COLABORA AQUÍ |
Porén a dura situación de crise que atravesamos dificulta que as editoriais asuman editar, publicar e distribuír a obra. Afortunadamente unha editorial galega comprometeuse a asumir a edición, sempre e cando garantamos a adquisión anticipada dun mínimo de exemplares. Isto esperamos conseguilo coa axuda de todas e todos vós e da plataforma Goteo.org.
Este proxecto está impulsado e coordinado polos escritores Francisco X. Fernández Naval e Miro Villar, ambos afincados na Costa da Morte e colaboradores da Asociación Monte Pindo Parque Natural. O obxectivo do proxect é enriquecer e estimular a produción literaria arredor do monte sacro dos nosos antergos, mais tamén xuntar os esforzos de conservación da imaxinación e da historia en torno aos recursos naturais do Monte Pindo e afortalar as actividades abertas, de lecer e de conciencia, que son realizadas regularmente neste espazo.
Chisco e Miro Villar, coordinadores da Antoloxía Poética |
Pulsa na imaxe para colaborar |
Ao acadar o número mínimo de 105 subscricións, o obxectivo darase por conseguido e a Asociación Monte Pindo Parque Natural activará a edición da obra, que incluirá nos seus agradecementos o listado dos nomes dos que nos axudaron a conseguilo.
Unha vez que a edición esté lista, porémonos en contacto con cada subscritor/a para concretar o xeito de entrega do/s exemplar/es da "Antoloxía Poética do Monte Pindo".
Que pasa se acadamos o obxectivo?
A partir dos 105 subscricións dispoñemos de 45 exemplares adicionais para quen desexe adquirir a obra co mencionado desconto.
Que pasa se non acadamos o obxectivo?
En caso de que a data de 19 de novembro non se teña conseguido o número mínimo de 105 subscricións populares que fagan posíbel a edición, suspenderase o proxecto e reintegraranse todas as achegas efectuadas ata o momento.
Se tes calquera dúbida, escribe a info@montepindo.org ou chama ao 655 56 43 72.