Para respectar a orixinalidade do autor, colamos o texto:
O Pedragal é unha das mais sonadas montañas da Galiza, non só polas suas resonancias históricas e lendarias, senón tamén polas suas características xeolóxicas.Convidámosvos a ver a impresionante galería de imaxes destes supostos fósiles, principalmente o que parecen ser cunchas de variadas formas, que o autor dispón para o goce de todas e todos:
Pero non deixa de sorprender que nas suas alturas, a uns 300 mts., aparecen vestixios da época na que ainda estaba baixo das augas do mar.
No meio dunha vasta extensión de outeiros e penedos, aparecen como caídas do ceo varias masas de conglomerado nas que o proceso de transformación dos sedimentos orixinarios, en granito, quedou incompleto, dando lugar a unha masa heteroxénea na que se poden observar a simple vista cachotes de xisto, seixos, bolos e mesmo cunchas, ou mais ben moldes das cunchas, de moluscos mariños parecidos a ostras e peneiras, unidas por un "cemento" de area silícica que lle da ó conxunto a aparencia dun formigón basto.
[Actualización: Eliminouse un parágrafo por petición do autor, ao conter algunhas impuntualidades a respecto da formación do granito que non se axustan ás actuais convencións científicas]
Para evitar episodios de vandalismo neste enclave virxe polo de agora, evitaremos desvelar o lugar exacto onde se atopa, pero sen dúbida ocupará un protagonismo moi importante nos futuros roteiros da nosa Asociación.