
A mítica formación musical galega
Luar na Lubre sorprendeu na presentación do seu novo disco "
Solsticio" ao incluír o tema "
Monte Pindo" como oitava peza do flamante álbum xa en tendas -e xa en poder da nosa Asociación- do que podedes escoitar gratuitamente un
adianto en Spotify.
Trátase dunha "
homenaxe musical ao noso sacro Monte Pindo con dúas composicións de Bieito Romero", tal e como o propio conxunto o define.
A lenda de Luar na Lubre, e por suposto do Monte Pindo, continúa.