Co apoio da nosa base social, dunha multitude de colectivos, e da impresionante capacidade de difusión que garanten as redes sociais en todo o mundo, na tarde de hoxe
a recollida de sinaturas a favor do Parque Natural do Monte Pindo superou as
mil adhesións individuais en tan só 15 días, demostrando que a iniciativa non fai máis que medrar e medrar en apoios individuais e colectivos, como os máis recentes de
Luar na Lubre e do politólogo e ex-vicepresidente da Xunta de Galicia,
Xosé Luís Barreiro Rivas.
Malia o rotundo éxito da campaña, que prosegue en
Actuable, e dos nosos intentos por citarnos ou sequera contactar con el, o Conselleiro de Medio Ambiente
Agustín Hernández segue mudo e sen dar sinais de vida. Ningún membro do seu gabinete moveu ficha, como tampouco o Director Xeral de Conservación, Ricardo García-Borregón, máximo responsable da farsa na que,
a expensas dun imaxinario dictame contrario do Observatorio Galego da Biodiversidade, anunciou ante os medios a negativa da Xunta a declarar o Monte Pindo como Parque Natural.
|
Fonte: Elaboración propia |
Non podemos comprender como unha persoa elixida -e ben pagada- para defender a todos os galegos e as galegas poida durmir tranquilo sabendo que da a espalda a veciños, axentes sociais e sectores económicos dunha comarca tradicionalmente deprimida, a Costa da Morte, que espera como auga de maio calquera nova oportunidade de optar a un futuro mellor para os seus fillos e fillas, desde o respecto ao noso entorno que nos fai ser todo o que somos.
|
Fonte: Elaboración propia |
|
Máis preocupante é que a maioría das súas comparecencias recentes se centren case por completo en cuestións referentes ás outras áreas da súa
consellería: Territorio e Infraestruturas; sen embargo pareza que considere os asuntos relacionados co Medio Ambiente unha cuestión menor, por non dicir anecdótica.
Desde a Asociación Monte Pindo queremos expresar o noso malestar e lembrarlle á Xunta de Galicia que canto máis se nos ignore desde unha institución que tamén nós financiamos cos nosos impostos, maiores serán os nosos anceios de acadar o noso obxectivo, emprendendo outras medidas de presión máis directas e visibles, de ser preciso.