A choiva, as escorrentías e a borraxeira non son boas compañeiras de andaina. Fonte |
Lamentamos vernos na obriga de adoptar esta medida para garantir a seguridade dos centos de persoas que xa se interesaran por esta actividade coa que prevíamos incluso superar as máis de 200 persoas que asistiran ao primeiro Roteiro Circular. Agardamos poder anunciar unha nova data en breve na que si se poida realizar esta actividade nunhas condicións idóneas para que todo o mundo disfrute das marabillas naturais, xeolóxicas e patrimoniais do Olimpo Celta da forma que se merecen.
Grazas a todas e todos!