Riada de cinzas á porta da casa de Marisol Piñeiro, a deputada que negou os investimentos para paliar os danos |
Nesta charla contaremos ademais coa opinión de expertos na cuestión, coa presenza agardada da directora do Parque Natural de Corrubedo ou o presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, entre outros que nos poidan transmitir unha visión en primeira persoa sobre a única figura de protección que obriga a administración a comprometer un investimento anual, a constituir un organismo rector con presenza de veciños e axentes sociais, e a crear corpos de conservación e vixilancia permanentes no espazo natural.
Por outra parte, a Asociación organizadora gustaríalle poder contar coa presenza do virtual "95%" do Pindo que non quere o Parque Natural segundo as imaxinativas cifras de Marisol Piñeiro, deputada do PP que negou todos os investimentos que se pedían no Parlamento para paliar os efectos do lume a Monte Pindo, veciñanza e sectores produtivos.