente en calquera das dúas variantes. Admitindo esta hipótese,
Binn Dubh equivalería a Pindo e ademais ofrecen varios exemplos de montes fisicamente similares ao carnotá e denominados exactamente dese xeito nas terras celtas, ao igual que o propio territorio no que se asenta o mirador da Costa da Morte, denominado xa polos romanos coma o dos
Celtici Supertamarci.
Agradecemos aos autores esta nova achega de luz sobre un tema certamente interesante, e tomámonos a licenza de reproducilo literalmente polo seu interese para todas e todos os amantes do Olimpo Celta e do seu patrimonio histórico, asi coma os entusiastas da cultura celta, non sen antes rogarvos encarecidamente que visitedes
a súa páxina para descubrir multitude de exemplos do vencello entre as mitoloxías galegas e irlandesas que nos ilustran, e que cando menos dan moito que pensar.
Pindo: Pico ou Montaña Escura
En Galicia, no municipio de Carnota, na provincia de A Coruña, hai unha montaña coñecida como Pindo. Existen numerosas lendas sobre esta montaña, que algúns historiadores románticos galegos consideraron o Olimpo Celta.
Coa intención de botar un pouco de luz sobre a orixe do nome desta famosa montaña galega, detémonos nas súas características físicas. O Pindo é unha inmensa masa de granito escuro cunha altura máxima de 627 metros. Pindo, a parroquia onde está situada, debe o seu nome a esta montaña.
Como xa dixemos, a súa cor escura é unha das súas principais características. Podémolo apreciar claramente na seguinte imaxe.
|
Monte Pindo (Carnota-A Coruña-Galicia) |
É frecuente que os topónimos se formen con termos descritivos da lingua propia dos habitantes da zona.
Segundo a opinión xeral, os habitantes de Galicia son descendentes da poboación nativa que a ocupou durante milenios, e no existe constancia de grandes inmigracións no territorio galego. Por isto, os topónimos de Galicia deberían describir claramente os lugares ós que dan nome.
Así e todo, moitos deles son indescifrables desde o galego, a lingua propia. Por isto, enténdese que deben proceder de linguas faladas polos seus antigos poboadores, pero que actualmente xa non se falan nin se entenden.
Dado que Galicia era claramente unha rexión celta no momento da conquista romana, examinamos o topónimo Pindo desde a perspectiva das linguas celtas, máis especificamente desde a perspectiva da rama das linguas goidélicas ou gaélicas.
LINGUA
|
PALABRA
|
SIGNIFICADO
|
gaélico irlandés
|
binn
|
pico, cumio (por ext. montaña)
|
gaélico escocés
|
beinn
|
pico, cumio (por ext. montaña)
|
En gaélico irlandés, o son representado pola letra b conserva a súa sonorización. Así, o son é bastante similar ó do b galego /b/ en posición inicial de palabra. Isto pode dar lugar a engano na lingua escrita, xa que o b galego se suaviza, converténdose nun son similar a /v/ en posición media ou final de palabra, mentres que a letra b irlandesa non se suaviza nestas posicións.
En gaélico escocés, o b pronúnciase como a consoante xorda /p/ sen aspiración, dun xeito moi similar á consoante galega ou castelá p
/p/.
LINGUA
|
PALABRA
|
SIGNIFICADO
|
gaélico escocés e gaélico irlandés
|
dubh
|
escuro
|
gaélico irlandés
|
binn dubh
|
pico escuro / montaña escura
|
gaélico escocés
|
beinn dubh
|
pico escuro / montaña escura
|
Observemos unha imaxe de Beinn Dubh “pico escuro” ou “montaña escura” en Trossachs National Park, cerca do pobo de Luss, Escocia, cunha altura de 978 metros.
|
Beinn Dubh (Escocia) |
Agora vemos unha imaxe de Binn Dubh en Connemara National Park, Irlanda. Altura: 696 metros.
|
Binn Dubh (Irlanda) |
A similitude física entre Pindo, Binn Dubh e Beinn Dubh é evidente. Tendo en conta a pronuncia, a semellanza entre os topónimos tamén é evidente, aínda que a sílaba tónica é diferente nos topónimos gaélicos e no galego.
Cremos que a adaptación á lingua romance galega de calquera dos dous topónimos gaélicos que vimos é o suficientemente clara e non deixa lugar a ningunha dúbida razoable.
(gaélico escocés) BeinnDubh > Pindo (galego) “pico escuro/montaña escura”
(gaélico irlandés) BinnDubh > Pindo (galego) “pico escuro/montaña escura”
Ler o artigo orixinal en Proxecto Gaelaico