Rof fala dunha res "lixeira, pequena e de pelo longo" |
A presenza desta hoxe extinta especie cabría sorprende a propios e extranos, aínda que non a todos: un veciño do Pindo, xa socio da AMPPN, asegura que: "antes do último incendio grande fai poucos anos, vianse desde a praia un pouco por encima da Laxe unha parexa, pero supoño que morreron".
Certo ou non, son moi numerosas as mensaxes que temos recibido estes días demostrando o interese non só dos xornalistas senón dos amantes do Monte Pindo congratulándose polo redescubrimento desta especie, agradecéndonos a labor de difusión dos valores deste espazo natural sen igual e ofrecéndonos todo o ánimo e apoio na tarefa de recuperar a fauna autóctona perdida, dificil pero ilusionante camiño que estamos dispostos a percorrer coa vosa axuda.
De feito na Asociación Monte Pindo estamos convencidos de que temos posibilidades reais de recuperar a cabra do Monte Pindo, ao igual que se recuperou no seu día o porco celta, que chegou a atoparse reducida a unha granxa portuguesa. Os esforzos da nosa organización concentraranse en pesquisar nos núcleos rurais de arredores do Monte Pindo, onde entendemos que hai máis posibilidades de éxito, comezando por Cabanude, Reboredo, Nuboa, Lugariño e Fieiro e ampliando progresivamente a área de busca. Calquera información que nos poida ser facilitada neste obxectivo seranos de moitísima axuda.
Desde este espazo só nos resta agradecer ao diario El País o seu interese na nosa organización e a nosa causa, asi como o recoñecemento ao noso humilde pero convencido traballo a prol do Parque Natural do Monte Pindo e en defensa do noso medio ambiente.