Este domingo 30 de xaneiro reunirémomos ás 9:30 da mañá en fronte da Confraría de Pescadores do Pindo (Concello de Carnota) para distribuirnos, coa previsión de comezar o ascenso non máis tarde das 10 da mañá. O descenso emprenderíase a primeira hora da tardiña.
Rógase que quen teña interese en participar considere os seguintes aspectos:
- Aconséllase levar un calzado cómodo e seguro, asi como roupa moi abrigosa, pois aínda que a probabilidade de precipitacións é mínima, prevense temperaturas algo baixas.
- Almorzaremos no alto do Monte Pindo, polo que cada quen debe levar o seu xantar e bebida.
- Se ben este roteiro é pouco dificultoso e non dura aló dunha hora, cada quen debe ser consciente das súas propias limitacións personais.