
Os veciños de Fabrizia honran a San Antonio de Padua o 13 de xuño, e apenas suman 2.500

Moitos fabriziotis (pois así se chaman) ignorarán que o nome dunha das rúas do seu concello vén dado por un monte considerado sacro situado a 2.190 quilómetros de distancia na temida fin do mundo da lonxana Galizia, e menos aínda que os seus habitantes se están unindo na súa defensa para que o declaren Parque Natural. Pero ben pensado debemos desculpalos, pois tamén nós ignoramos o motivo polo que o Olimpo Celta bautiza unha rúa tan alonxada no plano.
Aínda que esperamos que sexa por pouco tempo: A Asociación Monte Pindo Parque Natural xa enviou un correo ao alcalde de Fabrizia, rogándolle calquera información que poida relacionar a localidade italiana coa galega. De dar os seus froitos esta misiva agardamos poder revelala neste espazo en pouco tempo.
