O proxecto civil para recuperar o Olimpo Celta e monte sacro dos nosos antergos, un santuario de 646 especies (100 delas protexidas) que hoxe ficou convertido nun océano de morte, cinzas e lodo en permanente procesión cara as aldeas e os bancos marisqueiros situados monte abaixo, nacerá mañá venres 1 de novembro, Día de Defuntos, arredor das 13:00 horas, co único obxectivo de traballar pasiño a pasiño para devolver á vida o Monte Pindo asasinado pola cobiza humana, e o desleixo e a traizón dos representantes políticos elixidos para defendelo.
A páxina sos.montepindo.org deixará de amosar nese momento a conta atrás e amosará a páxina web definitiva con toda a información sobre o proxecto, e na que calquera persoa que poida colaborar de calquera xeito coa recuperación do Monte Pindo poderá facelo.
Mañá comezará o novo futuro do Monte Pindo, e culminá a ruptura coa administración da Xunta que desde o día cero da catástrofe abandonou á nosa sorte a veciños, medio ambiente e tecido produtivo, negándose unha e outra vez a dispoñer do fondo de emerxencias da Xunta ou cando menos de calquera outro investimento resarcitorio á veciñanza directamente perxudicada polo incendio e as súas consecuencias, rexeitando aceptar coma interlocutores tanto a veciñanza coma ao propio Concello de Carnota e limitándose a perder o tempo facendo o tonto na zona arrasada, e por suposto negándose á petición cidadá de declarar o Monte Pindo coma Parque Natural, desatendendo a petición de milleiros de galegas e galegos e dun total de 169 entidades sociais de todo tipo e de todo o País.
Toda a sociedade está chamada a botar unha man para que ese novo futuro sexa de todas e todos, tamén dos nosos herdeiros aos que poderemos legar un espazo natural do que sentir verdadeiro orgullo.
31/10/13
28/10/13
A Asociación Monte Pindo, nominada aos Premios Nordés
Sección |
Actualidade
A loita pola declaración do Parque Natural do Monte Pindo está de noraboa pola nominación da Asociación Monte Pindo Parque Natural aos Premios Nordés que xa levan celebrándose durante 14 anos consecutivos na nosa comarca, e que nesta edición se fallarán o 22 de novembro ás 21 horas na Casa da Cultura de Olveira, no veciño Concello de Dumbría.
A votación segue aberta e para participar hai que contar con perfil en Facebook, e acceder a esta ligazón. Ademais, polo simple feito de participar na votación éntrase no sorteo dun lote de productos lácteos galegos para unha familia ao longo dun ano. Arestora a Asociación Monte Pindo Parque Natural lidera a votación por unha escasa marxe.
Esta Asociación xa ve nesta nominación un premio en si mesmo e un recoñecemento a 3 anos de duro traballo, loitando contra os elementos. Desexámoslle a mellor das sortes aos restantes nominados, o Clube de Xadrez Cabo Touriñán e a Asociación Asalto ao Castelo de Vimianzo, e agradecemos tamén á Radio Nordés (Cadena SER) que nos fixeran merecedores desta distinción, e aproveitamos para saudar a dilatada traxectoria e o traballo -en galego- desta emisora sen a que a Costa da Morte non sería o que é.

25/10/13
As cinzas do Olimpo Celta inundan a Berberecheira mentras a Xunta volve a negarnos axuda
Sección |
Actualidade
Berberecheira. Fonte: AMPPN |
A falta de análises científicas descoñecemos polo momento se xa se rexistran problemas de contaminación tamén no mar e por tanto nun dos caladoiros de polbo de máis calidade da costa galega, pero o aspecto cada vez máis turbio e enlodado das augas abertas disparan a preocupación porque a contaminación acabe por danar tamén esta produción. Terra adentro, o lodo xa asulaga casas, parcelas agrarias e está a causar problemas en ríos e pontes.
Area e cinza. Fonte: AMPPN |
Ao igual que a presentada 15 días antes polo BNG, a Xunta volveuna tumbar usando para iso a unha deputada local de terceira fila, Marisol Piñeiro, reafirmada en furibunda negadora de investimentos para o seu pobo, insistindo novamente na estratexia de repetir unha e outra vez a mesma mentira coa esperanza de que se convirta en verdade. Por exemplo, que os veciños non queren proxectos nin investimentos da Xunta porque xa son maiores de idade e tamén incrementou noutro 5% a cifra dos veciños que segundo ela non quere o parque natural, ata o 95%.
Casa afectada na Curra. AMPPN |
En definitiva, todas estas excusas de mal pagador servíronlle ao PP para volver a tumbar a petición de facer proxectos nesta zona mentras que nas restantes bancadas do hemiciclo volveu a repetirse a unidade en apoio a estes proxectos positivos para o Monte Pindo e para a veciñanza, o que non nos cansaremos de agradecer cantas veces sexa preciso a PSOE, AGE e BNG.
Cada día está máis claro que son a veciñanza e as persoas sensibles co medio ambiente os que temos que dar resposta á petición desesperada de socorro que nos está a lanzar o Monte Pindo. Estamos convencidos de que en 7 días terá unha resposta masiva mediante o proxecto civil de voluntariado SOS Monte Pindo, cuxo título ten dous significados: SOS é a sinal internacional de socorro, pero tamén é como a Xunta nos deixou ante esta catástrofe.
23/10/13
22/10/13
Comezou o arrastre de cinzas e lodos contaminantes do Monte Pindo ata aldeas e mar
Sección |
Actualidade
Hai un mes a Asociación Monte Pindo pediulle a Hernández unha reunión de urxencia para prevenir isto, sen resposta
O domingo o río e a enseada do Ézaro xa comezaba a adquirir un surrealista tono marrón chocolateado debido ao comezo de arrastres das cinzas e terras que a chuiva está xa a desprender das ladeiras do Monte Pindo. Onte auténticos torrenciais de auga contaminada arribaron tamén ao lugar de Caldebarcos, confirmando o que todos temíamos e o que a Asociación Monte Pindo levaba avisando desde o día cero da catástrofe que vivimos a partir do 11 de setembro.
A Xunta fixo caso omiso tanto das reunións que lle solicitamos entidade e concello para facer fronte a esta problemática que se aveciñaba de xeito inminente, e que hoxe se fixo realidade con prexuízos aínda por valorar tanto a veciños e sectores produtivos pesqueiro e marisqueiro como ao propio ecosistema, pois debemos lembrar que nun macizo granítico as capas de terra son pouco profundas e a súa erosión pode ter consecuencias irreversíbeis ou incluso provocar a perda definitiva dun delicado tapiz vexetal construido durante millóns de anos que albergaba -como mínimo- a vida de 646 especies, 100 delas protexidas.
Sen embargo, si estimaron a medida que lle solicitamos no punto 4 daquela solicitude, a estabilización do solo mediante a distribución de palla, que lanzaron desde un helicóptero privado balas de palla sobre 4 das 2.500 hectáreas arrasadas polo lume, o 0,16% da superficie. Pero só se trataba dun espectacular paripé na busca do titular, pola zona "tratada" non apareceu ninguén para extender a palla e para colmo destas actuacións non se lle avisou a ninguén, nin sequera ao concello e ás forzas de seguridade para que puideran acordonar cando menos as zonas de carga e descarga e evitar o risco de que alguén resultara ferido. Tres días despois, cesou a actividade incluso antes de esgotar toda a palla almacenada no mirador de Louredo, que segue abandonada ali.
A Asociación Monte Pindo Parque Natural esíxelle a Xunta de Galicia que cese coa súa actitude de desprezo aos veciños e cando menos acepte coma interlocutor senón a nós cando menos ao Concello de Carnota, quen lembramos é titular do Monte Pindo e debe ser informado de calquera actuación que se leve ali. Desoindo á veciñanza o noso goberno está a actuar dun xeito totalmente irresponsable e neglixente, o que só podemos explicar como unha vinganza pola avalancha de críticas á Xunta por ter feito caso omiso ás miles de voces e 169 entidades que lle reclamamos sen éxito que declarase o Parque Natural cando estábamos a tempo de actuar, e cuxas funestas consecuencias podemos ver todos hoxe.
Torrencial de auga en Caldebarcos |
Reunión solicitada pola AMPPN á CMATI o 20 de setembro |
Área "tratada" con palla pola Xunta en relación ao total ardido |
Cinzas na praia do Ézaro |
19/10/13
A Asociación Monte Pindo cumpre tres anos
Sección |
Actividades
E segue en marcha: Sábado 9 de novembro ás 17:00 horas, Charla aberta no Colexio do Pindo sobre os beneficios dun Parque Natural
Tal día coma hoxe hai tres anos, unha fermosa tardiña de outono, no Paseo Marítimo do Pindo, á sombra do Olimpo Celta e monte sacro dos nosos antergos, reuníase un grupo de veciños coa única misión de que o macizo granítico se convertese no primeiro parque natural da Costa da Morte e no sétimo do noso País, tal e como viñan de propoñer grupos ecoloxistas como ADEGA e SGHN, e os científicos e profesores máis prestixiosos das tres universidades galegas.
Hoxe, esta entidade revelouse máis necesaria que nunca e rompeu todas as barreiras, acadando relevancia internacional despois de que o fatídico 11 de setembro se declarase un incendio que o arrasaría por completo en 3 días aquelo polo que levábamos 3 anos loitando. Millóns de persoas souberon do alcance real da traxedia grazas ao traballo da nosa entidade, grazas a plataformas coma a nosa páxina web, a lista de correos, as notas de prensa que chegaron a practicamente todas as cabeceiras xornalísticas, radiofónicas e televisivas do Estado e algunhas do estranxeiro, e incluso redes sociais coma Twitter e Facebook. Só nesta última rexistráronse arredor dun millón e medio de visitas na semana do desastre. Claramente, A Asociación Monte Pindo foi a referencia informativa, e menos mal que é asi, pois de ser pola Xunta as miles de hectáreas de cinzass fumeante a que quedou reducido o Monte Pindo anotaríase no listado de centos de espazos naturais destruidos cada ano que non transcenden.
Pero para chegar a isto, fixeron falta moitos anos de traballo previo, anos de moita reivindicación, por suposto, e non porque estemos politizados senón porque non pode ser doutro xeito: o cumprimento do noso principal obxectivo pasa pola vontade dun político do PP, o señor Agustín Hernández, e só presionando poderíamos lograr que aceptase comezar unahs tramitacións que sabía perfectamente que lle ía esixir esforzos económicos da súa Administración para dotar o Parque de dirección, corpos de vixilancia e conservación, e investimentos anuais para desenvolver o seu potencial. Esta presión non só se fixo mediante manifestacións, senón con reunións co susodito, que ata chegou a asegurarnos que estaba pola labor igual coma outros membros do seu departamento.
Pero non chegou só con iso. Fixeron falta media ducia de charlas informativas, unha decena de iniciativas de voluntariado para limpar e recuperar camiños abandonados, recollida de toponimia e tradición oral, investigación histórica e patrimonial, a investigación da bioloxía coa creación dun Catálogo de Especies do Monte Pindo que conseguiu inventariar 646 especies antes do incendio, e mesmo grandes Simposium monográficos ou Xornadas de Historia e Patrimonio, e un longo etcétera. Todo isto foi pouco a pouco apuntalando os alicerces dunha organización veciñal que non só pedía cousas, senón que predicaba co exemplo e mesmo ofrecía outras.
En poucos anos a afiliación multiplicouse por 13, moitísimos millóns de persoas en todo o mundo hoxe saben que existe o Monte Pindo grazas a esta labor de divulgación, e podemos presumir de contar cun bo número de expertos e investigadores que desenvolven unha labor completamente altruista no Monte Pindo, da man da nosa Asociación.
Malia todo, a Xunta a efectos reais nunca fixo nada, e foi mutando a súa postura favorable con matices ata unha situación de negativa total que causa total desamparo e desafecto coa veciñanza de Carnota e as 169 entidades que lle pedían que dunha vez iniciase a tramitación do Parque Natural.
Hoxe en día as relacións están completamente rotas, e non porque nós non intentáramos conservalas: segue pendente unha reunión solicitada co conselleiro en decembro do ano pasado e outra en pleno lume, sen resposta. Incluso néganse a atender xa ao Concello de Carnota, con tres reunións solicitadas.
O único que fixeron no Monte Pindo ardido foi o paripé para calar catro bocas e garantirse uns titulares mediáticos que insinuaron que fixeron algo ante a maior catástrofe ecolóxica do ano: cimbrando unilateralmente palla no 0,16% da superficie, e agora lanzando tamén unilateralmente un pomposo programa de voluntariado de 2 meses e medio que en realidade só dedica 5 xornadas ao Monte Pindo. Incluso sacrificaron a carreira política de Marisol Piñeiro, veciña da zona que soaba como futura candidata popular á alcaldía de Carnota, e que está sendo a cara visible da negativa a aceptar destinar orzamentos da Xunta á recuperación da zona arrasada e a paliar as perdas económicas dos veciños directamente afectados.
A Xunta é hoxe unha institución captiva da estratexia partidista do PP, que viu nunha semana denostadas e desprestixiadas pola cidadanía todas as súas políticas destinadas ao medio rural e natural, e dunha fabulosa campaña contra os incendios que se lle caeru coma un castelo de naipes, mentras o pobo ardía en indignación polo que viña de pasar e polo que estaban vendo despois.
Pero incluso ante un bloqueo institucional a sociedade debe seguir andando, e a Asociación Monte Pindo tamén. Por iso está a preparar un programa de voluntariado a gran escala para recuperar o Olimpo Celta, e vai seguir organizando charlas para que a veciñanza se siga implicando nos proxectos que existen para converter un monte hoxe abandonado nun monte coidado, produtivo e que cree postos de traballo e mellore a calidade de vida. A seguinte será o próximo sábado 9 de novembro ás 17:00 horas no Colexio do Pindo, e convidamos a todas as entidades e persoas que queiran estar, incluso a Marisol Piñeiro e ao seu virtual "90%" do Pindo que segundo ela prefire que a Xunta non faga nada.
Expresión persoal de rabia polo artista local Nando Lestón |

15/10/13
Intereses económicos e políticos poderían estar detrás do lume que arrasou o Monte Pindo
Sección |
Actualidade
O Partido Popular pasou de ser a primeira entidade en pedir a declaración do Parque Natural do Monte Pindo, a ser o seu único freo e a promover proxectos incompatibles que poderían verse favorecidos pola destrución ecolóxica do Olimpo Celta
No 2003 o Parque Natural do Monte Pindo foi a proposta estrela do PP de Carnota (Fonte: La Voz) |
No 2007 seguía no programa electoral |
Sen embargo si existen intereses especulativos que poden saír beneficiados da destrución ecolóxica do Olimpo Celta que freara a súa inminente declaración como Parque Natural. Nese sentido, o Partido Popular ten moito que dicir, pois mentras outros pulamos pola declaración o PP pasou de ser o primeiro que pediu esta medida a promover proxectos claramente incompatibles coa protección e o desenvolvemento sostible do Monte Pindo.
Só por lembrar algunhas das propostas que o PP apoiou moi activamente, estaba cercar o Monte Pindo de viraventos mediante a ampliación dos 3 parques eólicos que existen nas inmediacións, a implantación de novas minicentrais hidroeléctricas no río Xallas, ou a pretensión de crear unha canteira. Pero das que máis polémica xerou foi a de crear no Monte Pindo un coto de caza maior. O PP pretendía literalmente valar o Olimpo Celta para pechar dentro especies de caza maior, para permitir só o acceso de cazadores. Calquera das propostas referidas sairían beneficiadas por un lume que frease a creación do Parque Natural.
É moi importante lembrar que a idea de declarar o Monte Pindo coma Parque Natural naceu no propio PP hai xa dez anos. Durante as eleccións municipais do ano 2003 o seu candidato carnotán, José Oreiro, anunciou nunha entrevista en La Voz de Galicia a súa intención de convertir o Monte Pindo en Parque Natural. Na campaña do 2007, refrescou este compromiso no seu programa electoral. Porén, malia acadar a alcaldía, non foi quen de cumprir esta promesa no seu mandato. No 2010 un grupo de veciños decidiu dar un paso adiante a favor desa idea e ofreceulle ao daquela alcalde de Carnota liderar a demanda veciñal. Inexplicabelmente, xusto nese momento o rexedor popular deu un paso atrás e nas eleccións locais do 2011 pasou de ser o único que o pedía a ser o único que o criticaba, resultando derrotado nas urnas.
Porén a bola de neve que el mesmo creara xa se convertera nunha reivindicación de transcendencia galega apoiada por toda a esfera política, por practicamente todas as entidades sociais da bisbarra e sobre todo de Carnota: Confrarías de Pescadores do Pindo e de Lira, Comunidades de Montes de Caldebarcos e Lira, asociacións veciñais coma Canle de Lira, Insua de Lariño, Raiña Lupa de Quilmas, As Areas de Mallou, O Patín de Carnota e Xurde Caldebarcos... Nin unha soa entidade veciñal se posicionou en contra ata hoxe. Na bisbarra a demanda tampouco pasou desapercibida, obtendo axiña o respaldo da Asociación Neria que representa a todos os concellos da Costa da Morte, dos empresarios e dun longuísimo etcétera que a día de hoxe aglutina o apoio de 169 entidades de todo tipo, e medrando.
Poucas veces antes se puxeran dacordo intereses tan dispares nun proxecto común que pasaba por aproveitar un espazo abandonado para o seu desenvolvemento e a mellora das condicións de vida de toda a veciñanza. E poucas veces se produciría o absurdo de que o ideólogo orixinal da idea pasou a combatila cando o conxunto da sociedade a asumiu.
Os argumentos desta negativa son máis absurdos aínda. O PP primeiro dicía que era moi pequeno (malia que sería o 5º parque natural galego en extensión), logo que moi caro, logo que estaba protexido abondo, e agora que ardeu por culpa da súa falta de interese en protexelo aseguran que "o 90% da veciñanza non o quere", o que a falta dun estudo estatístico é tan científico coma se dicimos que a única que non o quere é Marisol Piñeiro. Curiosamente esa maioría silenciosa que nunca se pronuncia nun sentido nin noutro sempre resulta avalar as argumentacións da dereita máis rancia, mentras que aqueles que si se pronuncian e que resultaron estar unanimemente a favor desta iniciativa, ou son poucos ou non son de Carnota ou están equivocados. A trapalleira deputada insiste en que ela é a única voz dos veciños, confundindo o círculo de amizades no que os seus disparates teñen algunha aceptación coa vontade maioritaria do seu pobo, un delirio de grandeza que demostra precisamente a falta de contacto real co pobo que di representar, o mesmo pobo que lle deu as costas enviándoa á oposición.
Mención aparte merecen as súas imaxinativas invencións a respecto das consecuencias negativas dos Parques Naturais para os veciños. Chegan a asegurar que lles van expropiar aos veciños a súa propiedade. Marisol Piñeiro ignora ou non quere saber que o monte proposto para a súa declaración é público, do concello de Carnota e da Comunidade de Montes de Caldebarcos, que apoian abertamente a declaración. Incluso se atreven a dicir que o Parque Natural significaría o peche da piscifactoría de Quilmas, cando o que está a debate é o monte, non a liña de costa.
Esta deputada minte a sabendas de que axitando falsas pantasmas de restricións e perda de postos de traballo, unido ao descoñecemento xeralizado sobre as características desta figura de protección, pode alimentar o medo dunha poboación xa machacada pola falta de traballo e oportunidades na nosa bisbarra, cando precisamente o que se pretende co Parque Natural busca crear novas oportunidades de traballo, desenvolvemento e calidade de vida para a cidadanía aproveitando un monte que hoxe é un espazo absolutamente abandonado no que ninguén ten un interés aló do recreativo, e que esta desafección é a que provoca incendios coma o que vimos de vivir.
11/10/13
O PP abandona definitivamente a veciñanza de Carnota á súa sorte mentras a Xunta fai o paripé na zona arrasada
Sección |
Actualidade
Marisol Piñeiro, verdugo das actuacións concretas e compensacións aos afectados que se pedían na zona
As ansiadas solucións para que a catástrofe do Monte Pindo non volva repetirse e para recuperalo terán que agardar a que o PP abandone o goberno galego. Asi de claras son as conclusións que podemos tirar do debate parlamentario que se produciu onte a raíz dunha iniciativa apoiada por todo o hemiciclo con excepción do PP, que usou a súa maioría absoluta para esmagala negándolle aos veciños de Carnota compensacións económicas polas perdas derivadas do incendio mediante a declaración de zona catastrófica, bloqueando a adopción de medidas urxentes que se pediron para recuperar o Monte Pindo mediante un plan integral que por un lado minimizase o risco de escorrentías de lodos contaminantes que puideran supoñer unha nova catástrofe para veciñanza e sectores produtivos coma o pesqueiro e marisqueiro, e por outra parte marcase os pasos para comezar desde xa a traballar pola restauración ecolóxica do Monte Pindo. Ademais, o PP volveu a amosar a súa absoluta intranxisencia negándose a aceptar a declaración do Parque Natural que solicitamos preto de douscentos colectivos, nesta ocasión co recén inventado argumento de que os veciños non o queren.
Para colmo, a encargada de desestimar a iniciativa foi unha deputada do PP natural do Pindo, Marisol Piñeiro, unha política de terceira fila convertida para a ocasión nunha furibunda negadora de investimentos e actuacións que son positivas para o seu propio pobo, e nunha digna representante da miseria que existe actualmente na nosa política, onde os intereses puramente partidistas levan a que se use un cargo -e soldo- público gañado grazas aos seus propios veciños para negarlles ata o pan e a sal, e isto non merece outra consideración que a de miserable.
Só os intereses espúreos poden xustificar que unha persoa que durante varios días tivo o lume á porta da súa propia casa e viu arrasar o monte e as propiedades da súa veciñanza, impida que se recupere ese espazo resarcindo os danos, e incluso que teña a desvergonza de atreverse a dicir que a veciñanza non quere que o macizo carnotán sexa declarado Parque Natural cando miles de persoas e centos de entidades de todo tipo de Carnota, da bisbarra e do país o levan pedindo tres anos sen terse alzado unha soa voz autorizada ou entidade en contra. Incluso ela mesma quería e prometía a declaración do Monte Pindo como Parque Natural, cando menos desde o 2003 ata o nacemento da Asociación Monte Pindo Parque Natural o 17 de outubro de 2010... no Pindo.
Afortunadamente non todos son iguais, e entre toda a podremia que existe na casta gobernante deste país debemos agradecer e aplaudir que as demais forzas do arco parlamentario (PSOE, AGE e BNG) si se puxeran dacordo para apoiar aos veciños de Carnota e pedir que se fixera algo para paliar a catástrofe que destruiu en días un dos espazos naturais galegos máis valiosos, o Monte Pindo, patrimonio universal de todos os galegos e das galegas.
A Xunta busca converter os seus paripés en titulares mediáticos para acalar as críticas e non ter que facer nada
Non imos andar con rodeos: Todo canto a Xunta fixo desde que o Monte Pindo ficou reducido a cinzas foi un auténtico despropósito, un verdadeiro paripé que sostera con pinzas o argumento de que esas 2.500 hectáreas fumeantes estaban sobradamente protexidas. Asi, mentira tras mentira, a administración galega foi agazapándose detrás dun bombardeo de titulares mediáticos co cal desviar as súas responsabilidades e acalar o clamor popular pola desfeita.
O despropósito xa lles empezou na casa. Durante o incendio que arrasou o Olimpo celta para o que levaban 3 anos esixíndolle protección, Agustín Hernández estivo agochado sen facer unha soa aparición ou declaración pública. O seu nº 2 e Director Xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, acababa de dimitir por outro escándalo da súa xestión. A súa substituta, Verónica Tellado Barcia, xa asumiu o relevo estando de baixa por maternidade, situación na que segue. O Subdirector Xeral optou por irse de vacacións a América en pleno lume.
Coa Consellería de Medio Ambiente decapitada a todos os niveis, foron o propio Feijóo e Rueda, nº 1 e 2 do PP, os que tiveron que saír ao paso a tratar de coller o touro polos cornos para acalar as inxentes críticas á súa xestión dos lumes e do medio rural, pero sairon literalmente corneados, pois lonxe de amosar ningunha sensibilidade coa catástrofe ou ánimo de recoñecer e rectificar os erros cometidos, dedicaronse a atacar o mensaxeiro, repetir que non farían nada na zona e moito menos declarala zona catastrófica ou Parque Natural, que para eles os montes arden igualmente con ou sen protección, recoñecendo implicitamente que teñen abandonados incluso os parques naturais existentes. Ademais todos os galegos asistiron coa boca aberta a como o seu presidente, o mesmo señor que hai uns anos dicía que os lumes tiñan responsables políticos, agora insistía en que non, que a culpa era exclusivamente dos pirómanos.
Nada máis acabar de arder o Monte, e xusto cando esta Asociación denunciou publicamente que os únicos técnicos que se viran pola zona eran os que nos acompañaban, a Xunta comezou a repetir nos medios que os seus técnicos xa estaban a traballar no terreo. En realidade o que fixeron foi mandar aparecer pola zona a técnicos de Augas de Galicia, aproveitando que xa estaban na zona desde antes do lume, concretamente limpando regos de Lariño (Carnota), traballos que por orde expresa deixaron a medias para facer unha aparición moi mediática polos ríos do lugar do Pindo, e sacarse a correspondente foto apartando catro ramas.
Pouco despois, a nosa Asociación solicitou unha reunión urxente coa Consellería para pedirlle un paquete de actuacións urxentes e concretas para paliar a posibilidade de escorrentías de lodos cinzentos que puideran erosionar o terreo e acabar nos lugares e na ría, monte abaixo, constituindo unha nova catástrofe para o medio e para a veciñanza. Esta reunión segue agardando resposta, pero unha desas actuacións que solicitábamos, a distribución de capas de palla, converteuse nun gran espectáculo aéreo de helicópteros descargando 3,5 toneladas de palla durante tres tardes, aínda que vista desde fóra parecía un operativo épico e asi trascendeu nos medios. Outro paripé: A nosa Asociación cuantifica en preto de 4 hectáreas a zona "tratada", o que supón o 0,16% das 2.500 hectáreas arrasadas segundo as cifras oficiais da Xunta (medicións nas que tampouco confiamos xa, polo que a nosa entidade encargou os servizos dun perito independente).
Para colmo, deste improvisado operativo circense non se lle informou a ninguén (nin tan sequera ao Concello de Carnota), provocando riscos innecesarios á vida e seguridade dos veciños pois as zonas de carga e descarga empregadas pola aeronave privada estiveron en todo momento sen balizar nin sinalizar de ningún xeito, e por tanto abertas ao libre tránsito. Tampouco apareceu polo lugar ninguén para extender a palla, tal como caeu ali quedou.
Por outra parte, xusto cando publicamos que a Asociación Monte Pindo e as nosas entidades colaboradoras imos lanzar unha iniciativa de voluntariado no Monte Pindo a gran escala coordinada con científicos das universidades galegas e Concello de Carnota, a Xunta contraatacou cun "programa de voluntariado" para recuperar o Monte Pindo que tamén venderon con moito fume. Anda, por fin fan algo? Non! Outro escandaloso paripé, pois nos dous meses e medio que durará esa iniciativa, só se desenvolverán no Monte Pindo 5 xornadas. Iso si, no anuncio empregaron exclusivamente o marchamo publicitario do Olimpo Celta. Tampouco nese caso Concello, técnicos nin entidades sociais saben nada do que se vai facer, quen nin como.
Hoxe a Xunta amenceu empeñada en dicir que "decenas" de carballos ananos salvaronse da queima. Por que? Entroulles de repente preocupación polo estado das nosas especies protexidas? Desgrazadamente non. Novamente buscan transmitir á opinión pública que a afectación do lume sobre a ecoloxía do Monte Pindo non foi tanta, contradecindo o que toda a veciñanza pode ver e os biólogos confirman: a destrución ecolóxica case completa deste espazo natural valiosisimo e das preto de 650 especies (cen delas protexidas) que xa tiñamos catalogado no CEMP, unha delas o carballo anano. Sobre esta especie, "casualmente", dixéramos uns días antes que o 99% das súas prantas foran destruidas, despois dunha visita sobre o terreo cos mesmos biólogos que catalogaron e conseguiron que esta especie se protexese hai uns anos, e que por tanto son os máximos coñecedores do estado desta poboación. Pero ata isto mereceu un contraataque mediático por parte da Xunta.
Unha mentira detrás doutra, un paripé detrás doutro, o PP mete a quinta na estratexia suicida desta fuxida cara adiante, unicamente pensada para rematar xustificando o inxustificable: este goberno da Xunta nunca vai recoñecer o erro fatal que supuxo ignorar durante tres anos a quen lle avisaba unha e outra vez do estado abandonado dun Monte Pindo que hoxe xace reducido a cinzas. Tamén confirma o presaxio que hai días se lle escapou a Alfonso Rueda: que a Xunta non pensa facer absolutamente nada por recuperar un dos espazos naturais galegos máis valiosos que ten a encomenda de xestionar, nin tampouco por aliviar o sufrimento que padeceron e seguen padecendo os veciños que viron como o lume afectaba ás súas propiedades e medio de vida. E o máis triste de todo é pensar que se non chega a ser porque existe unha Asociación dedicada ao Monte Pindo desde hai 3 anos que acaparou un notábel protagonismo reivindicativo e mediático, a Xunta non faría nin tan sequera o paripé: non faría absolutamente nada de nada.
Neste contexto a única saída que nos deixan é a ruptura. A partir de agora a sociedade herda pola forza a encomenda de sumar esforzos para facer o que ten que facer: suplantar a unha Xunta incompetente, indolente e de facto inexistente, para poñer os primeiros pasos da recuperación do seu monte, medio natural e rural, protexelo e poñelo en valor para a mellora da calidade de vida de todas as galegas e os galegos. De seguro non nos han faltar apoios -nin silveiras administrativas- neste duro pero ilusionante camiño de construir nós mesmos o futuro que queremos para as nosas fillas e os nosos fillos. E eles que se aparten do camiño.
Piñeiro atacou con furia os proxectos que se piden para Carnota, onde é a nº 2 do PP |
Para colmo, a encargada de desestimar a iniciativa foi unha deputada do PP natural do Pindo, Marisol Piñeiro, unha política de terceira fila convertida para a ocasión nunha furibunda negadora de investimentos e actuacións que son positivas para o seu propio pobo, e nunha digna representante da miseria que existe actualmente na nosa política, onde os intereses puramente partidistas levan a que se use un cargo -e soldo- público gañado grazas aos seus propios veciños para negarlles ata o pan e a sal, e isto non merece outra consideración que a de miserable.
Programa electoral do PP de Carnota no 2007 prometendo o Parque Natural do Monte Pindo. Marisol Piñeiro era nº 2. |
Afortunadamente non todos son iguais, e entre toda a podremia que existe na casta gobernante deste país debemos agradecer e aplaudir que as demais forzas do arco parlamentario (PSOE, AGE e BNG) si se puxeran dacordo para apoiar aos veciños de Carnota e pedir que se fixera algo para paliar a catástrofe que destruiu en días un dos espazos naturais galegos máis valiosos, o Monte Pindo, patrimonio universal de todos os galegos e das galegas.
Video-resumo da sesión (axiña, o debate completo)
- 3º corte: Resposta de Ana Pontón
Non imos andar con rodeos: Todo canto a Xunta fixo desde que o Monte Pindo ficou reducido a cinzas foi un auténtico despropósito, un verdadeiro paripé que sostera con pinzas o argumento de que esas 2.500 hectáreas fumeantes estaban sobradamente protexidas. Asi, mentira tras mentira, a administración galega foi agazapándose detrás dun bombardeo de titulares mediáticos co cal desviar as súas responsabilidades e acalar o clamor popular pola desfeita.
O despropósito xa lles empezou na casa. Durante o incendio que arrasou o Olimpo celta para o que levaban 3 anos esixíndolle protección, Agustín Hernández estivo agochado sen facer unha soa aparición ou declaración pública. O seu nº 2 e Director Xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, acababa de dimitir por outro escándalo da súa xestión. A súa substituta, Verónica Tellado Barcia, xa asumiu o relevo estando de baixa por maternidade, situación na que segue. O Subdirector Xeral optou por irse de vacacións a América en pleno lume.
Coa Consellería de Medio Ambiente decapitada a todos os niveis, foron o propio Feijóo e Rueda, nº 1 e 2 do PP, os que tiveron que saír ao paso a tratar de coller o touro polos cornos para acalar as inxentes críticas á súa xestión dos lumes e do medio rural, pero sairon literalmente corneados, pois lonxe de amosar ningunha sensibilidade coa catástrofe ou ánimo de recoñecer e rectificar os erros cometidos, dedicaronse a atacar o mensaxeiro, repetir que non farían nada na zona e moito menos declarala zona catastrófica ou Parque Natural, que para eles os montes arden igualmente con ou sen protección, recoñecendo implicitamente que teñen abandonados incluso os parques naturais existentes. Ademais todos os galegos asistiron coa boca aberta a como o seu presidente, o mesmo señor que hai uns anos dicía que os lumes tiñan responsables políticos, agora insistía en que non, que a culpa era exclusivamente dos pirómanos.
Nada máis acabar de arder o Monte, e xusto cando esta Asociación denunciou publicamente que os únicos técnicos que se viran pola zona eran os que nos acompañaban, a Xunta comezou a repetir nos medios que os seus técnicos xa estaban a traballar no terreo. En realidade o que fixeron foi mandar aparecer pola zona a técnicos de Augas de Galicia, aproveitando que xa estaban na zona desde antes do lume, concretamente limpando regos de Lariño (Carnota), traballos que por orde expresa deixaron a medias para facer unha aparición moi mediática polos ríos do lugar do Pindo, e sacarse a correspondente foto apartando catro ramas.
Pouco despois, a nosa Asociación solicitou unha reunión urxente coa Consellería para pedirlle un paquete de actuacións urxentes e concretas para paliar a posibilidade de escorrentías de lodos cinzentos que puideran erosionar o terreo e acabar nos lugares e na ría, monte abaixo, constituindo unha nova catástrofe para o medio e para a veciñanza. Esta reunión segue agardando resposta, pero unha desas actuacións que solicitábamos, a distribución de capas de palla, converteuse nun gran espectáculo aéreo de helicópteros descargando 3,5 toneladas de palla durante tres tardes, aínda que vista desde fóra parecía un operativo épico e asi trascendeu nos medios. Outro paripé: A nosa Asociación cuantifica en preto de 4 hectáreas a zona "tratada", o que supón o 0,16% das 2.500 hectáreas arrasadas segundo as cifras oficiais da Xunta (medicións nas que tampouco confiamos xa, polo que a nosa entidade encargou os servizos dun perito independente).
Para colmo, deste improvisado operativo circense non se lle informou a ninguén (nin tan sequera ao Concello de Carnota), provocando riscos innecesarios á vida e seguridade dos veciños pois as zonas de carga e descarga empregadas pola aeronave privada estiveron en todo momento sen balizar nin sinalizar de ningún xeito, e por tanto abertas ao libre tránsito. Tampouco apareceu polo lugar ninguén para extender a palla, tal como caeu ali quedou.
Zona sobre a que se "actuou" en relación co total arrasado |
Hoxe a Xunta amenceu empeñada en dicir que "decenas" de carballos ananos salvaronse da queima. Por que? Entroulles de repente preocupación polo estado das nosas especies protexidas? Desgrazadamente non. Novamente buscan transmitir á opinión pública que a afectación do lume sobre a ecoloxía do Monte Pindo non foi tanta, contradecindo o que toda a veciñanza pode ver e os biólogos confirman: a destrución ecolóxica case completa deste espazo natural valiosisimo e das preto de 650 especies (cen delas protexidas) que xa tiñamos catalogado no CEMP, unha delas o carballo anano. Sobre esta especie, "casualmente", dixéramos uns días antes que o 99% das súas prantas foran destruidas, despois dunha visita sobre o terreo cos mesmos biólogos que catalogaron e conseguiron que esta especie se protexese hai uns anos, e que por tanto son os máximos coñecedores do estado desta poboación. Pero ata isto mereceu un contraataque mediático por parte da Xunta.
Unha mentira detrás doutra, un paripé detrás doutro, o PP mete a quinta na estratexia suicida desta fuxida cara adiante, unicamente pensada para rematar xustificando o inxustificable: este goberno da Xunta nunca vai recoñecer o erro fatal que supuxo ignorar durante tres anos a quen lle avisaba unha e outra vez do estado abandonado dun Monte Pindo que hoxe xace reducido a cinzas. Tamén confirma o presaxio que hai días se lle escapou a Alfonso Rueda: que a Xunta non pensa facer absolutamente nada por recuperar un dos espazos naturais galegos máis valiosos que ten a encomenda de xestionar, nin tampouco por aliviar o sufrimento que padeceron e seguen padecendo os veciños que viron como o lume afectaba ás súas propiedades e medio de vida. E o máis triste de todo é pensar que se non chega a ser porque existe unha Asociación dedicada ao Monte Pindo desde hai 3 anos que acaparou un notábel protagonismo reivindicativo e mediático, a Xunta non faría nin tan sequera o paripé: non faría absolutamente nada de nada.
Neste contexto a única saída que nos deixan é a ruptura. A partir de agora a sociedade herda pola forza a encomenda de sumar esforzos para facer o que ten que facer: suplantar a unha Xunta incompetente, indolente e de facto inexistente, para poñer os primeiros pasos da recuperación do seu monte, medio natural e rural, protexelo e poñelo en valor para a mellora da calidade de vida de todas as galegas e os galegos. De seguro non nos han faltar apoios -nin silveiras administrativas- neste duro pero ilusionante camiño de construir nós mesmos o futuro que queremos para as nosas fillas e os nosos fillos. E eles que se aparten do camiño.
09/10/13
O Olimpo Celta volve ao Parlamento Galego
Sección |
Actualidade
Parlamento de Galicia |
Cómpre lembrar que a decisión de declarar o Monte Pindo como parque natural depende exclusivamente da vontade dun político, neste caso o Conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández, polo que é fundamental que no hemiciclo depositario da expresión democrática de todas as galegas e os galegos se repita a unidade de todas as forzas políticas galegas que pulsamos na Manifestación Nacional do 6 de outubro, que contou co apoio de todas as forzas parlamentares (PSdG-PSOE; AGE e BNG) asi coma das extraparlamentares máis representativas (CXG, PT, etc...), coa excepción do PP, obviamente.
A iniciativa orixinal a debate (presentada polo BNG, aínda que normalmente antes do debate consensúase un texto entre todos os grupos) pode consultarse aqui, e o debate poderase seguir mañá en directo desde a páxina web do Parlamento Galego (lembrade, a iso das 13:00 horas).
07/10/13
Clamor popular en Compostela contra o lume e as políticas que o alimentan
Sección |
Actualidade
Imaxe da Quintana este domingo (Fonte) |
"Collage" das pancartas presentes |
Pancarta principal portada por representantes dos colectivos |
O amplísimo número de colectivos que secundaron a convocatoria, e o doutros moitos que non podendo comprometer a súa adhesión colexiada por falta de tempo para facelo, xustificou que o secretario da Asociación Monte Pindo Parque Natural, Mario Maceiras, tomase a palabra para afirmar que "Esta protesta xa non é nosa", senón de todos os galegos e galegas que ven como o medio rural que deben legar aos seus descendentes está sendo progresivamente destruido, sexa pola lacra dos incendios ou pola substitución das actividades tradicionais por outras industriais que buscan un lucro rápido deixando contaminación e pobreza para a súa veciñanza, o que provoca o abandono do rural que é urxente atallar mediante o cambio radical das políticas que levan a isto.
Xil Caamaño, presidente da AMPPN, concluiu a lectura do Manifesto |
Cunha nova peza de Leö KCh, e coa interpretación a viva voz do Himno Galego, concluiu este acto reivindicativo, a máis recente pero que sen dúbida non será a última mostra de rabia e dignidade colectiva do pobo galego que non se resigna a ver o patrimonio herdado dos seus devanceiros impunemente entregados á praga dos lumes e aos intereses espúreos das industrias contaminantes, pois contrariamente ao que cre este goberno, o mundo rural si ten futuro e se a Xunta non o fai teremos que ser nós os que estemos aí dispostos a defendelo, pese a quen lle pese e caia quen caia.
Manifesto "Por unha Galiza sen lumes. Por un rural con futuro"
O día 11 de setembro declarouse un incendio intencionado que destruiu por completo o Monte Pindo, o Olimpo Celta e monte sacro dos nosos antergos, puxo en perigo vidas e fogares, acabou con explotacións agrogandeiras, e fixo inútil o inxente esforzo de extinción. Este é o paradigma de que os incendios non só teñen a súa orixe no misto que o prende senón en anos e anos de desleixo e políticas desenfocadas, pois non só estamos ante a perda ecolóxica dun dos montes máis emblemáticos do País, senón ante o silencio cómplice dunha administración que desouvíu o berro dos milleiros de galegas e galegos que levamos anos esixíndolle á Xunta medidas efectivas de prevención mediante a declaración do Monte Pindo coma Parque Natural. É esta a única figura de protección que permite a participación directa da sociedade na xestión do espazo e compromete un orzamento anual para protexelo e poñelo en valor. Esta decisión que dependía da vontade do conselleiro, Agustín Hernández, foi sistematicamente ignorada, provocando que todo polo que levamos tres anos loitando e traballando sexa hoxe un inmenso deserto de cinsa de case 2.500 hectáreas, co gasto inútil de millóns de euros públicos na extinción que nunha mínima parte terían permitido atallar a traxedia.
A catástrofe do Monte Pindo certificou o absoluto fracaso dunha política ambiental e de montes que desatendeu por completo a prevención dos lumes nos espazos naturais, rexeitou avances en materia de ordenación, multifuncionalidade, fomento de actividades tradicionais e especies autóctonas, para centrarse en entregar o noso territorio a intereses especulativos e empresas contaminantes, sen esquecer á gran industria pasteiro-enerxética que inzou os nosos montes de pirófitas coma o eucalipto e de paso estragou a Ría de Pontevedra, impedindo o desenvolvemento forestal e marisqueiro substentábel. Vítimas destas políticas caeron xa o Monte Pindo, as Fragas do Eume, o Xistral, o Macizo Central, Xurés, Courel, A Limia, Corcoesto..., e ducias de espazos naturais valiosísimos que foron estragados impunemente causando ademais moitos problemas á veciñanza desde espazos porque os intereses do goberno galego son distintos aos intereses dos galegos e galegas.
Dase ademais a circunstancia de que o actual executivo decidiu agrupar na mesma área as competencias en infraestruturas, urbanismo e medio ambiente, co que dende o primeiro momento a natureza ficou supeditada aos proxectos mal chamados estratéxicos e aos intereses espúreos e coloniais de quenes só lles interesa o lucro e non a terra e os seus habitantes.
Unha Xunta que se parapeta agora detrás dos pirómanos, para agochar as súas miserias e negar que unha neglixente xestión do monte ten grande parte da culpa de que o lume se convirta nun perpetuo elemento da nosa paisaxe xeográfica e vital. Unha Xunta que ten a desvergoña de afirmar que un espazo natural arde con protección ou sen ela, mentras desmantela os servizos públicos de prevención e extinción de incendios. Unha Xunta que ignora deliberadamente que o monte que arde é aquel improdutivo para a súa veciñanza, o que leva irremediabelmente ao abandono das actividades tradicionais e a picar no engado envelenado dos especuladores sen escrúpulos que chegan cos seus proxectos enerxéticos, mineiros, urbanísticos... buscando un rápido lucro e deixando contaminación e pobreza.
A cidadanía galega e as entidades abaixo asinantes, confluiremos o 6 de outubro en Compostela para amosar o noso rexeitamento frontal a esta xestión suicida que ameaza con incendiar o País e reducir a cinsas o futuro dos nosos fillos e fillas. Portanto, ESIXIMOS:
- Que a Xunta comprometa a protección efectiva dos espazos naturais galegos mediante a dotación dos recursos precisos para a súa conservación e o seu desenvolvemento sustentábel, de xeito que a protección incida na mellora das condicións de vida da súa veciñanza e que a sociedade valore ese patrimonio como unha oportunidade de futuro e non como un atranco.
- Que a Xunta dispoña as medidas e realice os esforzos precisos para coidar dos nosos montes durante todo o ano, primando a prevención sobre a extinción e sobre todo, apoiando as explotacións agrogandeiras existentes, promovendo a creación de novas, e investindo en iniciativas sustentábeis que permitan fixar poboación e recuperar os vencellos dos habitantes co seu medio natural.
- Que a Xunta modifique radicalmente as súas políticas de xestión do monte, nomeadamente a Lei de Montes e o Plano Forestal, para abandonar os monocultivos de especies pirófitas e substituilos por especies autóctonas e outros aproveitamentos que visen a multifuncionalidade de usos e o respecto á función ecolóxica, cultural e social do monte.
- Que a Xunta remate coas políticas agresivas no eido ambiental, económico e social (Lei de Montes, Lei de Industria, Plano da Minaría, Plano Acuícola, Decreto da Biomasa...) que están a provocar o abandono do mundo rural e das actividades tradicionais no medio natural, entregándoo a especuladores e contaminadores.
- Que a Xunta recupere e dé pulo a aquelas iniciativas que visaban unha participación activa da sociedade na xestión sustentábel do seu territorio e dos seus montes, como as Unidades de Xestión Forestal (UXFOR), o Banco de Terras (BANTEGAL) ou Voluntariado Galego en Defensa do Monte, entre outros proxectos que Núñez Feijóo desmontou nada máis chegar ao goberno, cando cambiou a mangueira de xardín polas tesoiras de podar.
- Que a Xunta tome dunha vez en serio ao noso medio natural, prestándolle a atención que merece, e que deixe de ser un mero apéndice para a especulación e a desfeita do cemento e o asfalto. Porque contrariamente ao dito por Samuel Juárez, ex-conselleiro de Medio Rural e actual delegado do goberno, o mundo rural sí ten futuro. Esiximos tamén a inmediata demisión dos titulares de Medio Ambiente, Agustín Hernández e de Medio Rural, Rosa Quintana, por seren os irresponsábeis máximos do exterminio do medio natural e rural, e amosaren a súa absoluta incompetencia para xestionar un patrimonio do que se avergoñan e nen seguera son dignos.
CONVOCA: ASOCIACIÓN MONTE PINDO PARQUE NATURAL
Entidades que se adheriron ao Manifesto
- A RÍA NON SE VENDE
- ADEGA - ASOCIACIÓN POLA DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA
- ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA
- AMIGOS DA TERRA
- ANOVA
- ASEMBLEA CULTURAL GALEGA DE BARCELONA
- ASEMBLEA NACIONAL DA GALIZA CONTRA OS INCENDIOS
- ASOCIACIÓN A COVA DA TERRA DE LUGO
- ASOCIACIÓN ANIMALISTA LIBERA
- ASOCIACIÓN CULTURAL ALMUINHA
- ASOCIACION CULTURAL AS SAGHIEIRAS DE LARIÑO
- ASOCIACIÓN CULTURAL MAR DE MUROS
- ASOCIACIÓN CULTURAL O GALO
- ASOCIACIÓN CULTURAL ROXIN ROXAL
- ASOCIACIÓN CULTURAL VAGALUMES
- ASOCIACIÓN DE EDUCACIÓN AMBIENTAL PAPAVENTOS
- ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE CAMARIÑAS
- ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA
- ASOCIACION DE MEDIOS EN GALEGO
- ASOCIACIÓN ECOLOXISTA A GROBA
- ASOCIACIÓN ECOLOXISTA ARCO IRIS
- ASOCIACIÓN ECOLOXISTA COTO DO FRADE
- ASOCIACIÓN ECOLOXISTA NATURVIVA
- ASOCIACIÓN MONTE DA ESTRELA
- ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SOSTIBLE O GRELO VERDE
- ASOCIACION POLA DEFENSA DA RIA DE PONTEVEDRA
- ASOCIACIÓN PROFESIONAL DO PERSOAL LABORAL DO S.P.D.C.I.F.
- ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL O IRIBIO
- ASOCIACIÓN TREZE CATORZE
- ASOCIACIÓN VECIÑAL ATOCHAS MONTEALTO A TORRE
- ASOCIACION VECIÑAL DO SAVIÑAO
- ASOCIACIÓN VECIÑAL OZA GAITEIRA OS CASTROS
- ASOCIACIÓN VÉSPERA DE NADA
- ASOCIACIÓN XUVENIL PARA O ESTUDO DA NATUREZA
- ASOCIAICÓN ECOLOXISTA E CULTURAL VERBO XIDO
- BAÍA EDICIÓNS
- BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
- CHARANGA TABERNÍCOLAS DO LEIRADAL
- CLUB DE SENDEIRISMO VIA LACTEA
- COLECTIVO NACIONALISTA DE MARÍN
- COMITÉ DE DEFENSA DO MONTE GALEGO
- COMITÉS ABERTOS
- COMPROMISO POR GALICIA
- COMUNIDADE DE MONTES DE CALDEBARCOS
- CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA
- CONTRAMINATE
- COOPERATIVA DE AGRICULTURA ECOLÓXICA RAINHA LUPA DE QUILMAS
- EQUO GALICIA
- ESCOLA DE VELA CATAVENTOS
- ESQUERDA UNIDA
- FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA
- FEDERACIÓN RURAL GALEGA
- FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
- FUNDACIÓN GONZALO LÓPEZ ABENTE
- FUNDACIÓN MANUEL MARÍA DE ESTUDOS GALEGOS
- GALIZA NON SE VENDE
- GALIZA NOVA
- GENTALHA DO PICHEL
- GREENPEACE GALICIA
- GRUPO DE ESTUDO DOS ANIMAIS SALVAXES
- GRUPO ECOLOXISTA XEVALE
- INMOCHALET
- MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
- ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMUN
- PALAVEA BRAVU
- PARTIDO DA TERRA
- PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA
- PLATAFORMA EN DEFENSA DO SERVIZO PÚBLICO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS
- PLATAFORMA EN DEFENSA DOS MONTES DO MORRAZO
- PLATAFORMA NAVARRA EN DEFENSA DE LOS RÍOS
- PLATAFORMA PARA A DEFENSA DAS FRAGAS DO EUME
- PLATAFORMA POLA DEFENSA DE CORCOESTO E BERGANTIÑOS
- PLATAFORMA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO
- QUEREMOS GALEGO
- QUINCE EME DA RÍA
- REDE CONTRAMINACCIÓN
- SALVEMOS MONTEFERRO
- SINDICATO LABREGO GALEGO - COMISIÓNS LABREGAS
- SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA MONTE CABALAR (PRESIDENCIA)
- SOCIEDADE DE MONTAÑA ÁRTABROS
- SOCIEDADE GALEGA DE ORNITOLOXIA
- SOS COUREL
- TOMA LA TIERRA
- UNIVERSIDADE CROMATICA DAS VIRTUDES
- UNIVERSIDADE POPULAR DE CORCUBION
- VERDEGAIA
- XUVENTUDES COMUNISTAS DE GALICIA
- XUVENTUDES SOCIALISTAS
04/10/13
Toda Galiza está chamada a encher a Quintana este domingo contra o lume e polo futuro do medio rural
Sección |
Actualidade
Cartel da manifestación |
Á convocatoria desesperada lanzada pola Asociación Monte Pindo Parque Natural a tarde do día 12 de setembro, chamando a manifestarse este domingo 6 de outubro a partir das 12:00 horas na Alameda (Compostela), xa veñen de sumarse ata o momento unhas 80 entidades sociais (e medrando) de todo o País, e outras moitas teñen anunciado a súa intención de sumarse pero non puideron posicionar con antelación o seu apoio colexiado por falta de tempo para reunirse.
Esta manifestación horizontal, cuxo manifesto e lema foron consensuados nunha reunión aberta a todas as entidades sociais no que xa participaran unha vintena de colectivos, xa non é exclusiva do Monte Pindo senón de todas e todos os galegos con conciencia polos problemas que vive o seu territorio e que están dispostos a pasar do dito aos feitos para esixir solucións.
Manifesto "Por unha Galiza sen lumes. Por un rural con futuro"
O día 11 de setembro declarouse un incendio intencionado que destruiu por completo o Monte Pindo, o Olimpo Celta e monte sacro dos nosos antergos, puxo en perigo vidas e fogares, acabou con explotacións agrogandeiras, e fixo inútil o inxente esforzo de extinción. Este é o paradigma de que os incendios non só teñen a súa orixe no misto que o prende senón en anos e anos de desleixo e políticas desenfocadas, pois non só estamos ante a perda ecolóxica dun dos montes máis emblemáticos do País, senón ante o silencio cómplice dunha administración que desouvíu o berro dos milleiros de galegas e galegos que levamos anos esixíndolle á Xunta medidas efectivas de prevención mediante a declaración do Monte Pindo coma Parque Natural. É esta a única figura de protección que permite a participación directa da sociedade na xestión do espazo e compromete un orzamento anual para protexelo e poñelo en valor. Esta decisión que dependía da vontade do conselleiro, Agustín Hernández, foi sistematicamente ignorada, provocando que todo polo que levamos tres anos loitando e traballando sexa hoxe un inmenso deserto de cinsa de case 2.500 hectáreas, co gasto inútil de millóns de euros públicos na extinción que nunha mínima parte terían permitido atallar a traxedia.
A catástrofe do Monte Pindo certificou o absoluto fracaso dunha política ambiental e de montes que desatendeu por completo a prevención dos lumes nos espazos naturais, rexeitou avances en materia de ordenación, multifuncionalidade, fomento de actividades tradicionais e especies autóctonas, para centrarse en entregar o noso territorio a intereses especulativos e empresas contaminantes, sen esquecer á gran industria pasteiro-enerxética que inzou os nosos montes de pirófitas coma o eucalipto e de paso estragou a Ría de Pontevedra, impedindo o desenvolvemento forestal e marisqueiro substentábel. Vítimas destas políticas caeron xa o Monte Pindo, as Fragas do Eume, o Xistral, o Macizo Central, Xurés, Courel, A Limia, Corcoesto..., e ducias de espazos naturais valiosísimos que foron estragados impunemente causando ademais moitos problemas á veciñanza desde espazos porque os intereses do goberno galego son distintos aos intereses dos galegos e galegas.
Dase ademais a circunstancia de que o actual executivo decidiu agrupar na mesma área as competencias en infraestruturas, urbanismo e medio ambiente, co que dende o primeiro momento a natureza ficou supeditada aos proxectos mal chamados estratéxicos e aos intereses espúreos e coloniais de quenes só lles interesa o lucro e non a terra e os seus habitantes.
Unha Xunta que se parapeta agora detrás dos pirómanos, para agochar as súas miserias e negar que unha neglixente xestión do monte ten grande parte da culpa de que o lume se convirta nun perpetuo elemento da nosa paisaxe xeográfica e vital. Unha Xunta que ten a desvergoña de afirmar que un espazo natural arde con protección ou sen ela, mentras desmantela os servizos públicos de prevención e extinción de incendios. Unha Xunta que ignora deliberadamente que o monte que arde é aquel improdutivo para a súa veciñanza, o que leva irremediabelmente ao abandono das actividades tradicionais e a picar no engado envelenado dos especuladores sen escrúpulos que chegan cos seus proxectos enerxéticos, mineiros, urbanísticos... buscando un rápido lucro e deixando contaminación e pobreza.
A cidadanía galega e as entidades abaixo asinantes, confluiremos o 6 de outubro en Compostela para amosar o noso rexeitamento frontal a esta xestión suicida que ameaza con incendiar o País e reducir a cinsas o futuro dos nosos fillos e fillas. Portanto, ESIXIMOS:
Listado de apoios
Difusión
A catástrofe do Monte Pindo certificou o absoluto fracaso dunha política ambiental e de montes que desatendeu por completo a prevención dos lumes nos espazos naturais, rexeitou avances en materia de ordenación, multifuncionalidade, fomento de actividades tradicionais e especies autóctonas, para centrarse en entregar o noso territorio a intereses especulativos e empresas contaminantes, sen esquecer á gran industria pasteiro-enerxética que inzou os nosos montes de pirófitas coma o eucalipto e de paso estragou a Ría de Pontevedra, impedindo o desenvolvemento forestal e marisqueiro substentábel. Vítimas destas políticas caeron xa o Monte Pindo, as Fragas do Eume, o Xistral, o Macizo Central, Xurés, Courel, A Limia, Corcoesto..., e ducias de espazos naturais valiosísimos que foron estragados impunemente causando ademais moitos problemas á veciñanza desde espazos porque os intereses do goberno galego son distintos aos intereses dos galegos e galegas.
Dase ademais a circunstancia de que o actual executivo decidiu agrupar na mesma área as competencias en infraestruturas, urbanismo e medio ambiente, co que dende o primeiro momento a natureza ficou supeditada aos proxectos mal chamados estratéxicos e aos intereses espúreos e coloniais de quenes só lles interesa o lucro e non a terra e os seus habitantes.
Unha Xunta que se parapeta agora detrás dos pirómanos, para agochar as súas miserias e negar que unha neglixente xestión do monte ten grande parte da culpa de que o lume se convirta nun perpetuo elemento da nosa paisaxe xeográfica e vital. Unha Xunta que ten a desvergoña de afirmar que un espazo natural arde con protección ou sen ela, mentras desmantela os servizos públicos de prevención e extinción de incendios. Unha Xunta que ignora deliberadamente que o monte que arde é aquel improdutivo para a súa veciñanza, o que leva irremediabelmente ao abandono das actividades tradicionais e a picar no engado envelenado dos especuladores sen escrúpulos que chegan cos seus proxectos enerxéticos, mineiros, urbanísticos... buscando un rápido lucro e deixando contaminación e pobreza.
A cidadanía galega e as entidades abaixo asinantes, confluiremos o 6 de outubro en Compostela para amosar o noso rexeitamento frontal a esta xestión suicida que ameaza con incendiar o País e reducir a cinsas o futuro dos nosos fillos e fillas. Portanto, ESIXIMOS:
- Que a Xunta comprometa a protección efectiva dos espazos naturais galegos mediante a dotación dos recursos precisos para a súa conservación e o seu desenvolvemento sustentábel, de xeito que a protección incida na mellora das condicións de vida da súa veciñanza e que a sociedade valore ese patrimonio como unha oportunidade de futuro e non como un atranco.
- Que a Xunta dispoña as medidas e realice os esforzos precisos para coidar dos nosos montes durante todo o ano, primando a prevención sobre a extinción e sobre todo, apoiando as explotacións agrogandeiras existentes, promovendo a creación de novas, e investindo en iniciativas sustentábeis que permitan fixar poboación e recuperar os vencellos dos habitantes co seu medio natural.
- Que a Xunta modifique radicalmente as súas políticas de xestión do monte, nomeadamente a Lei de Montes e o Plano Forestal, para abandonar os monocultivos de especies pirófitas e substituilos por especies autóctonas e outros aproveitamentos que visen a multifuncionalidade de usos e o respecto á función ecolóxica, cultural e social do monte.
- Que a Xunta remate coas políticas agresivas no eido ambiental, económico e social (Lei de Montes, Lei de Industria, Plano da Minaría, Plano Acuícola, Decreto da Biomasa...) que están a provocar o abandono do mundo rural e das actividades tradicionais no medio natural, entregándoo a especuladores e contaminadores.
- Que a Xunta recupere e dé pulo a aquelas iniciativas que visaban unha participación activa da sociedade na xestión sustentábel do seu territorio e dos seus montes, como as Unidades de Xestión Forestal (UXFOR), o Banco de Terras (BANTEGAL) ou Voluntariado Galego en Defensa do Monte, entre outros proxectos que Núñez Feijóo desmontou nada máis chegar ao goberno, cando cambiou a mangueira de xardín polas tesoiras de podar.
- Que a Xunta tome dunha vez en serio ao noso medio natural, prestándolle a atención que merece, e que deixe de ser un mero apéndice para a especulación e a desfeita do cemento e o asfalto. Porque contrariamente ao dito por Samuel Juárez, ex-conselleiro de Medio Rural e actual delegado do goberno, o mundo rural sí ten futuro. Esiximos tamén a inmediata demisión dos titulares de Medio Ambiente, Agustín Hernández e de Medio Rural, Rosa Quintana, por seren os irresponsábeis máximos do exterminio do medio natural e rural, e amosaren a súa absoluta incompetencia para xestionar un patrimonio do que se avergoñan e nen seguera son dignos.Este día o pobo galego está a falar, e dixo ben claro que non nos resignamos a ver como este goberno fica impasíbel cando non é directamente cómplice da destrución dun territorio que deberían coidar como unha nai, a nosa Matria que nos fixo ser tal e como somos hoxe.
CONVOCA: ASOCIACIÓN MONTE PINDO PARQUE NATURAL
Listado de apoios
- A RÍA NON SE VENDE
- ADEGA - ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA
- ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA
- AMIGOS DA TERRA
- ANOVA
- ASEMBLEA NACIONAL DA GALIZA CONTRA OS INCENDIOS
- ASOCIACIÓN A COVA DA TERRA DE LUGO
- ASOCIACIÓN ANIMALISTA LIBERA
- ASOCIACIÓN CULTURAL ALMUINHA
- ASOCIACION CULTURAL AS SAGHIEIRAS DE LARIÑO
- ASOCIACIÓN CULTURAL O GALO
- ASOCIACIÓN CULTURAL ROXIN ROXAL
- ASOCIACIÓN DE EDUCACIÓN AMBIENTAL PAPAVENTOS
- ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA
- ASOCIACION DE MEDIOS EN GALEGO
- ASOCIACIÓN ECOLOXISTA A GROBA
- ASOCIACIÓN ECOLOXISTA ARCO IRIS
- ASOCIACIÓN ECOLOXISTA COTO DO FRADE
- ASOCIACIÓN ECOLOXISTA NATURVIVA
- ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SOSTIBLE O GRELO VERDE
- ASOCIACION POLA DEFENSA DA RIA DE PONTEVEDRA
- ASOCIACIÓN PROFESIONAL DO PERSOAL LABORAL DO S.P.D.C.I.F.
- ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL O IRIBIO
- ASOCIACIÓN TREZE CATORZE
- ASOCIACION VECIÑAL DO SAVIÑAO
- ASOCIACIÓN VECIÑAL OZA GAITEIRA OS CASTROS
- ASOCIACIÓN XUVENIL PARA O ESTUDO DA NATUREZA
- ASOCIAICÓN ECOLOXISTA E CULTURAL VERBO XIDO
- BAÍA EDICIÓNS
- BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
- CLUB DE SENDEIRISMO VIA LACTEA
- COLECTIVO NACIONALISTA DE MARÍN
- COMITÉ DE DEFENSA DO MONTE GALEGO
- COMITÉS ABERTOS
- COMUNIDADE DE MONTES DE CALDEBARCOS
- CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA
- CONTRAMINATE
- COOPERATIVA DE AGRICULTURA ECOLÓXICA RAINHA LUPA DE QUILMAS
- EQUO GALICIA
- ESCOLA DE VELA CATAVENTOS
- FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA
- FEDERACIÓN RURAL GALEGA
- FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
- FUNDACIÓN GONZALO LÓPEZ ABENTE
- FUNDACIÓN MANUEL MARÍA DE ESTUDOS GALEGOS
- GALIZA NON SE VENDE
- GALIZA NOVA
- GENTALHA DO PICHEL
- GREENPEACE GALICIA
- GRUPO DE ESTUDO DOS ANIMAIS SALVAXES
- GRUPO ECOLOXISTA XEVALE
- INMOCHALET
- MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
- ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMUN
- PARTIDO DA TERRA
- PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA
- PLATAFORMA EN DEFENSA DO SERVIZO PÚBLICO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS
- PLATAFORMA EN DEFENSA DOS MONTES DO MORRAZO
- PLATAFORMA NAVARRA EN DEFENSA DE LOS RÍOS
- PLATAFORMA PARA A DEFENSA DAS FRAGAS DO EUME
- PLATAFORMA POLA DEFENSA DE CORCOESTO E BERGANTIÑOS
- PLATAFORMA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO
- QUEREMOS GALEGO
- QUINCE EME DA RÍA
- REDE CONTRAMINACCIÓN
- SALVEMOS MONTEFERRO
- SINDICATO LABREGO GALEGO - COMISIÓNS LABREGAS
- SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA MONTE CABALAR (PRESIDENCIA)
- SOCIEDADE DE MONTAÑA ÁRTABROS
- SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL
- SOCIEDADE GALEGA DE ORNITOLOXIA
- SOS COUREL
- TOMA LA TIERRA
- UNIVERSIDADE CROMATICA DAS VIRTUDES
- UNIVERSIDADE POPULAR DE CORCUBION
- VERDEGAIA
- XUVENTUDES COMUNISTAS DE GALICIA
- XUVENTUDES SOCIALISTAS
Difusión
01/10/13
O berro polo Monte Pindo voa desde terras arrasadas cara a Compostela
Sección |
Actualidade
Maré humana polo Monte Pindo |
Desolación, rabia e ata algunha bágoa foi a tónica que se podía aprezar nas caras destes valentes, que en moitos casos comprobaban por primeira vez cos seus ollos a realidade dun Monte Pindo que a Xunta considerou, considera e seguirá considerando un espazo natural sobradamente protexido. E esa visión é de morte, un vasto deserto negro ata onde a mesta néboa permitía observar, un auténtico inferno onde ata hai semanas estaba o Paraíso.
Emotivo encontro das comitivas do Pindo e de Caldebarcos |
Neste ambiente, saturados polo cheiro das cinzas mesturadas con auga recén caída, mollados e cansos pero cheos de dignidade, medio milleiro de bos e xenerosos rodearon a rotondiña da entrada do lugariño tradicional abandonado -hoxe recuperado como aldea turística- de San Cibrán, para dar unha auténtica lección aos que lle negaban o que os seus ollos estaban vendo neses momentos.
Lectura do Manifesto ao remate |
POR UNHA GALIZA SEN LUMES, POR UN RURAL CON FUTURO
Cartel da Manifestación PDF (24.29 MB) PNG (9.46 MB) JPG Alta res. (5.96 MB) JPG Baixa res. (856.51 KB) BANNER (231.82 KB) |
O día 11 de setembro declarouse un incendio intencionado que destruiu por completo o Monte Pindo, o Olimpo Celta e monte sacro dos nosos antergos, puxo en perigo vidas e fogares, acabou con explotacións agrogandeiras, e fixo inútil o inxente esforzo de extinción. Este é o paradigma de que os incendios non só teñen a súa orixe no misto que o prende senón en anos e anos de desleixo e políticas desenfocadas, pois non só estamos ante a perda ecolóxica dun dos montes máis emblemáticos do País, senón ante o silencio cómplice dunha administración que desouvíu o berro dos milleiros de galegas e galegos que levamos anos esixíndolle á Xunta medidas efectivas de prevención mediante a declaración do Monte Pindo coma Parque Natural. É esta a única figura de protección que permite a participación directa da sociedade na xestión do espazo e compromete un orzamento anual para protexelo e poñelo en valor. Esta decisión que dependía da vontade do conselleiro,Agustín Hernández, foi sistematicamente ignorada, provocando que todo polo que levamos tres anos loitando e traballando sexa hoxe un inmenso deserto de cinsa de case 2.500 hectáreas, co gasto inútil de millóns de euros públicos na extinción que nunha mínima parte terían permitido atallar a traxedia.
A catástrofe do Monte Pindo certificou o absoluto fracaso dunha política ambiental e de montes que desatendeu por completo a prevención dos lumes nos espazos naturais, rexeitou avances en materia de ordenación, multifuncionalidade, fomento de actividades tradicionais e especies autóctonas, para centrarse en entregar o noso territorio a intereses especulativos e empresas contaminantes, sen esquecer á gran industria pasteiro-enerxética que inzou os nosos montes de pirófitas coma o eucalipto. Vítimas destas políticas caeron xa o Monte Pindo, as Fragas do Eume, o Xistral, o Macizo Central, Xurés, Courel, A Limia, Corcoesto..., e ducias de espazos naturais valiosísimos que foron estragados impunemente causando ademais moitos problemas á veciñanza desde espazos porque os intereses do goberno galego son distintos aos intereses dos galegos e galegas.
Dase ademais a circunstancia de que o actual executivo decidiu agrupar na mesma área as competencias en infraestruturas, urbanismo e medio ambiente, co que dende o primeiro momento a natureza ficou supeditada aos proxectos mal chamados estratéxicos e aos intereses espúreos e coloniais de quenes só lles interesa o lucro e non a terra e os seus habitantes.
Unha Xunta que se parapeta agora detrás dos pirómanos, para agochar as súas miserias e negar que unha neglixente xestión do monte ten grande parte da culpa de que o lume se convirta nun perpetuo elemento da nosa paisaxe xeográfica e vital. Unha Xunta que ten a desvergoña de afirmar que un espazo natural arde con protección ou sen ela, mentras desmantela os servizos públicos de prevención e extinción de incendios. Unha Xunta que ignora deliberadamente que o monte que arde é aquel improdutivo para a súa veciñanza, o que leva irremediabelmente ao abandono das actividades tradicionais e a picar no engado envelenado dos especuladores sen escrúpulos que chegan cos seus proxectos enerxéticos, mineiros, urbanísticos... buscando un rápido lucro e deixando contaminación e pobreza.
A cidadanía galega e as entidades abaixo asinantes, confluiremos o 6 de outubro en Compostela para amosar o noso rexeitamento frontal a esta xestión suicida que ameaza con incendiar o País e reducir a cinsas o futuro dos nosos fillos e fillas. Portanto, ESIXIMOS:
- Que a Xunta comprometa a protección efectiva dos espazos naturais galegos mediante a dotación dos recursos precisos para a súa conservación e o seu desenvolvemento sustentábel, de xeito que a protección incida na mellora das condicións de vida da súa veciñanza e que a sociedade valore ese patrimonio como unha oportunidade de futuro e non como un atranco.
- Que a Xunta dispoña as medidas e realice os esforzos precisos para coidar dos nosos montes durante todo o ano, primando a prevención sobre a extinción e sobre todo, apoiando as explotacións agrogandeiras existentes, promovendo a creación de novas, e investindo en iniciativas sustentábeis que permitan fixar poboación e recuperar os vencellos dos habitantes co seu medio natural.
- Que a Xunta modifique radicalmente as súas políticas de xestión do monte, nomeadamente a Lei de Montes e o Plano Forestal, para abandonar os monocultivos de especies pirófitas e substituilos por especies autóctonas e outros aproveitamentos que visen a multifuncionalidade de usos e o respecto á función ecolóxica, cultural e social do monte.
- Que a Xunta remate coas políticas agresivas no eido ambiental, económico e social (Lei de Montes, Lei de Industria, Plano da Minaría, Plano Acuícola, Decreto da Biomasa...) que están a provocar o abandono do mundo rural e das actividades tradicionais no medio natural, entregándoo a especuladores e contaminadores.
- Que a Xunta recupere e dé pulo a aquelas iniciativas que visaban unha participación activa da sociedade na xestión sustentábel do seu territorio e dos seus montes, como as Unidades de Xestión Forestal (UXFOR), o Banco de Terras (BANTEGAL) ou Voluntariado Galego en Defensa do Monte, entre outros proxectos que Núñez Feijóo desmontou nada máis chegar ao goberno, cando cambiou a mangueira de xardín polas tesoiras de podar.
- Que a Xunta tome dunha vez en serio ao noso medio natural, prestándolle a atención que merece, e que deixe de ser un mero apéndice para a especulación e a desfeita do cemento e o asfalto. Porque contrariamente ao dito por Samuel Juárez, ex-conselleiro de Medio Rural e actual delegado do goberno, o mundo rural sí ten futuro. Esiximos tamén a inmediata demisión dos titulares de Medio Ambiente, Agustín Hernández e de Medio Rural, Rosa Quintana, por seren os irresponsábeis máximos do exterminio do medio natural e rural, e amosaren a súa absoluta incompetencia para xestionar un patrimonio do que se avergoñan e nen seguera son dignos.
Este día o pobo galego está a falar, e di ben claro que non nos resignamos a ver como este goberno fica impasíbel cando non é directamente cómplice da destrución dun territorio que deberían coidar como unha nai, a nosa Matria que nos fixo ser tal e como somos hoxe.
CONVOCA: ASOCIACIÓN MONTE PINDO PARQUE NATURAL
APOIAN: LISTADO DE ENTIDADES ABERTO (mandar adhesión a info@montepindo.org)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)