O listado de entidades sociais interesadas en que o Monte Pindo sexa parque natural non deixa de engrosar. Hoxe mesmo a directiva do Colectivo Urbano Lugrís asinou a Declaración de Apoio, co cal esta asociación coruñesa uniuse xa ao berro na defensa do Monte Pindo. Ademais, varios dos seus membros xa solicitaron o ingreso na Asociación Monte Pindo Parque Natural, entre eles o seu presidente.
O Colectivo Urbano Lugrís nace na Coruña en novembro do 2002 coa mirada dirixida ao mar, nada máis desaparecer da superficie do Atlántico os últimos centimetros de aceiro do malpocado petroleiro Prestige. Asi asumiron o legado do xenial pintor coruñés Urbano Lugrís, porque como ben recorda a asociación, "reflexa como nadie o espíritu da mar"; Desde entón, destacouse por poñer no mapa o nome deste artista e pola defensa afervoada do noso medio natural, da nosa cultura e da nosa memoria e sobre todo da nosa dignidade colectiva, nomeadamente das poboacións costeiras galegas
Desde a Asociación Monte Pindo Parque Natural saudamos efusivamente este apoio dunha entidade que en absoluto nos é descoñecida pois ten desenvolto xa actividades no entorno do Monte Pindo, compromiso que os convidamos a seguir mantendo.
18/11/10
17/11/10
A defensa do Monte Pindo é cousa de todos, voten a quen voten
Sección |
Pronunciamentos
Rexeitamos as acusacións de "partidismo" por parte do alcalde de Carnota
A Comisión Rectora da Asociación Monte Pindo Parque Natural valorou hoxe as polémicas declaracións do alcalde de Carnota José Oreiro no medio Galicia Hoxe, nas que calificou de "interesada e partidista" a proposta a favor da declaración de Parque Natural.
"A defensa do Pindo é cousa de todos, non dos que profesan unhas determinadas ideas, e a nosa asociación abre as portas a quen o desexe, co único nexo común de querer o mellor para o Monte Pindo", asegurou Xilberto Caamaño, presidente, aínda incrédulo nada máis coñecer a opinión do rexedor carnotán sobre a iniciativa. "Este mesmo sábado estivemos explicándoa toda a tarde no salón de actos do Concello de Carnota, pero o goberno municipal non quixo asistir", lamentou Xilberto, se ben reitera o ofrecemento da entidade ao alcalde para achegar posicións.
"Que nos dea cita, e alí estaremos para explicarlle a proposta, se Mahoma non vai ao monte o monte vai a Mahoma. O que non cabe en ningunha cabeza é acusar de partidismo a quen xa ten contactado con centos de entidades de todo tipo, entre elas as formacións carnotás e galegas do PP, do BNG e do PSOE ademais dos seus respectivos colectivos xuvenís, asi como con EU, TG, PG, CXXI e miles de persoas a título individual, ás cales non se lle preguntou a quen votaban; logo seremos multipartidistas"
A asociación tamén calificou de "temerario" que o alcalde afirmara publicamente que "o Monte Pindo ocasiona máis gastos e disgustos que beneficios". Xilberto Caamaño sorpréndese porque "un alcalde se refira dese xeito ao maior atractivo natural e turístico do seu municipio" cando o que debería facerse é concienciar á cidadanía do importante que é o coidado do medio natural; "este tipo de consignas só pode levar á desafección".
Desde a asociación lamentamos que se trate de xerar desconfianza sobre o Parque Natural con estas declaracións, pois todo o mundo parece ter claro que é a figura máis acaída para o Monte Pindo. "Non o dicimos nós, dixérono todas as voces máis autorizadas que se levan pronunciado polo momento: o Pindo reúne o 100% dos requisitos para ser parque natural, máis que moitos dos existentes, ignorar porque si todas esas voces autorizadas non é razonable".
Como se explicou no acto do sábado, no aspecto social e económico a mellora para a zona será bestial, pois só por contar co parque natural disporíamos dunha partida presupostaria específica, pasaríamos a ter preferencia inversora, e mesmo se podería promover unha "etiqueta de calidade" para os produtos da zona de influencia do futuro parque, como se fai en Andalucía. Isto obviando o importante impacto turístico e, desde logo, a tremenda mellora medioambiental, sen que iso supoña limitar sequera os actuais aproveitamentos que xa se dan no Monte Pindo.
Multitude de colectivos sociais de todo tipo xa apoiaron a iniciativa, como a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago (presidida por un albaceteño), ou máis recentemente, Lonxanet e o Club Montañeiros Celtas de Vigo, que se suman xa ao extenso listado de entidades de ámbito máis local.

O Club de Montañeiros Celtas tamén quere un parque natural no Monte Pindo
Sección |
Apoios
Non cabe dúbida que o Monte Pindo desata paixóns non só nos que residimos debaixo da súa influencia mística, e así é agora o Club de Montañeiros Celtas, entidade deportiva viguesa nacida nada menos que en 1942, o que se sumou á petición veciñal para que o Monte Pindo sexa declarado parque natural.
A entidade nace en 1942 (ver imaxe inferior) ao abeiro do Real Club Celta de Vigo, coa fusión do Centro Excursionista de Galicia (nacido en 1936) e a Peña Excursionista Viguesa (nacida en 1938). En outubro de 1952, a agrupación desvencéllanse do RC Celta de Vigo consolidando definitivamente esta entidade que traballa pola práctica e difusión dos deportes de montaña en todas as súas modalidades: montañismo, sendeirismo, escalada, esquí, espeleoloxía, bici de montaña, subacuáticas...
Sen dúbida este novo apoio, sobre todo sabendo de quen procede, vai insuflar novo aire fresco a todos os que amamos o Monte Pindo, e sobre todo nos que disfrutan da súa faceta máis deportiva e aventureira. A todos os montañeiros celtas, parabéns pola súa encomiable traxectoria polo ben do deporte ligado ao disfrute do noso medio natural, que no caso do Monte Pindo, tamén é seu.

16/11/10
Lonxanet súmase á proposta do Parque Natural
Sección |
Apoios
Lonxanet, artífice da coñecida e pioneira iniciativa de comercialización dos produtos do noso mar grazas as novas tecnoloxías, acaba de transmitirnos o seu apoio á proposta de Parque Natural para o Monte Pindo.
Desde a Comisión Rectora saudamos o apoio desta entidade e convidámosvos a coñecer e participar na súa proposta.
Lonxanet xurde da inquedanza dunha longa serie de confrarías galegas, ávidas por situar o seu produto de calidade nas mesas de todo o estado español nun tempo áxil, e ofrecendo tamén uns prezos xustos para cliente e mariñeiro. Asi, o que se busca é satisfacer os padales máis esixentes con produtos de suma calidade e con certificación de orixe, recoñecendo socialmente a labor do pescador e axudando ao desenvolvemento das comunidades pesqueiras mentras se axuda ao coidado do medio mariño.
Desde a Comisión Rectora saudamos o apoio desta entidade e convidámosvos a coñecer e participar na súa proposta.
15/11/10
Veciños e colectivos sociais asisten á presentación da Asociación Monte Pindo Parque Natural é a posterior conferencia co profesor Vidal Romaní
Sección |
Actividades
Este sábado 13 de novembro tivo lugar no Salón de Actos do Concello de Carnota a presentación da recén creada Asociación Monte Pindo Parque Natural, que nace co obxectivo de conseguir que o Monte Pindo se converta no séptimo parque natural galego.
Mario Maceiras, secretario da asociación, abriu o acto agradecendo a asistencia a pesar das inclemencias e presentando un a un os 15 membros da Comisión Rectora (cun vogal por cada localidade do noso concello) e explicou os obxectivos e os medios que se estiman axeitados para conseguilos. Tamén relatou que a coincidencia do acto co 8º aniversario da catástrofe do Prestige non é casual, senón que se pretende espertar coa protección do Monte Pindo un sentimento de compromiso cidadán parello ao que se espertara 8 anos atrás coa limpeza das nosas costas ateigadas de chapapote.
O propio Xilberto Caamaño, presidente da asociación, abriu a posterior conferencia informativa destinada a resolver as dúbidas técnicas que puidera haber sobre a declaración do Monte Pindo como parque natural. A continuación, Martiño-Fiz e Fins Eirexas, membros de ADEGA que no pasado mes de setembro presentaron no rexistro da Xunta a proposta, debullaron os aspectos dun Parque Natural destacando a obligatoriedade de levar aparellado un presuposto anual para inversións na mellora da zona, e aseguraron que todos os aproveitamentos actuais do monte son compatibles co Parque Natural e non van a prohibirse de ningunha maneira.
Finalmente chegou a intervención máis agardada, a do profesor Xoán Ramón VIdal Romaní, catedrático de Xeoloxía e Director do Instituto Xeolóxico Isidro Parga Pondal. O reputado xeólogo pronunciou unha amena conferencia na que se abordou a formación do Monte Pindo dende a era carbonífera, ate o actual modelado superficial que produce interesantes formas xeolóxicas que espertan a atención da comunidade científica e deben ser estudadas e protexidas coa figura do Parque Natural. A respecto do recente achado de formacións con aspecto de fósiles en pleno Monte Pindo, catalogounas de extremadamente raras e interesantes cun notable interese xeolóxico, mais nun principio explícaas en base á actividade magmática previa ao emerxemento do Monte Pindo do subsolo hai máis de 300 millóns de anos, sendo pouco probable que realmente se trate de fósiles.
A estas actividades, celebradas nun día marcado polo temporal e os continuos cortes do subministro eléctrico, asistiron numerosos interesados a título individual ou colectivo, entre eles concelleiros carnotáns de PSOE e BNG. Pola contra non quixo asistir asistiu ningún membro do PP, a pesar de seren sido convidados ata por 3 vías.
Desde a Asociación Monte Pindo Parque Natural acollemos con decepción a negativa do PP a asistir, porque precisamente a vocación desta actividade era axudar a superar o descoñecemento sobre a figura do Parque Natural, motivo esgrimido polo goberno municipal para rexeitar a iniciativa. Sen embargo a asociación reitera a súa dispoñibilidade a proporcionar toda a información necesaria aos veciños e aos políticos locais.

09/11/10
A Asociación Monte Pindo Parque Natural preséntase en sociedade e organiza unha conferencia informativa en Carnota
Sección |
Actividades
Adega e a Asociación Monte Pindo Parque Natural (AMPPN) convidan a todos os grupos políticos do Concello de Carnota a informarse do proxecto
A esta conferencia xa convidamos ademais de numerosísimos colectivos do entorno, aos 3 grupos políticos que forman a corporación municipal de Carnota, e especialmente ao señor alcalde de Carnota, José Oreiro que ten manifestado a falta de información como a única razón para opoñerse a este ilusionante proxecto de que o Monte Pindo se convirta no 7º parque natural galego.
CONFIRMA A TÚA ASISTENCIA OU DIFUNDE EN FACEBOOK
O pasado 17 de outubro de 2010 naceu no Pindo a Asociación Monte Pindo Parque Natural para promover a declaración deste insigne espazo natural baixo a citada figura de protección ambiental.
A AMPPN foi fundada basicamente por persoas que representan ás parroquias que rodean o Monte Pindo, ademais de ecoloxistas promotores da idea. É polo tanto unha asociación composta maioritariamente por habitantes das inmediacións do Pindo que, orgullosos do seu patrimonio natural e cultural, pretenden poñelo en valor para compatibilizar un aproveitamento económico que impulse o turismo sostible e máis unha protección ambiental que sirva para a ordenación do territorio e máis para a protección dos seus grandes valores vexetais, animais, xeolóxicos e patrimoniais.
Con estes obxectivos convócase un Acto público de presentación da Asociación, que vai ter lugar o vindeiro sábado 13 de novembro de 2010 no Salón de Actos do Concello de Carnota, coa seguinte PROGRAMACIÓN
18:30 horas | Presentación pública da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
19:00 horas | Conferencia aberta "Razóns para un parque natural no Monte Pindo". Coas ponencias de:

- Xilberto Caamaño Beiro, presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
- Martiño-Fiz López Lindoso, biólogo e relator da iniciativa "Monte Pindo Parque Natural"
- Fins Eirexas Santamaría, xeólogo e secretario executivo de ADEGA
- Juan Ramón Vidal Romaní (na foto), xeólogo e director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal (UDC)
(Ao remate todo o público poderá formular as súas preguntas a calquera dos poñentes)
A esta conferencia xa convidamos ademais de numerosísimos colectivos do entorno, aos 3 grupos políticos que forman a corporación municipal de Carnota, e especialmente ao señor alcalde de Carnota, José Oreiro que ten manifestado a falta de información como a única razón para opoñerse a este ilusionante proxecto de que o Monte Pindo se convirta no 7º parque natural galego.
CONFIRMA A TÚA ASISTENCIA OU DIFUNDE EN FACEBOOK
07/11/10
Atopan posibles fósiles mariños en pleno Monte Pindo
Sección |
Curiosidades
Outro apaixoado do Monte Pindo, xa membro da nosa Asociación, revelou no seu blog un dato que moi poucas persoas coñecen. E é, nin máis nin menos, o feito de que nas abas do Monte Pindo consérvanse o que parecen ser fósiles mariños.
Para respectar a orixinalidade do autor, colamos o texto:
A zona onde se acharon estas formacións, hoxe a uns 300 metros de altitude sobre o nivel do mar, daquela estaba totalmente cuberta polos océanos, deixándonos unha idea do que hoxe é Carnota e o seu entorno bastante difícil de imaxinar, pois por exemplo só con que o nivel do mar se incrementase 14 metros, as ondas bañarían Pedrafigueira ou Maceiras, e O Pindo sería unha illa.
Para evitar episodios de vandalismo neste enclave virxe polo de agora, evitaremos desvelar o lugar exacto onde se atopa, pero sen dúbida ocupará un protagonismo moi importante nos futuros roteiros da nosa Asociación.
Para respectar a orixinalidade do autor, colamos o texto:
O Pedragal é unha das mais sonadas montañas da Galiza, non só polas suas resonancias históricas e lendarias, senón tamén polas suas características xeolóxicas.Convidámosvos a ver a impresionante galería de imaxes destes supostos fósiles, principalmente o que parecen ser cunchas de variadas formas, que o autor dispón para o goce de todas e todos:
Pero non deixa de sorprender que nas suas alturas, a uns 300 mts., aparecen vestixios da época na que ainda estaba baixo das augas do mar.
No meio dunha vasta extensión de outeiros e penedos, aparecen como caídas do ceo varias masas de conglomerado nas que o proceso de transformación dos sedimentos orixinarios, en granito, quedou incompleto, dando lugar a unha masa heteroxénea na que se poden observar a simple vista cachotes de xisto, seixos, bolos e mesmo cunchas, ou mais ben moldes das cunchas, de moluscos mariños parecidos a ostras e peneiras, unidas por un "cemento" de area silícica que lle da ó conxunto a aparencia dun formigón basto.
[Actualización: Eliminouse un parágrafo por petición do autor, ao conter algunhas impuntualidades a respecto da formación do granito que non se axustan ás actuais convencións científicas]
Para evitar episodios de vandalismo neste enclave virxe polo de agora, evitaremos desvelar o lugar exacto onde se atopa, pero sen dúbida ocupará un protagonismo moi importante nos futuros roteiros da nosa Asociación.
03/11/10
Subindo á Moa (por Rafael López Loureiro)
Sección |
Pronunciamentos
Hoxe temos unha sorpresa moi especial para todas as persoas interesadas no Monte Pindo, pero sobre todo para aquelas que aínda non tiveron a ocasión de poder visitalo. De man de Rafael López Loureiro, o gran redescubridor da tradición galega do Samaín, traémosvos unha crónica inédita en primeira persoa das sensacións que subscitou neste profesor de Cedeira un ascenso tan canso como intenso ao Monte Pindo, en agosto deste mesmo ano, e que nos revela en todo o seu esplendor o divino e o humano -como se adoita dicir- desta paraxe.
Sen máis, para o disfrute de todas e todos, deixámosvos co texto. De seguro non quedaredes indiferentes.

Rafael López Loureiro é profesor de escola en Cedeira. Se ben asegura que "no meu curriculum debería figurar que non me gusta facer curriculums", conta cun extenso expediente académico. Pero alén dos méritos profesionais, Rafael é moi coñecido por ser o grande recuperador da tradición do Samain en Galicia, a cuxa difusión adica os ultimos 20 anos con libros como «Samaín, a festa das caliveras», «Las caliveras de ánimas en la Península Ibérica» ou «La Festa de Samaín», un modelo de ecologismo cultural», asi como varias unidades didácticas para o ensino. Tamén é ilustrador e o seu traballo principal neste campo son os encolados.Desde a Asociación Monte Pindo Parque Natural queremos agradecer ao amigo Rafael que nos facilitara este marabilloso documento inédito, e convidámosvos a mergullarvos na bitácora dixital deste afervoado amante da natureza, Ao noroeste do noroeste, onde xa publicou o 1 do outubro un sentido alegato en favor do parque natural:
"Non direi máis. Paisaxe, xeoloxía e bioloxía, ao tempo que tradición e historia, xunguidos todos nun espazo natural moi ben delimitado, cinguido pola fermosa Enseada de Ézaro, a malpocada fervenza do Xallas, e o formidable areal de Carnota deberían de estar defendidos, protexidos e ben coidados por seren un dos requintados tesouros naturais e económicos que a nación galega posúe no seu territorio. Estar deixado, deitado no abandono, á destrución dos cobizosos e dos iñorantes, é un borrón de lixo no ser quen somos. Discutir os méritos que avalan a necesaria consideración legal de Parque Natural é un exercicio de ociosidade dolosa"Como non, convidámosvos a enviarnos tamén os vosos propios textos sobre o Monte Pindo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)