Para iso contaremos coa axuda dunha serie de representantes dos colectivos veciñal, profesional e científico, especializados nas diversas ramas do saber sen as cales non é posible comprender o verdadeiro significado e importancia deste emblema da paisaxe galega.
O principal obxectivo do Simposium Monte Pindo é proporcionarlle á sociedade os diferentes elementos fundamentais para poder analisar desde un punto de vista crítico os retos e ameazas que no Monte Pindo nos atopamos, a necesidade ou non de figuras de protección específicas, as posibilidades de desenvolvemento para unha mellor calidade de vida de veciños e visitantes, e un longo etcétera que iremos debullando ao longo dunha intensa xornada de conferencias, reflexión e debate sobre este espazo natural en particular e sobre o medio ambiente en xeral.
Xa está aberto o prazo de inscrición. Podes facelo de xeito totalmente gratuito aquí. Para participar no xantar, só tes que especificalo no momento de cubrir o formulario de inscrición. O prezo único por comensal é de 15 euros, que debes ingresar ata o xoves 18 de agosto na conta da Asociación: 2091-0025-03-3040001120 (Novacaixagalicia).
A intención da Asociación Monte Pindo Parque Natural é que a actividade poida converterse nun evento anual de referencia para os amantes e estudosos do macizo do Pindo, asi como que os contidos das diversas conferencias asi como aqueles elementos positivos que xurdan nos diferentes debates se poidan recoller e incluír nun libro para que formen parte da historia deste espazo natural.
PROGRAMA
- 10:00 H | Inauguración: Xilberto Caamaño Beiro (presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural)
- 10:30 H | Exposición fotográfica: Maribel Longueira.
- 11:00 H | Recital poético: Xoán Lestón
- 11:30 H | Descanso e café
- 12:00 H | Ponencia: Juan Ramón Vidal Romaní (xeólogo e director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal)
- 13:00 H | Presentación do libro "Máxico tear natural": Xosé Manuel Lobato (doutor en Filosofía e Ciencias da Educación). Ao remate da presentación, sinatura de libros por parte do autor.
- 14:00 H | Xantar (15 €/ persoa, débese especificar coa inscrición)
- 17:00 H | Ponencia: Martiño-Fiz López Lindoso (Biólogo e relator da iniciativa do Parque Natural do Monte Pindo) e Fins Eirexas (Xeólogo e secretario executivo de ADEGA)
- 18:00 H | Ponencia: Francisco Xosé Fernández Naval (Escritor)
- 19:00 H | Debate aberto: Monte Pindo, Parque Natural?
- 20:00 H | Saúda: Ramón Noceda Caamaño (alcalde de Carnota).
- 20:15 H | Clausura: Mario Maceiras Dosil (secretario da Asociación Monte Pindo Parque Natural)
*A todos os e as asistentes agasaráselle cunha carpeta coa documentación precisa para seguir o Simposium.
ORGANIZACOLABORAN