O Paraíso Terreal (1610) Jan Brueghel de Velours - P. P. Rubens |
Na nosa anterior viaxe a través dos séculos, chegamos nada menos que a principios do século XVIII, concretamente ata o 1724, para descubrir no Compendio do estado de Altamira cousas tan alucinantes como que os vapores do río Xallas no Cadoiro orientaban a navegación marítima, ou que había escoltas armados cuxa única función era que o nobre da zona atravesara con seguridade un Pedregal que por aquela e por algo temían; un servizo do que outras figuras da alta sociedade podían aproveitarse tamén, previo abono de dous maravedís.
Agora, rabuñando nas follas gastadas do Arbol chronologico de la provincia de Santiago, publicado polo monxe franciscano e cronista Padre Fray Jacobo de Castro en 1722, averiguamos outra desas verdades que só poden parecer delirios ata que resulta que se nos aparecen impresos en libros.
Trátase da seguinte cita, que só corriximos levemente para preservar o seu encanto orixinal:
Villa, y Convento de San Francisco de Muros. No ay duda que esta Villa fue uno de los puertos mejores, y mas ricos de Galicia, en cuya descripcion se alaba la destreza, y el valor en defender aquella Costa. Oy está esta Villa menoscabada, aunque sus mareantes muy diestros en la nautica para viages de Indias, con cuyo comercio se hizo rica. Conservan el porte de los tiempos antiguos, principalmente las mugeres. Los Pueblos vezinos á Muros se llamaron Clamerianos, donde hizo vida eremitica San Teodoro, Monge que floreció en milagros. Ya huvo quien en la Universidad de Salamanca en unos Quodlibetos, defendió con razones autorizadas, y antiguas tradiciones, que cerca de esta Villa en el monte Pindo, o Pindaro, estava el Parayso.Esta cita, que puido ser escrita moito antes que a publicación do libro, xa non só fala dun monte sacro como temos visto noutras ocasións, senón do Paraíso, con maiúscula, o arelado ceo terrenal onde serían concedidos ao ser humano virtuoso todos os seus desexos. Bo intento da Igrexa Católica por transformar os cultos profanos nun pequeno gran macizo granítico do corno do mundo que seguía a resistírselles tantos séculos despois, incluso tras serlle imposta a terrorífica condea da excomuñón!
Segundo a cita, a existencia do Paraíso terreal no punto máis alto da Costa da Morte foi documentado e xustificado en textos e nas cátedras da época; e con razóns autorizadas, nada menos. De paso, ata pode deixarnos caer quen foi o eremita da capela ignota cuxos restos se conservan no Monte Pindo desafiando toda a documentación histórica que nada parece poder dicirnos dela. E a todo isto, quen raio son os clamerianos?
É obvio e cada vez máis que precisamos investigacións e estudos serios sobre a historia deste Monte Pindo que nos vai filtrando as súas verdades a contagotas con pouco que rabuñemos a súa superficie. Isto é un chamado sen indirectas ás tres universidades galegas, e a centos ou milleiros de investigadores galegos: Aínda que ninguén osou nunca buscar a verdade, ata agora, está claro que o Monte Pindo é máis que xeneroso con quen si se atreve. Dámoslle ou que?