29/12/14

O PP impide por cuarta vez que a Xunta declare o Parque Natural do Monte Pindo

Fotos de arquivo de Yolanda Díaz e Marisol Piñeiro (Fontes: Ideal e La Voz)
A maioría absoluta do PP volveu a tumbar no Parlamento por cuarta ocasión (1, 2, 3) a iniciativa cidadá de declarar o Monte Pindo Parque Natural. Esta vez a proposición non de lei chegou ao hemiciclo a proposta do grupo parlamentar de AGE, que esixiu por boca da súa portavoz Yolanda Díaz que o goberno galego atendera á demanda veciñal para que a figura do Parque Natural axuda á recuperación do monte despois do lume toda vez que unha recente enquisa demostrou que existe unanimidade social en torno a esta iniciativa e tamén que ducias de entidades (hoxe 171, despois das recentes incorporacións de GMTA e CETRA) respaldaron sen paliativos esta proposta.

Porén o Partido Popular nin durante estas festas demostra unha pinga de xenerosidade, e volveu dar portazo á declaración do Parque Natural, novamente en boca da deputada carnotá Marisol Piñeiro (actualmente imputada ante o TSXG por prevaricación) que volveu a usar o caduco e falso argumento de que "nas súas manifestacións exhiben bandeiras de grupos políticos e non contan co apoio dos veciños", suficiente para despachar unha idea que durante catro anos suma -e segue- apoios masivos, e logo negouse tamén a aclarar se quería converter o Monte Pindo nun couto de caza maior.

O parque natural, no programa 2007 do PP de Carnota
A realidade é que na comarca e na provincia non existe nin resquicio de oposición, como se pode observar nesta enquisa que compartimos por xentileza de Sondaxe. A realidade é que o PP é quen está a politizar esta cuestión, pois é o único partido político galego que aínda non asumiu a petición veciñal. En realidade incluso o PP cre nesta proposta, que chegou a figurar en todos os programas electorais nos que Marisol Piñeiro foi candidata en Carnota, como se ve na foto da dereita. Só que agora mesmo non lles interesa defendelo por intereses exclusivamente politicos, pois como agora non gobernan na localidade non poden anotarse o tanto da declaración do Monte Pindo como Parque Natural. E iso é todo. A realidade é que o Monte Pindo, abandonado e destruido, terá que esperar a que os intereses políticos do PP muden.
É insultante como se terxiversan as cousas no corrupto sistema político deste país, onde o goberno emanado dos votos do pobo se converte nun goberno contra o pobo, onde unha persoa que mañá pode ser inhabilitada para o exercicio da política hoxe pode ser quen vete a petición de miles de cidadáns, tecido social, empresarial e turístico, concellos e ducias de colectivos da comarca. Onde unha persoa que presume de ser do Pindo, vai pasar á historia por negarlle aos seus propios veciños ata o pan e a auga, sen demostrar nin un ápice da xenerosidade, humildade e solidariedade propios destas datas festivas.

23/12/14

Felices Festas! E que no 2015 non falte o máis importante: a Vida.


Nunca poderemos agradecer todo o apoio que recibimos cada día de tantos miles de persoas boas e xenerosas que estades aí detrás nosa, animándonos a seguir, sen rendirnos, axudándonos a lograr o noso soño de protexer dunha vez e para sempre o Monte Pindo. Cada día é un novo paso adiante, unha nova oportunidade para o noso Olimpo, que é de todas as galegas, de todos os galegos. Hoxe xa non temos nin unha soa dúbida de que, antes que despois, o Parque Natural será unha realidade.

19/12/14

Confirman a presenza recente de lobo e corzo no Monte Pindo

Petroglifo no Currusal
(Imaxe: Fco. X. Fdez. Naval)
O escritor Francisco Xosé Fernández Naval recolleu no seu blog A Noite Branca a interesantísima crónica dunha produtiva visita ao Olimpo Celta, desenvolta o pasado 6 de decembro na compañía dun dos maiores coñecedores do Monte Pindo, Fernando Alonso Romero, xunto con membros das súas familias. Na visita entre os muiños de Vadebois e o Chan das Lamas a comitiva localizou un conxunto de petroglifos aínda moi pouco coñecido, composto por unha cruz medieval, varias coviñas e dúas figuras podomorfas, ademais de outros símbolos que cumpre descifrar. A Asociación Monte Pindo xa está en contacto con especialistas para catalogar, extraer calcos e xeolocalizar todos os petroglifos coñecidos neste espazo, para que nunca máis se perdan.

Pegadas no Chan das Lamas
(Imaxe: Fco. X. Fdez. Naval)
Outro dos descubrimentos importantes da comitiva foi a profusión de pegadas recentes de varios mamíferos nas pistas enlamadas de San Cibrán, que permiten identificar con bastante exactitude a presenza de varias especies, o que atestigua a lenta recuperación da fauna do Olimpo Celta. Máis sorprendente é a presenza dalgunhas especies que aínda non tiñamos catalogadas no Monte Pindo, aínda que máis ou menos podíanse presupoñer: Furóns, xabaríns e, o máis impresionante, o que parecen ser pegadas de lobo e de corzo. O lobo, animal en perigo de extinción coñecido por percorrer longuísimas distancias, volve asi ao Monte Pindo por primeira vez desde o incendio, e podemos confirmar a presenza de corzo, do que nunca antes tivemos rexistros neste espazo e que desde agora incorporamos ao Catálogo de Especies do Monte Pindo grazas a esta visita.

Felices noticias, desde logo, as que nos relata o amigo Chisco e a súa inmellorábel compaña na súa bitácora personal, que vos convidamos a ler. O nadal de 2014 non podía traer mellores noticias que a volta da vida ao Olimpo Celta, vida que nunca debería ter desaparecido.

15/12/14

Monte Pindo e GMTA acordan colaborar na organización do seu Trail polo Olimpo Celta

Represententantes das directivas, onte no porto do Pindo
Este domingo reuníronse no Pindo as directivas da Asociación Monte Pindo Parque Natural e de Galicia Máxica Trail Adventure (GMTA) para rubricar un acordo polo que se comprometen a colaborar na organización do Trail Monte Pindo, unha proba deportiva de máximo nivel que desde 2011 organiza esa asociación deportiva no Olimpo Celta, e que tentaremos consolidar e mellorar nos aspectos do respecto ao entorno, loxística, promoción, financiamento e participación popular, coa vista xa centrada na sexta edición que terá lugar o ano que vén.

Convenio subscrito entre GMTA e AMPPN
O convenio rubricouse ao remate dunha intensiva visita ás distintas rutas do Monte Pindo desenvolta ao longo da mañán, que nos proporcionou datos que servirán para o deseño do que xa será o VI Trail Monte Pindo, previsto para o 13 de xuño de 2015. Na base do acordo estabeleceron unha serie de medidas destinadas a acadar os seguintes obxectivos:
  1. Garantir a continuidade desta proba deportiva de máximo nivel e convertela nunha referencia no marco galego, estatal e internacional.
  2. Garantir o máximo respecto ao Monte Pindo e ao seu entorno, e nomeadamente a flora, fauna, xeoloxía e arqueoloxía, de xeito que ao remate da proba o espazo natural fique igual -cando non mellor- que ao inicio da mesma.
  3. Favorecer o achegamento do público a este espazo natural único para reforzar os vencellos entre a sociedade e o mesmo como unha das formas máis eficaces de conservación do medio natural.
  4. Conservar, manter e recuperar os camiños e sendeiros tradicionais do Monte Pindo.
  5. Minimizar os riscos para a seguridade e a saúde dos participantes na proba.
Ambas organizacións estabeleceron unha excelente sintonía que sen dúbida contribuirá non só ao éxito deportivo e organizativo dunha proba que polas súas condicións excepcionais pode converterse en referencial no panorama internacional, e tamén para que esta se faga desde un máximo respecto aos valores do Monte Pindo e do seu entorno privilexiado, procurando o beneficio económico para este entorno e por suposto garantindo ás persoas asistentes unha xornada saudábel, divertida e segura que -agardamos- nunca esquecerán.

11/12/14

Xa somos puntoGal!

Pode que nin o notásedes, pero a Asociación Monte Pindo Parque Natural conta desde hoxe con novo enderezo web: www.montepindo.gal


Este dominio é froito do traballo de moitos milleiros de persoas comprometidas co noso idioma e cultura, decididos a lograr un dominio propio que diferencie as páxinas galegas en Internet. Esa iniciativa callou no ano 2006 na creación da Asociación Puntogal, unha entidade creada para reclamar un dominio galego á ICANN, organismo internacional encargado da autorización e recoñecemento dos dominios en Internet. Finalmente o 16 de maio de 2014 naceu a páxina www.dominio.gal, para aceptar preinscricións de páxinas .gal, certificando a victoria dunha loita incansábel de 8 anos que só podía acabar cun final feliz.

Non podemos máis que felicitar a Puntogal por este éxito, que desde hoxe, 11 de decembro, tamén compartimos mudando a nosa páxina web a www.montepindo.gal. Unha vez máis demóstrase que nunca debemos desistir dos nosos proxectos personais e colectivos só porque se plantexen longos e tediosos. Nós levamos 4 anos e dous meses loitando pola declaración do Monte Pindo Parque Natural e tampouco pararemos ata ver esa iniciativa publicada no DOG. Aínda que tamén nos leve 8 anos.

03/12/14

Cúmprense 200 anos de que Carnota e Muros se segregaron do Partido Xudicial de Corcubión

Ata a construción da ponte a mediados do S. XX, o Xallas
era un atranco para os veciños (Imaxe: Quino de Pais)
Un dos cronistas modernos da nosa comarca e máximo divulgador da memoria dos fuxidos do Monte Pindo, Luis Lamela, segue coa súa labor divulgadora e sorprendeunos esta semana cunha información publicada en La Voz de Galicia, que nos tomamos a licenza de reproducir tamén para todos os carnotáns e carnotás, e para todo quen esté interesado na memoria do Monte Pindo e desta bisbarra.

O texto da conta da segregación dos actuais concellos de Carnota e Muros do Partido Xudicial de Corcubión creado no século XV polo Conde de Altamira, do que agora se volve a falar por certo polo aparente interese do goberno central de suprimir esta e outras institucións tradicionais de organización do noso territorio. Non perdades os inconvenientes que os veciños relataban para convencer ao daquela rei Fernando VII de que accedera ás súas pretensións.

Os veciños denunciaban que se atopaban fisicamente de tres a catro leguas longuísimas da vila, separados por un camiño moi malo e tendo polo medio o caudaloso e perigoso río Xallas, que só se podía cruzar en barca e non todos os días (fose polas condicións meteorolóxicas ou ben pola pouca disposición do barqueiro a facelo). Asi mesmo labregos e mariñeiros queixábanse que mesmo despois de ter que agardar dous ou tres días a poder vadear o río, unha vez chegados a Corcubión para arranxar calquera asunto, ali eran postergados nos despachos da Xustiza  tendo que pagar pousada e que ademais eran tratados coma tramontanos e estranxeiros (sic).

As penurias que os veciños relatan non quedaban aí. Tamén lles obrigaban a facer ese percorrido para limpar e arranxar as rúas da vila, participar nas montaxes cando había corridas de toros, ou custodiar presos na cárcere, obrigándolles a abandonar durante días a labranza e as tarefas cotiás, o que alegaban que perxudicaba ademais o Real Erario.

Sobra dicir que ante esas razóns de peso e sentido común á Coroa non lle quedou outra que acceder íntegramente ás peticións de carnotáns e muradáns. A continuación, o artigo íntegro tal e como foi publicado en LVG.
El partido judicial de Corcubión
Apuntes sobre una segregación y sobre algunos «sobresaltos» posteriores
El 9 de septiembre, cuando apareció en estas páginas nuestro trabajo titulado, Los entresijos de la burocracia medieval, reseñábamos que los condes de Altamira establecieron la capitalidad jurisdiccional en la villa de Corcubión en el primer tercio del siglo XV, comprendiendo, además de la villa, otras 21 parroquias con una superficie de unos 200 kilómetros cuadrados, y en los que vivían unos 2.500 habitantes. Esta jurisdicción se extendía por el sur de las tierras muxianas hasta el actual embalse de Fervenza, continuando por la costa oriental de la ría para rematar en Lariño (Carnota) y quedando únicamente unida la feligresía de San Xoán de Serres (Muros), limitando por el norte con la Jurisdicción de Vimianzo, también del señorío de los Altamira.

Así se siguió durante varios siglos sin variación. No obstante, en 1814, hace ahora 200 años, los vecinos de San Xoán de Serres, Santa Columba de Carnota y San Martiño de Lariño solicitaron al rey de España, Fernando VII de Borbón, llamado el «rey Felón», que les separase de la villa y jurisdicción de Corcubión para formar una propia. Este memorial, fechado en Madrid el 20 de octubre, fue elevado y presentado por Dámaso Rueda de Tejada en virtud de poder concedido.

En ese documento, los labradores y vecinos de las parroquias citadas argumentaban los inconvenientes que representaba estar agregados a Corcubión, y a la vez solicitaban que el rey declarase separadas las tres parroquias de la jurisdicción corcubionesa y concediese facultades al conde de Altamira para que, como señor jurisdiccional, les nombrase un juez particular y los independizase; que el juez fijase su residencia en una de las tres segregadas, con el objetivo de administrarles Justicia y comunicarles las órdenes «del Real Servicio». El informe iba acompañado de otros más.

Las argumentos en apoyo a su solicitud, pasaban por el alejamiento en que se encontraban de la capital de la jurisdicción: las parroquia de Serres y Lariño distaban «unas cuatro leguas larguísimas de la villa de Corcubión», en donde residía la Justicia, y la de Carnota, tres de muy mal camino, con un río en medio caudaloso -el Xallas, en O Ézaro- que no era vadeable si no era por medio de barca, en tiempo de invierno con mucho peligro. Aun así, en ocasiones esos vecinos debían aguardar dos o tres días a que bajasen las aguas. Y, en otras, eran los barqueros los que estaban ocupados en otras labores, o porque otros les pagasen más «de lo acostumbrado», lo que les detenían varios días sin quererles pasar.

Después de sufrir todos estos problemas, una vez llegados a Corcubión tenían que tomar posada, ya que solían «ser postergados en el despacho de la Justicia» por presentarse con frecuencia fuera de las horas y fechas a las que eran citados, calificándoles las gentes de la villa como «tramontanos y extranjeros». También manifestaban que «le servían al juez de distracción cuando se hallaba desocupado» y que había labrador que para una comparecencia tenía que llevar consigo cuatro o seis o más personas, manteniéndoles a sus expensas, pagándoles el pasaje de la barca y la posada...

Todos estas contrariedades no suponían la totalidad de los perjuicios que recibían los vecinos. También se les obligaba a concurrir, a pesar de la Distancia, para efectuar la limpieza y composición de calles de Corcubión, poner qancelas cuando había corridas de toros, custodiar presos en la cárcel del Partido, etcétera, etcétera, lo que, además de los gastos, dejaban de trabajar sus tierras perjudicándose no solamente ellos y familias, sino también «al Real Erario».

Por eso que, el remedio a tantos males era, según los firmantes del documento, con pragmatismo y sentido común, tan fácil como que con solo nombrarles un juez particular y escribano numerario por el conde de Altamira estaría solucionado el problema de las tres parroquias, formando una jurisdicción distinta a la de Corcubión, ya que tenían también cárcel y prisiones situadas en San Xoán de Serres y podrían componerla muy bien por sí solos, sin perjuicio y «si con utilidad al Real Erario», compartiendo las cantidades con las que debían contribuir e igualmente los mozos «que debían dar para el ejército o las milicias».

Otras situaciones históricas
Este expediente de segregación siguió su curso, y después de la tramitación fue aceptada la pretensión pocos años más tarde por las autoridades de la época, separándose de forma definitiva de la jurisdicción de Corcubión la zona de Carnota, Serres y Lariño, ratificándose la segregación unos años más tarde, en 1834, por medio del decreto aprobado el 21 de abril por el que se crearon los actuales partidos judiciales, a los que Corcubión sumó, en compensación, la jurisdicción de Vimianzo - Zas, Camariñas y el propio Vimianzo-, y las antiguas posesiones de la Iglesia: Fisterra, Cee y Muxía, que totalizaron para el partido corcubionés una superficie de cerca de 750 kilómetros cuadrados y 68 parroquias, surgiendo en épocas posteriores algunos sobresaltos, como lo ocurrido en 1893 por el peligro de ser suprimido el partido judicial; o la presión de Vimianzo en 1927 para arrebatar la capitalidad a Corcubión.

O también la posible incorporación de Mazaricos y Carnota al querer suprimirse el partido judicial de Muros... Y, ya, en la década de los cincuenta del siglo XX, el intento de trasladar la antigua sede de los juzgados a Cee por causa de problemas de acondicionamiento y deterioro del edificio que lo albergaba, ubicado lindando con la famosa fuente de Corcubión.

Y, así, periódicamente, seguimos viviendo con ciertos sobresaltos, «rezando y con el mazo dando», como en la concentración de junio que puso en evidencia que podemos ser una sociedad viva, activa y no complaciente, para que estos «ataques» a la integridad como demarcación judicial queden solamente en eso: en sustos. Lo que es indudable, y aunque el conflicto sigue dormido «entre Pinto y Valdemoro», sin resolverse, es que ejercer la ciudadanía implica una posición activa por parte de todos, respirando si es necesario sentimientos de rebelión política, pacífica en todo caso. Y termino con una copla que recuperó el ex maestro de Corcubión, el respetable Juan Díaz Fernández, allá por el año 1926: «A zona de Corcubión/costa d'oito auntamentos,/ e diles seis vilas son/ e máis dous departamentos/ que forman o seu frolón» (sic).

O autor
Luís Lamela García (Corcubión, 1945) é historiador. Estudou na Escola Oficial de Náutica da Coruña e na UNED. Traballou na Mariña Mercante e posteriormente desenvolveu varias actividades profesionais no sector financeiro galego, sobre todo en Caixa Galicia.
Foi un dos pioneiros na restauración histórica da memoria do franquismo e o antifranquismo en Galiza desde unha actividade investigadora que comezou no ano 1987. Colaborou tamén en periódicos e revistas como La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Unión Libre ou Anuario Brigantino. Foi asesor do Proxecto Inter-universitario As vítimas, os nomes, as voces e os lugares e membro da Comisión Municipal de Aplicación da Memoria Histórica, asesora da Comisión de Honores e Distincións do Concello da Coruña, para a retirada da simboloxía franquista na cidade.
Da súa obra destacamos "Escapado. Do Monte Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón", 2009, Xerais.
Fonte: Galipedia.

27/11/14

O III Simposium Monte Pindo deixa propostas, debate e o descubrimento de especies extintas no Pindo e dun novo santuario ritual

O Simposium Monte Pindo consolidouse en Lira como encontro de referencia multidisciplinar sobre o Olimpo Celta, logrando congregar a varios dos expertos que máis viñeron traballando nos últimos anos neste espazo. Malia que as pésimas condicións meteorolóxicas lastraron a asistencia, non o fixeron coa ilusión, os proxectos e a sensación cada vez máis xeralizada de que o apoio á declaración do Monte Pindo Parque Natural é cada vez máis unánime, como recentemente certificou unha enquisa de Sondaxe publicada pola Voz.

Martiño-Fiz López pediu transformar o apoio en oportunidades
Martiño-Fiz López Lindoso

Precisamente esta enquisa centrou parte da intervención do primeiro poñente, Martiño Fiz López Lindoso, biólogo e representante ecoloxista de ADEGA no Observatorio Galego da Biodiversidade, e relator orixinal da Iniciativa Monte Pindo Parque Natural. Interesándose polos diferentes aspectos que revelan os datos estadísticos publicados, Martiño confirmou que na súa opinión confirman  un apoio practicamente unánime non só da poboación local ao Parque Natural, senón o máis sorprendente é que o fixo en toda a provincia da Coruña, situando ademais o Olimpo Celta nun nivel de coñecemento máximo, só lixeiramente por detrás dos parques naturais que xa existen. Martiño felicitou á causa social polo éxito dunha reivindicación que considera imparábel, e dedicou a segunda metade da ponencia a facer propostas para converter ese gran apoio en oportunidades reais para o Olimpo Celta, que será Parque Natural a máis tardar en dous anos, segundo asegurou, cando o partido que actualmente detenta o goberno da Xunta perda o poder.

Por poñer varios exemplos, subscitou o debate de lanzar unha campaña de recadación de microdoazóns que destinar ao Monte Pindo e poder asi comezar a actuar directamente no territorio ante a falta da vontade da Xunta que facelo, dado que Monte Pindo Parque Natural conta tamén co apoio dos propietarios maioritarios: Concello de Carnota e Comunidades de Montes.

Vidal Romaní presentou os resultados das súas investigacións nas covas
Xoán Ramón Vidal Romaní
Xoán Ramón Vidal Romaní, xeólogo e director do Instituto Universitario de Xeoloxía Parga Pondal (UDC), anunciou as incríbeis diferentes estructuras microbiolóxicas ata agora descoñecidas que veñen estudando desde hai varios anos nas covas graníticas de espazos coma o Monte Louro e o Monte Pindo. Ata agora pensábase que estas covas presentaban unhas condicións tan hostís que era imposíbel que albergaran vida. O traballo de campo de xente coma o propio Vidal Romaní e do Clube Espeleolóxico A Trapa demostran o contrario: estas covas albergan un complexo hábitat microbiótico de especies que logran sobrevivir por diferentes procesos, as interaccións entre elas e tamén que son capaces de permanecer nunha especie de letargo cando as condicións non son propicias, para logo volver a vida cando volve a habelas.

A palestra de Romaní deixou unha sorpresa case casual. Cando enumeraba os tipos de organismos que está atopando nos depósitos de ópalo das covas do Monte Pindo, ao referirse ao pólen comezou a recitar partículas pertencentes a especies ausentes do Monte Pindo, coma o arando silvestre ou o freixo. A sorpresa dos aficionados á flora presentes foi maiúscula pois estaban a asistir sen querelo a unha verdadeira lección de arqueoloxía botánica. Á proposta de se poderíamos radiografiar o pasado ecolóxico do Monte Pindo a través deste tipo de fósiles, Vidal Romaní dixo que estaba disposto a colaborar coa comunidade científica e as Universidades se estas se deciden involucrar.

Mar Llinares expresou a súa preocupación pola ruptura da cadea de creación e transmisión do noso sistema lendario
Mar Llinares
Mar Llinares García, natural de San Mamede (Carnota), é profesora de Prehistoria da USC, e unha das maiores expertas na tradición oral deste espazo e de toda Galiza, autora de publicacións de referencia coma Mouros, Ánimas, Demos. O imaxinario popular galego. Nunha linguaxe evidentemente próxima, a veciña debullou o sistema lendario deste entorno e sobre todo a idiosincrasia que o produciu, pois interésanlle máis os procesos que derivan no nacemento nunha lenda ou conto, que o contido destas en si mesmo.

Neste aspecto, Llinares expresou a súa preocupación porque as lendas se están a converter en rexistros bibliográficos, pero que o seu medio natural, a transmisión oral e familiar, está desaparecendo. Nos tempos en que a tecnoloxía domina todo pero que xa case ninguén se senta a contar o que aprenderan de pais e avós, nin tampouco a crear novos contos adaptados aos tempos que vivimos. Iso supón na opinión desta experta un verdadeiro perigo de que se corte para sempre esta cadea de creación e transmisión das lendas, pois estas só teñen sentido se están vivas, circulando de boca a boca de xente que as sabe contar e enriquecela con novos detalles. A charla convidaba, desde logo, a que cada familia debe recuperar ese momento do día, ante a lareira ou ao atardecer, en que se reunía e contaba aos pequenos as vivencias, reais ou ficcionadas, que o día presentara.

Antón Malde anunciou a hipótese inédita da presenza en Carnota dun gran santuario ritual da Idade do Ferro
Antón Malde
Antón Fernández Malde, arqueólogo, non é un descoñecido no noso concello. Dirixiu os proxectos de arqueoloxía popular Torre dos Mouros e Castro de Mallou, en Lira e Mallou respectivamente, excavados mediante unha fórmula de voluntariado civil que busca integrar aos habitantes da contorna no descubrimento do seu propio patrimonio. Isto que pode parecer de caixón sacudiu os cimentos da arqueoloxía tradicional, estase a poñer coma exemplo dun novo xeito de facer as cousas no mundo, a Public Archaeology, e xa se ten referido como modelo Carnota nos novos lugares onde se está a reproducir (Croa de Niñóns, Castro de Remonde...). Aínda que sendo máis xustos deberíase chamar modelo Malde-Gago, polos dous impulsores orixinais.

A pesar de que a súa presencia foi confirmada só un día antes, e que acaba de superar unha etapa de convalecencia duns problemas de saúde, a Confraría de Pescadores de Lira encheuse para escoitalo. E non decepcionou. Malde non adoita vir a Carnota a deixarnos indiferentes, pero nada facía presaxiar que aproveitara esta oportunidade para enunciar unha hipótese que permite afirmar nada menos que Carnota albergaba un gran santuario ritual da Idade do Ferro. A teoría asegura que en Galiza existen grandes "espazos baleiros", é dicir, zonas deshabitadas deliberadamente, que tiñan importancia ritual. En efecto, no enorme situado entre os castros de Miñarzo e Mallou e o Monte Pindo, e que inclúe toda a fouce de Carnota, non hai evidencias de ningún asentamento prerromano. Porén, aquí atópase un dos conxuntos de petroglifos máis grandes do sur de Europa, con máis de 200 catalogados nunha área relativamente moi pequena. Isto pode evidenciar que os nosos antergos decidiron non poboar certos espazos importantes desde o punto de vista simbólico ou tradicional, co gallo de deixalos como lugares rituais. Esta hipótese aínda precisa de evidencias arqueolóxicas que a avalen, e Malde aspira a poder desenvolver en 2015, ao fío da segunda edición do proxecto Castro de Mallou que poderá retomarse no verán, varias catas arqueolóxicas que o confirmen.

O anuncio pode contribuír a seguir transformando a historia que coñecíamos, e ampliar asi mesmo o noso coñecemento dos procesos que levaron hai miles de anos aos nosos antepasados a inzar os montes de Carnota de gravados únicos, ou a proxectar castros de xeito aparentemente caprichoso, mais que tiñan moita da ciencia da arquitectura do século XXI. Malde prometeu unha nova visita na que debullará, precisamente, toda a información obtida no proxecto do Castro de Mallou, que estaba por presentar.

O Simposium demostrou que o Olimpo Celta aínda está cheo de oportunidades, e que o Parque Natural é unha solución unánime para explotalas
Parte dos poñentes no debate aberto
Tanto nas preguntas directas aos poñentes como no Debate Aberto que clausurou o III Simposium Monte Pindo quedou claro que o Monte Pindo precisa apoio e medidas concretas, é que o Parque Natural non só é a mellor das medidas posíbeis, senón que conta cun respaldo social indiscutido a día de hoxe, con propietarios, veciñanza, cidadanía, concello, comunidades de montes, e un amplo abano de 169 entidades de todo tipo, o que constitúe case unha unanimidade social entorno a un proxecto común: algo inaudito. Ademais, será o único Parque Natural nacido por e para a sociedade, toda vez que os demais se deseñaron e proclamaron desde os despachos, este nace con boa parte do traballo feito. Isto permite asegurar que non só se pode facer na situación actual, senón cun custo moi inferior ao dun espazo natural que debe protexerse desde cero.

A conslusión, compartida por poñentes e asistentes, é clara: o Monte Pindo ten que ser e vai ser Parque Natural, tarde días, meses ou anos. E todos coincidiron en que ao tratarse dunha negativa de carácter exclusivamente político do goberno actual, a negativa durará como máximo tanto tempo como dure este goberno, o único que catro anos despois aínda non entendiu nada.

Monte Pindo anuncia que se cumpre unha semana que lle solicitou á Conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, unha reunión para pedirlle que publique antes de final de ano no DOG o decreto polo que se crea o Parque Natural do Monte Pindo.

18/11/14

Este sábado 22 en Lira, III Simposium Monte Pindo: O Olimpo Celta a debate

Cartel definitivo
Despois do parón provocado polo incendio de 2013, retomamos esta pioneira xornada de divulgación científica e debate que aspira a converterse nunha cita imprescindible para a actualidade do Monte Pindo, e ao mesmo tempo ofrecerlle a toda a veciñanza e axentes sociais a posibilidade de pronunciarse libremente sobre o seu pasado, presente e futuro.

Lembrade: Sábado 22 de novembro a partir das 11:00 horas na Confraría de Pescadores de Lira.
Programa definitivo
  • 11:00h. Presentación. Asociación Monte Pindo Parque Natural.
  • 12:00h. Martiño-Fiz López Lindoso. Representante de ADEGA no Observatorio Galego da Biodiversidade. Relator da Iniciativa Monte Pindo Parque Natural
  • 13:00h. Xoán Ramón Vidal Romaní. Catedrático de Xeoloxía da UDC e director do Instituto Universitario de Xeoloxía Parga Pondal
  • 14:00h. Xantar
  • 16:30h. Mar Llinares García (Carnota). Profesora titular de Prehistoria na USC
  • 17:30h. Antón Malde Fernández. Director arqueolóxico dos Proxectos Torre dos Mouros e Castro de Mallou.
  • 18:30. DEBATE ABERTO.
  • 19:00h. Acto de clausura.
Organiza: Asociación Monte Pindo Parque Natural
Colaboran: Confraría de pescadores de Lira e Concello de Carnota

Non á Lei de Seguridade Cidadá! Atenta contra as nosas liberdades!

A Asociación Monte Pindo Parque Natural, coma organización integrante da Alianza Social Galega (ASOGA), súmase ás mobilizacións contra a Lei Mordaza, que reforma a lei co único obxectivo de limitar a nosa liberdade de expresarnos e manifestarnos publicamente, que terán lugar este domingo 23 de novembro nas principais cidades galegas. As marchas coruñesas e compostelá partiran ás 12, respectivamente, desde a Praza de Pontevedra e desde a Alameda.

Está en marcha a reforma do Código penal e da Lei de seguridade cidadá, coas que o Goberno español pretende converter o conflito social nun problema de orde pública, camiñando cara a un Estado de carácter policial coa finalidade de impoñer un sistema económico, laboral e social totalmente negativo para as clases populares e os países periféricos. É un paso atrás nos dereitos máis básicos: criminalízanse a protesta social, as liberdades públicas e as vías de participación democrática, o que nos sitúa, en moitos aspectos, na época do franquismo.

O PP e o Goberno de Rajoy actúan con esta dureza contra os movementos sociais, a clase traballadora e a realidade plurinacional do Estado, pero manteñen unha actitude de moita permisividade canto aos delitos económicos que cometen os seus amigos e o capital financeiro.

1. Estas reformas normativas teñen como obxectivo reprimir a contestación social fronte ás actuacións inxustas do Goberno do PP: as reformas laborais e sociais coas súas políticas económicas, un recorte de dereitos e unha crecente precariedade das condicións de traballo (rebaixa salarial, privatización…), a redución dos servizos e prestacións públicas, a fiscalidade regresiva, etc.

2. Con estas reformas, tipifícanse como delito accións sociais que ata o de agora non tiñan esa consideración. Atacan frontalmente dereitos sobre os que asenta a participación democrática: liberdade de reunión, de manifestación e de folga.

3. O PP reforma a Lei de seguridade cidadá:
  • Para actuar de forma inmediata e contundente contra a conflitividade social que xera a súa política; recórtase tamén o dereito á tutela xudicial porque só se pode acudir á Xustiza unha vez as persoas teñan imposta unha sanción, coa agravante de que han afrontar os gastos de ir ao xulgado.
  • Para substituír a infracción penal pola infracción administrativa. Elimínanse garantías xurisdicionais como a presunción de inocencia; a actuación da policía gozará da presunción de veracidade; haberá que pagar taxas xudiciais, etc.
  • Para desalentar a mobilización social, actúase con total discrecionalidade e arbitrariedade, perseguindo todo tipo de mobilizacións e mesmo o exercicio de dereitos fundamentais.
  • Para aumentar as infraccións (a listaxe pasa de 30 a 57 e créanse 36 novos tipos) e a contía das sancións, que serán inmediatamente executivas e se fixarán sen considerar o patrimonio das persoas afectadas: 1.000 € as leves, 30.000 € as graves e 600.000 € as moi graves.
4. Implanta unha censura informativa previa que é contraria á Constitución. Limítase a captación e difusión de imaxes e sons dos axentes de policía nas súas actuacións públicas, minando o dereito da cidadanía a recibir unha información veraz e plural. Imposibilita o traballo xornalístico porque amedrenta os profesionais e tamén promove o abuso policial, xa que impide tomar posibles probas gráficas de actuacións desproporcionadas das forzas de seguridade.

Lugar e hora das distintas mobilizacións contra a Lei Mordaza

17/11/14

Unha enquisa certifica un apoio case unánime a que o Monte Pindo sexa Parque Natural

Enquisa de Sondaxe sobre o apoio ao Parque Natural
O xornal La Voz de Galicia divulgou onte os resultados da enquisa Ómnibus de Sondaxe feita a habitantes na provincia da Coruña na que preguntou específicamente polo apoio da cidadanía á proposta de que a Xunta declare o Parque Natural do Monte Pindo, concluíndo que o apoio é practicamente unánime. Preto do 75% das persoas que participaron no sondeo apoian abertamente a iniciativa, é dicir, 3 de cada 4 están dacordo ou moi dacordo. O resto ou ben amósase indiferente ou ben non contesta, mentras que o 0,0% está expresamente en desacordo.

O estudo ordena os datos estatísticos a nivel das distintas delegacións con que conta a Voz: Carballo, Barbanza e Santiago. O índice de persoas partidarias de declarar o Monte Pindo como Parque Natural é maioritario en cada unha desas divisións territoriais. En canto á estruturación sociolóxica deste apoio, é na xente nova onde se atopa un apoio máis decidido a esta declaración, o que supón que un 85% dos enquisados menores de 45 anos coñecen e valoran positivamente a proposta, porcentaxe que se reduce ao 62% entre a xente maior de 55 anos.

Os resultados constatan que a negativa da Xunta a iniciar dunha vez a tramitación do Parque Natural, tal e como lle veñen pedindo desde hai catro anos Concello de Carnota, comunidades de montes e 169 entidades de todo tipo, obedece exclusivamente a unha falta de vontade política, dado que na sociedade non existe ningunha reticencia a que esta medida se leve a cabo.

O estudo tamén revela que o Olimpo Celta é o espazo natural máis coñecido da comarca, o terceiro na provincia

Outro dos datos sorprendentes da enquisa é cando os enquisados responden sobre os espazos naturais que máis coñecen e valoran. Cun 14,5% o Monte Pindo irrumpe como terceiro espazo natural máis coñecido da nosa provincia, só por detrás dos dous parques naturais que existen a día de hoxe, o de Fragas do Eume (41,4%) e o das Dunas de Corrubedo (18,1%), que sendo o espazo natural con máis visitas do País só é 4 puntos máis coñecido que o macizo carnotán, que se coroa asi o espazo máis coñecido e valorado da comarca, moi por diante de outros sitios tan espectaculares coma os cantís da Costa da Morte e Cabo Fisterra (6,1%), penedos de Pasarela (2,3%), Verdes (2,7%) ou a propia fervenza do Ézaro (4%).

O estudo certifica o éxito da Asociación Monte Pindo Parque Natural no seu obxectivo estatutario de divulgar o Olimpo Celta a toda a sociedade, de tal xeito que a día de hoxe case se situou no nivel de coñecemento e valoración dos parques naturais consolidados que reciben millóns de euros cada ano para, entre outras cousas, dalos a coñecer. Noutras palabras, no Monte Pindo logrouse de balde o que noutros lugares custa centos de miles de euros a todos os galegos e galegas. Isto da boa fe da importancia de que exista sociedade organizada entorno aos nosos espazos naturais.

A sociedade esixe da Xunta que inicie de inmediato a tramitación do Parque Natural

Os contundentes resultados da enquisa de Sondaxe colocan a pelota no tellado da Xunta, que de continuar na súa negativa a abordar a gran demanda social estaría a confrontarse a unha case unánime maioría social que está a agardar que dunha vez inicie a agardada tramitación do Parque Natural do Monte Pindo, despois de doce anos e seis meses sen concederlle esta figura a ningún espazo natural galego, co que contravén o mandato europeo de seguir ampliando a Rede Galega de Espazos Protexidos e ten condenado ao noso País a contar con menos superficie protexida que Asturias ou Madrid, por exemplo.

A Asociación Monte Pindo vai solicitar esta mesma semana unha reunión urxente coa conselleira Ethel Vázquez, para valorar esta enquisa e instala a que publique antes de final de ano no Diario Oficial de Galicia o decreto polo que cree o Parque Natural do Monte Pindo. Despois de catro anos e de tantas promesas frustradas, ese é o único xesto que poderemos celebrar e interpretar como unha vontade inequívoca da Xunta de Galicia de atender por fin unha demanda cidadá que xa tardou demasiado. 

07/11/14

A Xunta viola 5 leis ao negarse por segunda vez a informar sobre o Monte Pindo

O Valedor do Pobo vén de admitir a trámite e por tanto actuará novamente contra a Xunta a raíz dunha denuncia por vulneración dun total de 5 leis que a obrigan a facilitar a información medioambiental que lle soliciten.

A denuncia da Asociación Monte Pindo obedece a que o 5 de febreiro de 2014 a entidade veciñal solicitou á Xunta toda a información relativa ao Consorcio polo cal o Concello de Carnota, titular da inmensa maioría deste territorio, lle outorga a xestión do Monte Pindo, e nomeadamente os gastos que a administración autonómica ten desenvolto no espazo natural que lle comprende xestionar en virtude dese convenio. Esta solicitude é compartida polo Concello de Carnota e pola CMVMC de Caldebarcos.

Nove meses despois a solicitude segue sen ningunha resposta, o que vulnera de xeito flagrante as lexislacións galega, española e europea reguladora do dereito de acceso información de carácter mediambiental (Directiva 2003/4/CE, Ley 30/1992, Ley 38/1995, Ley 27/2006 e Lei 1/1995).

A Xunta non só incumpre senón que reincide
Esta é a segunda ocasión en que a Xunta infrinxe a súa obriga de facilitar información relativa ao Monte Pindo, o que xa motivou unha actuación anterior do Valedor do Pobo contra a Xunta, naquela altura por negarse a informar sobre o alcance do incendio que en setembro de 2013 arrasara o Monte Pindo. Aquela actuación rematara cun informe de José Julio Fernández Rodríguez, Valedor do Pobo en funcións, certificando o incumprimento da Xunta, o que porá en coñecemento do Parlamento Galego no seu informe anual mediante un comentario crítico.
Extracto do 1º informe do Valedor do Pobo
O feito de que a Xunta novamente volva infrinxir as mesmas normas demostra que existe unha clara vontade de ocultar e negar información que o pobo ten dereito a coñecer, e por tanto de vulnerar sistematicamente as súas propias leis asi coma as españolas e europeas. A Asociación Monte Pindo entende que esta actitude pode conlevar consecuencias legais.

Dossier de prensa

24/10/14

A Xunta non ve eucaliptos no Monte Pindo e culpa agora ao Nordés do incendio

Non lles importa se desaparece o carballo anano porque "hai en Portugal"
Ana Pontón defendeu o Parque Natural (imaxe: BNG)
O Parlamento Galego debatiu, por cuarta ocasión, os devires do Olimpo Celta, tal e como estaba anunciado desde setembro. E por cuarta ocasión, demostrou o seu absoluto desinterese para con este espazo natural protexido e o seu entorno.

A batería de preguntas da parlamentaria nacionalista Ana Pontón buscou as conclusións da investigación policial sobre o incendio de setembro de 2013, dado que nunca máis nada se soubo. Preguntou pola ausencia de informes do impacto do lume, e dos plans que debería ter deseñado para reparar os danos, recuperar e xestionar o espazo natural que por Consorcio á Xunta corresponde protexer. Ana Pontón tamén trasladou á Comisión Parlamentaria a alarma veciñal pola profusión de eucaliptos no Monte Pindo despois do lume ata ameazar o único hábitat do carballo anano en Galiza, e cales son as medidas que a Xunta ten previsto poñer a andar para evitar a degradación acelerada á que se está vendo sometido o Olimpo Celta, unha vez que a Xunta bloqueou sen solución de continuidade o voluntariado veciñal, e reclamou  novamente que a Xunta fixera caso da demanda veciñal de declarar o Monte Pindo Parque Natural.

Fernández Couto é o único que non ve os eucaliptos
Tomás Fernández Couto
A parede coa que charlou Ana Pontón nesta ocasión chamouse Tomás Fernández Couto, Director Xeral de Montes da Xunta. E se ben aos seus antecesores notábaselle moito o desinterese no asunto, Fernández-Couto ademais tamén demostrou o completo descoñecemento da realidade do Monte Pindo, ao asegurar que a Xunta non vía os eucaliptos. Incluso chegou a acusar a Pontón de demagoxia por dicir o contrario. Esta especie rebrotou por doquier por procesos naturais ou pola eucaliptización deliberada que temos denunciado, xa supera os dous metros e xa non se pode eliminar de forma manual. Isto exactamente foi o que denunciamos publicamente veciños e entidades diante de media ducia de medios de comunicación de todo o estado español, e por tanto millóns de persoas si puideron ver o eucalipto desde o sofá das súas casas, pero non esta Xunta cega, xorda e muda.

Non lles importa se desaparece o carballo anano porque "hai en Portugal"
Altura actual dos
novos eucaliptos
Tampouco ten desperdicio a valoración do grao de ameaza que vive a única poboación galega do Quercus lusitanica. Segundo a Xunta, non existe tal ameaza porque -atención- o carballo anano tamén existe en Portugal. A Xunta recoñece asi que non fará absolutamente nada pola súa única poboación de Quercus lusitanica, aquela que hai só tres anos protexiu expresamente mediante a súa inclusión en grao de vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Imaxinádesvos a repercusión destas afirmacións se en vez de chamarse carballo anano, se chamase lince ibérico ou oso pardo?

A culpa foi do vento
A Xunta tamén sorprende ao cambiar por terceira vez a súa hipótese sobre a autoría do incendio. A pesar de non poder facilitar un só dato do resultado das pesquisas policiais, agora Tomás Fernández Couto culpa do incendio ao vento do Nordés. Se durante o incendio culpara en exclusiva ao pirómano, e despois do mesmo culparara aos veciños, agora a culpa é do vento que case perpetuamente azouta a nosa bisbarra. Supoñemos que este cambio de postura obedece a que o vento é a única compoñente do incendio que non pode defenderse da aldraxe coma os veciños de Carnota tivemos que facer.

A Xunta non tomará ningunha medida
No tocante ás medidas específicas que se lle solicitan neste espazo natural (plan de recuperación, plan rector de uso e xestión, declaración de parque natural...) aí a Xunta si que non varía un ápice a súa postura inicial: Non facer absolutamente nada, só sentarse a ver como pasa o tempo, a ver que tal vai a recuperación natural. Non se nos ocurre peor excusa para un goberno que explicar a súa inacción ante determinada problemática con que hai que deixar pasar o tempo, sen precipitarse, sen facer previsión, sen investir cartos nin esforzos en resolver nada. Todo está ben, queimadiño como está.

O debate vén a reforzar a sensación xeralizada de que mentras a Xunta continúe en mans do PP o medio ambiente galego en xeral e o Monte Pindo en particular ocupa a última das prioridades dun goberno para o que os nosos montes naturais só interesan para criar eucaliptos destinados a incrementar a facturación dunha empresa.
Videos (4) do debate no Parlamento (cortesía do BNG)



17/10/14

O 65% de todo o patrimonio arqueolóxico coñecido no Monte Pindo descubriuse nos últimos 4 anos

A Asociación Monte Pindo cumpre 4 anos cheos de ilusión

O 17 de outubro de 2010 reuníanse no Pindo un grupo de veciños de todas as localidades de Carnota para, por fin, comezar a traballar polo desenvolvemento do Olimpo Celta, un macizo granítico carnotán que daquela pouco máis interese xeraba que entre algúns eruditos e bastantes máis veciños e visitantes que se retaban a subilo de cando en cando. O obxectivo daquela reunión era, nin mais nin menos, crear un movemento social co obxectivo de facer deste lugar o primeiro Parque Natural da Costa da Morte, proposta que lanzara ADEGA unhas semanas antes e que acababa de ser rexeitada pola Xunta.

Catro anos despois, o Monte Pindo é moito máis coñecido en todo o mundo. Escribiuse, narrouse, filmouse máis nestes catro anos sobre os seus valores paisaxísticos, xeolóxicos, arqueolóxicos, naturais, patrimoniais e deportivos que durante os seus 350 millóns de anos de existencia. E deste inaudito interese temos que felicitarnos, modestias aparte, os centos de persoas que vos afiliástedes, as 169 entidades e empresas que nos apoiástedes, e os milleiros e milleiros de persoas que acudides, seguides e mesmo financiades as nosas actividades, sen máis contrapartida que a de facer o Monte Pindo un pouco máis grande cada día.

Ademais, estes catro anos tamén marcaron un antes e un despois no coñecemento deste espazo natural. Non só se publicou máis que nunca, senón que o 65,79% de todo o patrimonio arqueolóxico que se coñece no Monte Pindo foi descuberto nestes 4 anos por membros e colaboradores desta entidade, dando asi continuidade fluída á labor feita antes por referentes coma Xosé Barreiro Barral, Pedro Marfany, Fernando Alonso Romero, Moncho Vidal Romaní... Entre os novos achados destacan desde cerámicas, petroglifos, covas de fuxidos da Guerra Civil, lapislázuli, moedas e outros elementos medievais... unha inmensidade de patrimonio que sacamos da sombra para multiplicar o valor do Olimpo Celta, e que nos permiten hoxe confirmar a súa ocupación practicamente continuada desde o Paleolítico ata o abandono do pastoreo na última metade do pasado século.

Todo este traballo de investigación, divulgación e promoción non foi doado, interviron moitísimas persoas de xeito absolutamente altruista, dedicando o seu tempo libre e os seus recursos, por pura amizade e vocación de ir descubrindo o que este macizo aínda nos agocha, que é moito. E todo isto se fixo sen ter recibido un só euro das arcas públicas.

Cando sen cartos puidemos facer todo isto, imaxinádevos se a Xunta cumprise cos criterios de conservación que se ten marcado en materia ambiental, investise o que tería que ter investido neste espazo, e en lugar de dar a espalda aos movementos veciñais valorase, por un momento, colaborar con eles, declarar o Parque Natural do Monte Pindo para que este espazo natural e o seu contorno participe no reparto dos máis de dous millóns de euros que a Xunta destina anualmente aos parques naturais, o dotase dunha dirección e dun Plan Rector de Uso e Xestión, financiar investigacións e publicacións, excavar o Castelo de San Xurxo e a ermida de Campo de Cortes, retirar os eucaliptos e traballar pola recuperación da vexetación autóctona, mellorar e sinalizar as rutas para que nunca máis ninguén se perda, apoiar a creación de empresas ou cooperativas de turismo rural, actividades deportivas e aproveitamento substentábel dos recursos do monte para xerar quen sabe se ducias de postos de traballo, vixilar as subidas de motos e de pirómanos e, en definitiva, axudarnos a sacar o Monte Pindo do seu actual abandono, que é o menos que debe esperarse de quen ten por lei a xestión deste Olimpo Celta. Quen sabe se o incendio do pasado mes de setembro sería hoxe tan só un pesadelo.

06/10/14

Descuberto un novo petroglifo no Monte Pindo

O símbolo parece orientarse hacia o camiño de subida
 Na mañá de onte os veciños Jordi Tato e Iván Franco, directivo da AMPPN e concelleiro de Cultura de Carnota, atoparon durante unha visita ao Olimpo Celta un petroglifo que non estaba catalogado, preto do camiño que sube desde o Fieiro.

Trátase dunha cruz extraordinariamente semellante ás presentes no propio cumio da Laxe da Moa, aínda que moito menos erosionada que aquelas probablemente pola súa orientación, e que poderían estar relacionados cos intentos de cristianización dos cultos pagáns que ata hai tempos moi recentes tiñan lugar no Olimpo Celta.

Este descubrimento ten unha gran importancia pois é a primeira vez que se encontra un símbolo destas características nun dos accesos en vez de nun lugar de culto consolidado, como é o caso da Laxe da Moa, pico Penafiel ou Cova da Xoana.

Hoxe a Asociación Monte Pindo Parque Natural notificiará ás autoridades a ubicación deste achádego para proceder á súa catalogación, incrementando asi o múltiple patrimonio arqueolóxico do Monte Pindo.

Radio Nordés entrevista a Iván Franco

25/09/14

O Monte Pindo volve ao Parlamento Galego

É a terceira vez que se debate; as dúas ocasións anteriores a Xunta negou expresamente calquera medida de protección

Imaxes do último debate, o 10 de outubro de 2013
Se a Xunta non vai ao Monte Pindo, o Monte Pindo vai á Xunta. A cámara de representantes dos galegos e galegas debaterá novamente o devir do Olimpo Celta, e a Xunta deberá responder a unha batería de preguntas sobre o incendio de 2013 formulada polo grupo parlamentario nacionalista.

Esta vez o debate non se centrará nas posibilidades de protección do Monte Pindo, unha vez que a Xunta xa ten renunciado a desenvolver ningún tipo de protección e conservación neste espazo, senón ao abandono deste lugar despois do gravísimo incendio, máis aínda -se cabe- que o que historicamente o Olimpo Celta tiña sufrido.

A impunidade do autor material, a falta de avaliación das consecuencias desta catástrofe, a carencia total de iniciativas e recursos para a reparación dos danos e a recuperación do espazo mediante un plan de xestión, e por suposto a irrupción de eucalipto que invade xa centos de hectáreas ata ameazar á especie máis valiosa deste espazo, o carballo anano, centrarán deste xeito un debate do que estaremos pendentes para informar a toda a cidadanía galega do que está pasando e, sobre todo, do que tiña que pasar e non pasa.

Agardamos que a diferencia das dúas ocasións anteriores (1, 2) esta vez a Xunta se molle e poña na mesa cifras e propostas firmes para con este espazo. En canto coñezamos o día e a hora do debate actualizaremos esta noticia.
Á Mesa do Parlamento

Ana Belén Pontón Mondelo, María Tereixa Paz Franco e Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputadas e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa á valoración que fai a Xunta de Galiza sobre a situación do Monte Pindo.

Cumprido un ano do inicio do incendio que arrrasou 2.000 hectáreas no Monte Pindo, a veciñanza deste concello denuncia o abandono da Xunta e ausencia de medidas tanto para a restauración deste espazo, como para evitar que unha catástrofe similar poida repetirse. De feito mesmo segundo denuncia a asociación Monte Pindo Parque Natural, existe unha nova ameaza para o monte coa substitución da vexetación autóctona polo eucalipto. Esta asociación, denuncia ademais que non lles consta que se estas actuacións estean autorizadas nin polo concello, nin pola Xunta de Galiza, nin pola comunidade de montes de Caldebarcos.

É evidente que esta actuación constitúe unha degradación dunha zona declarada LIC dentro da Rede Natura e que ven a sumarse ao desleixo e desfeita producido neste espazo. A pesar de ter requirido actuacións de recuperación deste espazo tanto o goberno galego, como o Grupo do PP no Parlamento de Galiza fixeron oídos xordos as razoábeis e lóxicas demandas realizadas.

Coa finalidade de avaliar esta situación formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta oral en comisión:

  • Que resultados se obtiveron da investigación das causas do incendio acontecido hai un ano no concello de Carnota?
  • Que informes científicos se teñen realizado para avaliar o impacto deste incendio?
  • Ten previsto a Xunta de Galiza abandonar o seu desleixo e poñer en marcha medidas para reparar os danos producidos polo incendio do Monte Pindo?
  • Ten previsto a Xunta de Galiza a posta en marcha dun plan de recuperación deste espazo e de un plan de xestión específico? En caso afirmativo, en que prazo Que recursos se van destinar ao mesmo?
  • Que valoración ten a Xunta de Galiza do facto de estaren substituíndo vexetación autóctona por eucalipto nas zonas queimadas polo incendio producido hai un ano no Monte Pindo?

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2014

Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo
María Tereixa Paz Franco
Deputadas do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG

OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza

15/09/14

A praga de eucalipto no Monte Pindo xa non se pode eliminar de forma manual

Éxito do roteiro ao Monte Pindo coa asistencia de máis de 200 persoas que disfrutaron dunha xornada fantástica

Parte da comitiva na Laxe da Moa. Imaxe: AMPPN
A Asociación Monte Pindo Parque Natural celebra o impresionante interese que segue a espertar o Olimpo Celta mesmo despois de verse arrasado, e a curiosidade por coñecer o estado actual do macizo carnotán converteu nun auténtico éxito o roteiro co que a entidade veciñal pretendía reivindicar o cabodano da traxedia, reunindo a máis de 200 persoas de toda idade e procedencia, e espertando unha gran espectación mediática, con presenza de equipos da TVG, Antena 3, Telecinco, Sexta e Cuatro. A todos eles temos que agradecer o seu respaldo.

Imaxe: AMPPN
A serpe multicor partiu de Caldebarcos cara o Chan das Lamas por un sendeiro inédito para a nosa Asociación, e descubriu as monumentais calzadas que os nosos antergos prepararon para habilitar o acceso de animais e carros ata o Monte. Rodeada a chaira, ascendeu ata o Castelo de San Xurxo, tumba da mítica Raíña Lupa e dos seus tesouros. Logo, despois da visita de rigor ao Xigante da Mina, a comitiva atravesou as murallas do castelo Pindo Central para rematar a andaina na Laxe da Moa coas vistas máis espectaculares do sur da Costa da Morte, tras o que xantamos no Campo das Cortes e tomou un merecido descanso. O retorno, pola mesma ruta, concluiu arredor das 17:30h no fermoso lugar de Caldebarcos.

Brotes de eucalipto de varios metros de altura ameazan o único hábitat do carballo anano
Imaxe: AMPPN
Ao longo da mañá, unha delegación da Asociación Monte Pindo Parque Natural achegouse, acompañada por varios medios de comunicación interesados, ao único hábitat do carballo anano no Monte Pindo e tamén en Galiza. Nesa zona puidermos constatar a invasión total de Eucalyptus globulus, que rebrotou por doquier ameazando a supervivencia do carballo autóctono. As novas plantas xa superan en menos dun ano os dous metros de altura, polo cal, tal e como puido precisar o enxeñeiro de montes e directivo de Monte Pindo Parque Natural, Xurxo Pérez, a súa extracción manual xa non é posíbel. Tamén comprobamos as cortas de arborado queimado nas zonas baixas do monte, lugares hoxe tamén colonizados por eucaliptos.

Imaxe: AMPPN
Isto contradi por completo as últimas declaracións de Tomás Fernández-Couto, secretario xeral do Medio Rural e Montes, quen se amosou totalmente despreocupado pola situación no espazo natural protexido e mesmo asegurou que a Xunta non faría nada antes da primavera do 2015, en aras dunha suposta recuperación natural, excusa incríbel para unha desafección e un abandono deliberados que abriu as cancelas á profusión do eucalipto, que se hoxe xa non se poden retirar de forma manual, no prazo dun ou dous anos conformará unha masa forestal consolidada nun lugar de imposíbel acceso a maquinaria. E se por parte da Consellería de Medio Rural todo o que podemos saber son estas declaracións improvisadas, inconcretas, inexactas e lanzadas, sen dúbida, debidas exclusivamente ao interese mediático que xerou a nosa última denuncia, por parte da Consellería de Medio Ambiente, responsábel da conservación da natureza, non sabemos nada en absoluto. 

Ignorou todos os avisos da situación de abandono, e o Monte Pindo rematou destruído. Ignorou a alerta de escorrentías, e remataron enterrando os bancos marisqueiros. Incluso vetou as iniciativas do propio movemento veciñal que buscaban reemprazar a inacción administrativa. Agora ignora todas as alertas sobre a emerxencia ecolóxica que vivimos. Co seu silencio e abandono premeditado do Monte Pindo, a Xunta sentenza a súa biodiversidade, e nomeadamente, un dos seus maiores valores que no seu día xustificou a súa protección, o carballo anano. Neste contexto o Concello de Carnota, as Comunidades de Montes e o tecido asociativo de Carnota acordamos traballar para liquidar o Consorcio que deixa en mans da Xunta a competencia súa xestión e, polo tanto, reverter a xestión do Monte Pindo nos seus propietarios e nos movementos sociais que si están dispostos a traballar polo futuro deste espazo natural único, para acabar dunha vez co abandono ao que parecen telo condenado.