Portada da edición |
Non é a primeira vez que temos que agradecer a impagábel labor divulgadora que o colectivo xeolóxico fai do Monte Pindo a nivel mundial, e non pode ser doutro xeito polas calidades deste inselberg granítico de 350 millóns de anos. No 2011 foi presentada na UDC a tese doutoral monográfica Xéneses de cavidades graníticas en ambientes endóxenos e esóxenos de Juan Antonio Mayor Rodríguez, e dirixida polo propio profesor Vidal Romaní. Velaquí a conclusión desta tese que para nós ten dimensión de manifesto:
No referente a vertente humana e social, cremos que estas formas que acabamos de estudar deben ser consideradas como monumentos naturais e polo tanto ser obxecto de especial protección polas autoridades competentes. Ser referentes no que atinxe a súa xeomorfoloxía granítica, como xa o son noutras partes do mundo como por exemplo os Yosemites en California, Castle Rock en Idaho, ou Kangaroo Island en Australia. Son referentes en primeira liña a fervenza do Xallas, os tafoni-cova e os tafoni-pía, o cume da Moa e ás formas graníticas que se atopan o longo do seu percorrido. Por todo elo é ben merecida a aspiración a parque natural como figura legal pertinente de esta zona.
MAYOR RODRÍGUEZ, J. A., "Xéneses de cavidades graníticas en ambientes endóxenos e esóxenos"(UDC, 2011)