Os expertos coinciden en que é a primeira vez que se organiza en Galiza un curso tan completo e intensivo sobre unha época da nosa historia tan ampla e fructífera, pois pariu a maior parte dos restos arqueolóxicos que hoxe en día aínda están a ser descubertos, como o caso da enigmática Torre dos Mouros en Lira ou a inmensa fortificación amurallada no Monte Pindo, tan grande coma a muralla de Lugo, para defender... aparentemente nada.
Pero é que ademais da súa calidade académica recoñecida, estas Xornadas tamén son únicas noutros aspectos. Organízanse desde a óptica completamente popular da Asociación Monte Pindo Parque Natural, cousa pouco habitual neste tipo de eventos, e tanto é asi que as poderemos considerar low-cost, cunha inscrición simbólica de 5 euros por persoa, e absolutamente gratis se acreditan ser persoas desempregadas sen prestacións. Como xa nos comentaron persoas asiduas a este tipo de conferencias, un programa coma este nunca descendería de 300 euros por persoa. E ademais a organización facilitará a quen o desexe o xantar e o aloxamento en locais de hostalería de Carnota a prezos moi reducidos. Todo isto sen un só euro de subvención.
Neste contexto, é un orgullo podermos atraer ao "periférico" Concello de Carnota (municipio low-cost onde os haxa, capaz incluso de rescatar unha fortificación tardoantiga dos toxos e o esquencemento a practicamente cero euros) un amplísimo elenco de ata 24 especialistas chegados de todos os puntos de Galiza, para debullar as fortificacións que marcaron e en moitos casos salvaron a vida dos antepasados, e conformaron a idiosincrasia que hoxe nos caracteriza ao pobo galego. E por enriba abrimos o programa ás achegas que os novos e puxantes investigadores do noso País quixeran propoñernos, coa inclusión de 8 comunicacións engadidas que sorprenderán a todos pola súa frescura e contribuirán a visibilizar os novos valores humanos da nosa historia e patrimonio. Non por casualidade a Universidade de Santiago certificou recentemente o valor académico destas Xornadas outorgando aos asistentes un crédito de libre configuración, e tampouco foi casual o apoio do Grupo de estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo.
Dar máis por menos é case imposíbel, e iso entendeuno perfectamente unha cidadanía de todas as idades, procedencias e dedicacións que desde o primeiro momento volcouse coa convocatoria, ateigando en poucas semanas o cupo máximo previsto para o Salón de Actos do Concello de Carnota.
Desde a Asociación Monte Pindo Parque Natural queremos agradecer o esforzo de todos os que colaboraron coa organización deste evento que consolidará Carnota coma un referente do patrimonio galego de primeira orde, e moi nomeadamente aos relatores pola súa desinteresada participación en todos os casos, ao concello de Carnota polo seu apoio loxístico, aos medios de comunicación que contribuiron a divulgar o evento e aos establecementos hostaleiros deste municipio que nos permitiron aloxar e dar xantar á auténtica maré de persoas que ateigará Carnota o sábado e o domingo a un prezo non prohibitivo.
A única pena que nos queda é que, cun programa tan amplo e completo, imos ter máis que difícil melloralo nunha posíbel segunda edición.
Programa
SÁBADO 1 DE XUÑO DE 2013
Inauguración
09:30 h. Benvida
- D. Iván Franco Caamaño, concelleiro de Cultura do Concello de Carnota
09:45 h. Presentación
- D. Xilberto Caamaño Beiro, presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural
- Dna. Natalia Conde Cid. Coordinadora das Xornadas de Historia e Patrimonio “De Castros a Castelos”
Bloque I. Os castros e a romanidade
10:00 h. Relatorio “Son todo castros? Peculiares xacementos na Idade do Ferro do NO”
10:30 h. Relatorio “Aquí no hay quien viva: a emerxencia da paisaxe fortificada da Idade do Ferro en Galicia”
- D. Rafael M. Rodríguez Martínez, licenciado en Historia pola USC
11:00 h. Relatorio “Aproximación ao estudo dos recintos fortificados do concello de Carnota”
- Dr. Xurxo M. Ayán Vila, doutor en Prehistoria e Arqueoloxía pola USC e investigador no Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC
11:30 h. DESCANSO E CAFÉ
- D. Luis Cordeiro Maañón, licenciado en Historia pola USC
12:00 h. Relatorio “A Torre dos Mouros no contexto castrexo da contorna”
12:30 h. Relatorio “Os castros galaico-romanos”
- D. Antón F. Malde, director arqueolóxico do Proxecto Torre dos Mouros
13:00 h. Debate
- D. Felipe Arias Vilas, Licenciado en Filosofìa e Letras (sección Xeografía e Historia) pola USC e director do Museo do Castro de Viladonga
13:30 h. Visita guiada ao Castro de Mallou
14:30 h. XANTAR
Bloque II. Da tardoantigüidade á Idade Media
16:00 h. Relatorio “Explorando os contextos sociopolíticos das fortificacións galegas altomedievais”
16:30 h Relatorio “Castra e/ou castella? Procesos de fortificación e defensa na Antigüidade Tardía de Gallaecia”
- Dr. José Carlos Sánchez Pardo, licenciado en Historia e doutorado en Historia Medieval pola USC
17:00 h Relatorio “Carácter e función do Castelo Medieval: fortalezas do Reino de Galicia durante a Alta Idade Media”
- Dr. Manuel Gago Mariño, doutor en CC. da Información pola USC, xornalista e director de culturagalega.org
17:30 h. DESCANSO
- Dr. Manuel Recuero Astray, catedrático de Historia Medieval pola UDC
17:45 h. Relatorio “Cénit e declive do castelo de San Xurxo no Monte Pindo”
18:15 h. Relatorio “A Torre dos Mouros: unha gran fortificación tardoantiga na Costa da Morte”
- D. Mario Maceiras Dosil, secretario da Asociación Monte Pindo Parque Natural
18:45 h. Debate
- D. Antón F. Malde, director arqueolóxico do Proxecto Torre dos Mouros
19:15 h. Visita guiada á Torre dos Mouros
DOMINGO, 2 DE XUÑO DE 2013
Bloque III. Os castelos: do feudalismo á modernidade
09:30 h. Relatorio “Castelo, poder e señorío: Concepto e forma da fortificación na Idade Media”
10:00 h. Relatorio “En España, Toledo es rica; Sevilla, grande; Santiago, fuerte y León, hermosa”
- Dr. Carlos J. Galbán Malagón, licenciado en Historia pola USC e doutor pola UB
10:30 h. Relatorio “A fortaleza medieval de A Rocha Forte. Preguntas e respostas”
- Dr. Julio Vázquez Castro, licenciado, doutorado e profesor titular de Historia da Arte na USC
11:00 h. Relatorio “La conformación de una fortaleza de interior: Castro Caldelas”
- Dr. Xosé Manuel Sánchez Sánchez, doutor en Historia Medieval pola USC e arquiveiro da Catedral de Santiago
11:30 h. DESCANSO E CAFÉ
- Dna. Natalia Conde Cid, licenciada en Historia da Arte pola USC
12:00 h. Relatorio “Fortificacións da Ribadavia medieval”
12: 30 h. Relatorio “As Irmandades e a destrución das fortalezas”
- Dr. David Chao Castro, licenciado en Xeografía e Historia e doutor en Historia da Arte pola USC
13:00 h. Debate
- Dr. Anselmo López Carreira, licenciado e doutor en Xeografía e Historia na USC
13:30 h. Visita guiada ao Castelo de San Xurxo
14:30 h. XANTAR
Bloque IV. Comunicacións
- 16:00 h. Comunicación "Aproximación á cerámica medieval compostelá. Resultados preliminares do xacemento do Franco 31." Francisco Alonso Toucido (Graduando en Historia pola USC)
- 16:20 h. Comunicación "¿Cómo se vivía e cómo se morría na Galiza Romana e Medieval? Unha aproximación á saúde, dieta e vida cotiá dende o estudo dos esqueletes." Dra. Olalla López-Costas (Universidade de Granada)
- 16:40 h. Comunicación "Miña terra galega: outros significados do termo terra e a súa importancia na organización do territorio galego medieval" Mariña Bermúdez Beloso (Licenciada en Historia pola USC)
- 17:00 h. Comunicación "A presenza militar romana na Gallaecia occidental: novos datos para a súa investigación." Manuel Gago (profesor de CC. da Comunicación, USC) e Antón Malde (arqueólogo)
- 17:40 h. Comunicación "Iglesias del noble, castillos de Dios: una introducción a las iglesias y monasterios fortificados en la Baja Edad Media". Pablo Ordás Dïaz (Investigador predoutoral contratado, programa I2C, Departamento de Historia da Arte, USC)
- 18:00 h. Comunicación "O Castelo de Soutomaior. Un exemplo de arquitectura militar e de imaxe de poder." Silvia Cernadas Martínez (Licenciada en Historia pola USC)
- 18:20 h. Comunicación “A reocupación do espacio urbano romano na época medieval. O caso de Pontevedra: dunha mansio viaria aberta, a unha vila amurada”. Antonio Castro Rozados
Acto de clausura
- 18:40 h. Comunicación "O poder do arcebispo: Arquitectura e urbanismo na Compostela Xelmiriana". Javier Castiñeiras López
19:00 h. Entrega de certificacións de asistencia e foto de familia
19:15 h. Acto de clausura
- D. Ramón Noceda Caamaño, alcalde de Carnota