
Ás nominacións iniciais da Asociación Monte Pindo Parque Natural, do Asalto ao Castelo de Vimianzo e do Clube Xadrez Cabo Touriñán, sumaronse ademais o Concurso de murais de Suministros Lar, o Clube ciclista de Dumbría, Sieso, piratasdemuxia e o Grupo de Teatro Badius, sendo o clube de xadrez muxián o que polo momento lidera a votación por escasa marxe sobre o colectivo carnotán en defensa do Olimpo Celta que esta fin de semana lanzaba SOS Monte Pindo, o ambicioso proxecto para a restauración ecolóxica deste espazo arrasado o pasado verán.
Para participar na votación, débese contar cunha conta de usuario na rede social Facebook, e seguir as instrucións da enquisa publicada na páxina de Radio Nordés-Cadena SER. A continuación poderase emitir un só voto.
A Asociación Monte Pindo agradece o significativo apoio xa recibido ata o momento e deséxalle toda a sorte aos participantes.