O evento, que terá lugar no local da Confraría de Pescadores do Pindo, que colabora coa actividade, atraerá a Carnota a varios expertos e estudosos da cuestión da toponimia, tanto da índole académica coma do ámbito civil, fundamental para atraer o patrimonio oral tradicional en torno aos nomes dos nosos sitios. Asi mesmo, tamén contaremos cunha actuación musical a cargo das Gaiteiras de Pedras Miúdas que porá o broche a xornada.
Programa
- 10:30 h. Inauguración a cargo de Xilberto Caamaño Beiro, presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural
- 11:00 h. Palestra: «Elaboración cartográfica do territorio na comarca», por Modesto García Quintáns
- 11:45 h. Descanso
- 12:15 h. Proxección de documental: «Os nomes da nosa terra: Monte Pindo», dirixido por Antón Moure e presentado por Fran Cañotas para a AS-PG.
- 12:30 h. Palestra: «Salvagardar a microtoponimia coa app Galicia Nomeada», por Vicente Feijoo, da Real Academia Galega.
- 13:15 h. Coloquio
- 14:00 h. Xantar
- 16:30 h. Palestra: «Pepe do Fieiro», a cargo del mesmo, José Rodríguez Ramos
- 17:00 h. Palestra: «Toponimia da Costa da Morte, Ézaro - Pindo», por Martín Fernández Maceiras, do proxecto Gaelaico.
- 17:45 h. Palestra: «A Toponimia do Monte Pindo: moito máis ca pedras», a cargo de Alfonso Blanco Quintela, profesor de latín.
- 18:30 h. Recital poético, a cargo Francisco X. Fernández Naval (Chisco), escritor e poeta
- 19:00 h. Debate e Mesa Redonda
- 19:45 h. Actuación musical a cargo de Gaiteiras de Pedras Miúdas.