▼
12/12/16
Máis de 200 persoas acuden ao Olimpo Celta con motivo do Día Internacional das Montañas
Resposta masiva ao chamamento da Federación Galega de Montañismo e da Asociación Monte Pindo Parque Natural, para celebrar onte, 11 de decembro, o Día Internacional das Montañas 2016 no Olimpo Celta. Máis de duascentas persoas déronse cita onte ás 11 da mañá no lugar do Fieiro, dispostas a disfrutar dun día que se presentaba espléndido no Monte Pindo.
Despois da presentación por David Pérez Araújo, responsábel da Escola Galega de Alta Montaña da FGM, tomou a palabra a comisión rectora da Asociación Monte Pindo, representada no evento por Mario Maceiras Dosil e Daniel Fernández Longueira. Estes agradeceron o interese que xerara a iniciativa, e que a organización decidira optar polo Monte Pindo para esta cita, que se celebrou simultaneamente en só catro puntos da Península Ibérica.
O percorrido de carácter circular (con saída e chegada ao mesmo punto) transcrurriu sen incidentes para os sendeiristas, entre os que reinou o bo ánimo e o compañeirismo; porén ao chegar ao Campo de Cortes para xantar tivo lugar cecáis o único momento negro da xornada, con ao menos 3 motoristas facendo da Laxe da Moa a súa pista particular, sen amilanarse ante a mirada atónita de case 200 amantes da natureza. Ese episodio demostra ata que punto 6 anos despois de nacer unha entidade esixindo protección para o Monte Pindo, e atopándose coa versión oficial de que xa está suficientemente protexido, a situación sobre o terreo segue ser a de absoluta impunidade dos infractores das xa escasas disposicións legais que o deberan protexer, e demostrou a vixencia dunha loita, a do Parque Natural do Monte Pindo, que é máis necesaria que nunca.
Deixando isto aparte, as entidades FGM e Monte Pindo demostraron a súa boa sintonía para seguir colaborando no futuro, unha colaboración que se podería concretar axiña en proxectos como a homologación das rutas do Monte Pindo e a organización en Carnota dunhas xornadas dedicadas á actividade do montañismo. Por outra parte a FGM e os 9 clubs que se adheriron á iniciativa manifestaron o seu apoio pleno á declaración do Monte Pindo coma Parque Natural, apoio que esperamos que pronto sexa extensivo a todos os clubs e colectivos federados.
07/12/16
A Federación Galega de Montañismo e a Asociación Monte Pindo danse a man para celebrar o Día Mundial das Montañas
11 de decembro, unha data que para milleiros de persoas é xa fundamental para reivindicar o valor dos nosos montes, desde que en 2003 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) declarono o Día Mundial das Montañas, efeméride que desde entón pretende ano a ano aumentar a sensibilización social coa enorme importancia destes espazos naturais.
É por iso que desde a Federación Galega de Montañismo (FGM), a maior organización galega dos e das montañistas e dos colectivos dedicados a esta disciplina deportiva, decidiron dedicar o Día Mundial das Montañas 2016 ao Monte Pindo, a través dunha andaina para a que contaron coa Asociación Monte Pindo Parque Natural. Farano a través dun roteiro circular con saída e chegada no lugar do Fieiro, que comezará o vindeiro domingo, 11 de decembro, a partir das 11:00 horas, por unha duración prevista de entre 3 e 4 horas, na cal visitaremos os lugares máis emblemáticos do Olimpo Celta.
Os obxectivos da iniciativa, da cal podedes consultar todos os detalles neste programa (PDF), son os de dar a coñecer o Día Mundial das Montañas; defender, coa nosa presenza, o entorno da montaña e das súas persoas, en todo o Planeta; defender a creación do Parque Natural do Monte do Pindo; e amosar a FGM como colectivo entre a cidadanía e os medios de comunicación.
É a primeira vez que ambas entidades colaboran, o que desde a veciñanza de Carnota sensibilizada co medio ambiente, e particularmente desde a directiva de Monte Pindo Parque Natural, agardamos que supoña o inicio dunha longa e proveitosa relación, polo ben dun deporte tan nobre como é o montañismo e tamén do medio ambiente. Asi mesmo saudamos que con esta actividade a Federación Galega de Montañismo se comprometa firmemente coa iniciativa para a declaración do Monte Pindo coma Parque Natural,ao igual que o conxunto das súas entidades federadas, algunhas das cales participarán no roteiro: Sociedade de Montaña Ártabros, Club Montaña Ferrol, Club Montañeiros Celtas, Club Pena Trevinca - Montañeiros de Galicia, AROMON Club Montañeiros Pontevedra A Roelo, Club de Montaña e Escala Azimut, Club de Montaña Xistra, Club Alpino Ourensán, e a Agrupación Montañeiros Independentes. A todos eles agradecemos o seu interese e apoio que nos axudará a continuar, firmes, no noso obxectivo de acadar para o Monte Pindo a única figura legal que fai xustiza aos seus valores: o Parque Natural.
É por iso que desde a Federación Galega de Montañismo (FGM), a maior organización galega dos e das montañistas e dos colectivos dedicados a esta disciplina deportiva, decidiron dedicar o Día Mundial das Montañas 2016 ao Monte Pindo, a través dunha andaina para a que contaron coa Asociación Monte Pindo Parque Natural. Farano a través dun roteiro circular con saída e chegada no lugar do Fieiro, que comezará o vindeiro domingo, 11 de decembro, a partir das 11:00 horas, por unha duración prevista de entre 3 e 4 horas, na cal visitaremos os lugares máis emblemáticos do Olimpo Celta.
Emblema da FGM |
É a primeira vez que ambas entidades colaboran, o que desde a veciñanza de Carnota sensibilizada co medio ambiente, e particularmente desde a directiva de Monte Pindo Parque Natural, agardamos que supoña o inicio dunha longa e proveitosa relación, polo ben dun deporte tan nobre como é o montañismo e tamén do medio ambiente. Asi mesmo saudamos que con esta actividade a Federación Galega de Montañismo se comprometa firmemente coa iniciativa para a declaración do Monte Pindo coma Parque Natural,ao igual que o conxunto das súas entidades federadas, algunhas das cales participarán no roteiro: Sociedade de Montaña Ártabros, Club Montaña Ferrol, Club Montañeiros Celtas, Club Pena Trevinca - Montañeiros de Galicia, AROMON Club Montañeiros Pontevedra A Roelo, Club de Montaña e Escala Azimut, Club de Montaña Xistra, Club Alpino Ourensán, e a Agrupación Montañeiros Independentes. A todos eles agradecemos o seu interese e apoio que nos axudará a continuar, firmes, no noso obxectivo de acadar para o Monte Pindo a única figura legal que fai xustiza aos seus valores: o Parque Natural.
13/10/16
Sicixia: nace unha xoia do cine galego con sabor ao Monte Pindo
Xil Caamaño, Ignacio Vilar, Marta Lado e Tamara Canosa (CC. AMPPN, 2013) |
E se ben o incomparábel marco axuda, este proceso creativo non se sostería tan ben sen as actuacións impecábeis de Monti Castiñeiras e Marta Lado, na pel dun técnico de son e dunha recolectora de algas, respectivamente, mergullados na procura de si mesmos, ata que se atopan o un ao outro, o que cambia absolutamente todo. Tan redonda resultaron as súas interpretacións que xa lle valeron á fisterrá Marta Lado o recoñecemento internacional dun merecido premio á mellor actriz na 21ª edición do Festival Cinespaña de Toulouse. Cremos que non será o último recoñecemento a este filme. Desde o alto do Olimpo Celta, enviamos os parabéns á veciña e amiga Marta, e a todo o equipo de profesionais que forma parte neste éxito.
Agradecemento aos colaboradores carnotáns nos créditos |
Só nos resta agradecer a Ignacio Vilar e a Vía Láctea Filmes que apostara polo Monte Pindo para rodar, con todas as dificultades técnicas que isto supón, e tamén pola nosa entidade para participar na fascinante aventura do producir cine, e que nos convidaran a asistir en exclusiva ao primeiro pase da película na Coruña. A obra encantounos, agardamos que teña moitísimo éxito e que os espectadores saiban aprezala cando chegue ás principais salas de cine o vindeiro 25 de novembro.
10/10/16
Videoactas do V Simposium Monte Pindo: A memoria dos fuxidos
A Asociación Monte Pindo Parque Natural ten o pracer de liberar ao ben común na súa canle de Youtube as videoactas do «V Simposium Monte Pindo: A memoria dos fuxidos», celebrado o pasado 1 de outubro no Pósito dos Pescadores do Pindo, que por primeira vez tiveron carácter monográfico sobre a cuestión dos centos de fuxidos no Monte Pindo durante os primeiros compases do golpe de estado de 1936 e a brutal represión franquista que se iniciou a continuación.
Inauguración
Merche Díaz, secretaria dunha Confraría de Pescadores do Pindo abarrotada para a ocasión, e tesoureira da Asociación Monte Pindo Parque Natural, foi a nomeada para inaugurar o V Simposium Monte Pindo. Por suposto, organización do evento nun local destas características non foi casual: o mesmo espazo foi ocupado no ano 1936 polos falanxistas e militares para servir de centro de mando dos golpistas desde onde se dirixiu un intensivo operativo de busca e captura dos veciños fuxidos no Monte, e tamén onde se torturou e extorsionou a vítimas e familiares para obter información que axudara a capturar a aqueles que se rebelaran contra o golpe.
Proxección "A Mariñeira" e charla-coloquio
A proxección do filme A Mariñeira, a piques de cumprirse 10 anos da súa estrea, ateigou o local do Pósito de veciñanza e visitas ansiosas por coñecer a historia de María, unha humilde mariñeira de Quilmas que, logo do alzamento fascista do 36, ten que sacar adiante soa as súas fillas cando o seu home fuxe ao Monte Pindo, e que tivo que enfrontarse as autoridades oficiais e fácticas do franquismo que usaron absolutamente todos os resortes ao seu alcance -legais e ilegais- para levar á Mariñeira a revelar o paradoiro do seu compañeiro escapado. Para explicar os procesos creativos que levaron un relato de poucas páxinas como é A Mariñeira de Quilmas á gran pantalla, organizamos unha charla-coloquio con Darío Xohán Cabana (Cospeito, 1952), autor do texto, e Antón Dobao (Lugo, 1963), director do filme, baseado nun guión de Xabier Cordal.
Palestra «Evasións por mar na Guerra Civil. Os fuxidos do Pindo»
Continuou a xornada coa conferencia «Evasións por mar na Guerra Civil. Os fuxidos do Pindo» a cargo de Eliseo Fernández (Ferrol, 1967), historiador especializado na Guerra Civil e nomeadamente no compoñente anarquista e obreiro da resistencia, quen documentou profusamente os episodios das fuxidas por mar na costa galega, destacando no noso entorno a rocambolesca captura da lancha As, a mans de 13 veciños fuxidos no Monte Pindo, e grazas ao cal lograron chegar a Bristol. Eliseo fixo entrega á nosa asociación de varios recortes de prensa da época, descoñecidos cando menos para nós, documentando profusamente o impacto que tivera este acontecemento na prensa inglesa ao revelar o verdadeiro alcance do drama humano que se estaba a vivir nas zonas do estado español que caían en mans dos insurrectos.
Palestra «A sublevación militar franquista e os escapados do Monte Pindo»
Despois de xantar no restaurante da pensión A Morada do Pindo, xa pola tarde tocou o turno dunha das palestras máis agardadas, «A sublevación militar franquista e os escapados do Monte Pindo» a cargo do xubilado de banca e historiador de vocación Luis Lamela (Corcubión, 1942), considerado unha das figuras pioneiras da recuperación da memoria histórica do noso País. Luis, autor do libro "Escapado. Do Monte Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón" fixo gala do seu profundo coñecemento da documentación histórica e da hemeroteca ilustrando con ela a convulsión que supuso o alzamento fascista do 36 para as prácidas vilas do sur da Costa da Morte», enumerando os episodios máis coñecidos e mellor documentados de fuxidos no Monte Pindo e tamén as persoas e organizacións sociais, políticas e sindicais máis importantes na altura e os seus papeis na contenda bélica.
Palestra «Galeguismo e represión en Carnota e na bisbarra»
A continuación foi Xosé Ramón Ermida (Foz, 1973) quen se puxo ao timón do Simposium para recuperar unha historia moi pouco coñecida aínda nos nosos días: o papel do nacionalismo no contexto do alzamento golpista, moi solapado no relato oficial da contenda, que recuperou no libro Mortos por amor á terra que vén de presentar hai unhas semanas tras 20 anos de investigación. Moncho centrou a súa palestra «Galeguismo e represión en Carnota e na bisbarra» no Partido Galeguista de Carnota e Muros, sorprendentemente activo e nutrido na época para tratarse dunha poboación preponderantemente rural, demostrando o seu dominio da documentación que lle permitiu enunciar non só as actividades máis notorias da agrupación local, senón o seu organigrama interno e boa parte do seu censo de militantes. Foi este persoeiro quen nos permitiu devolver á vida unha pouco coñecida imaxe do celebérrimo mitin de Castelao en Lira.
Debate aberto e clausura
Inauguración
Merche Díaz inaugura o Simposium |
Proxección "A Mariñeira" e charla-coloquio
Darío Xohán Cabana e Antón Dobao |
Palestra «Evasións por mar na Guerra Civil. Os fuxidos do Pindo»
Eliseo Fernández |
Palestra «A sublevación militar franquista e os escapados do Monte Pindo»
Luis Lamela |
Palestra «Galeguismo e represión en Carnota e na bisbarra»
Xosé Ramón Ermida |
Debate aberto e clausura
Luis Lamela e Moncho Ermida |
O debate aberto, habitual en todos os Simposium Monte Pindo para dar a palabra aos asistentes, permitiu a moitas persoas clarificar as súas dúbidas a respecto da catarse social e política que supuxo o golpe de estado fascista na nosa bisbarra, e tamén expresar as súas opinións. Ocuparon o atril durante este espazo de libre expresión os propios Luis Lamela e Moncho Ermida, que deixaron patentes as súas propias discrepancias sobre as diferentes lecturas que se poden facer do conflito e dos seus actores principais.
Finalmente, foi a encargada de clausurar o V Simposium Monte Pindo a concelleira de memoria histórica do Concello de Carnota, Carme Armendariz, quen saudou en nome do executivo municipal esta iniciativa e invitou a seguir organizando proxectos de recuperación da memoria histórica no noso municipio e bisbarra.
A Asociación Monte Pindo quere agradecer en primeiro lugar ao conxunto dos ponentes a súa participación completamente altruísta e desinteresada nesta iniciativa, e todos os coñecementos que deitaron nun Simposium que contribuiu a engrandecer a historia do Monte Pindo e tamén a honrar e dignificar a memoria dos nosos veciños que deron a vida pola liberdade de Galiza. Por outra parte, queremos expresar a nosa satisfacción pola excelente acollida que tivo esta programación entre veciños e visitantes, pois durante algun momento chegouse a rozar o aforo máximo do local. Isto certifica o acerto de organizar unha actividade divulgativa en torno a unha temática que poucas veces se ten afrontado tan de fronte, e convida a seguir organizando iniciativas nesta liña.
29/09/16
Recuperamos unha foto case descoñecida do mitin de Castelao en Lira
Moita xente coñece a mítica foto na que ducias de veciños de Lira, tomada no ano 1936, arroupaban ao médico, político e artista rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, durante a campaña de petición do voto favorábel para un Estatuto de Autonomía que se viría violentamente truncado só días despois da súa aprobación polo golpe de estado fascista. Esta foto lembra este día en moitos fogares e negocios do noso concello e alén, e mesmo preside unha praciña conmemorativa que o Concello de Carnota inaugurou o ano 2000, no lugar exacto onde se pronunciara un discurso para a historia.
Mítica foto de Castelao en Lira coas Mocedades Galeguiistas |
Tan feliz redescubrimento débese a unha achega de Moncho Ermida, un dos conferenciantes que nos acompañará este sábado durante o V Simposium Monte Pindo: a Memoria dos Fuxidos, e quen intervirá a partir das 17:45h cunha palestra titulada «Galeguismo e represión en Carnota e na bisbarra» dedicada, precisamente, a contextualizar a situación política na época e nomeadamente a explicar como era a organización o Partido Galeguista de Carnota e Muros.
Os orixinais da imaxe forman parte da colección dedicada a Castelao depositada no Museo de Pontevedra.
23/09/16
O V Simposium Monte Pindo recupera a memoria dos fuxidos 80 anos despois
A Asociación Monte Pindo Parque Natural presenta o V Simposium Monte Pindo, que baixo o título «A Memoria dos Fuxidos» terá lugar o sábado 1 de outubro no Pósito do Pindo (Carnota), consolidando un evento que desde hai xa 5 anos sitúa o Olimpo Celta coma un punto de referencia nacional a nivel de investigación e divulgación.
Nesta quinta edición, por primeira vez, a cita terá carácter monográfico, ocupándose dun asunto que nunca antes en 80 anos se tratara na súa xusta medida: a historia dos fuxidos no Monte Pindo logo do golpe de estado de xullo de 1936. Naqueles primeiros instantes de desacougo e incerteza pola tebrosa ameaza que se cinguía sobre o noso pobo, milleiros de persoas de toda a bisbarra optaron por escalar as agrestes ladeiras do Olimpo Celta buscando refuxio da fratricida sede de sangue desatada naqueles que tentaban conseguir mediante as balas o que non lograran mediante as palabras. Desgrazadamente os seus temores non eran infundados: moitas destas persoas atoparon a morte no Monte Pindo, tentaron fuxir ou ben cederon finalmente ante falsas promesas de seren amnistiados; moi poucos porén volverían a ver as súas familias.
Por e para eles o colectivo veciñal pretende facer do cartel e o programa do Simposium unha verdadeira homenaxe póstuma a tantas persoas que deron a súa vida pola liberdade. Para iso, o V Simposium Monte Pindo contén un extenso programa de actividades que irá debullando o contexto sociopolítico da época e os acontecementos concretos vividos nos municipios de Carnota e Muros e na Costa da Morte en xeral, e que humildemente pretendemos que sexa do agrado de todas e todos.
Programa V Simposium Monte Pindo: A memoria dos fuxidos
O Simposium será inaugurado ás 10 da mañá por Merche Díaz Mayán, secretaria da Confraría de Pescadores do Pindo e directiva da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
Ás 10:30 horas terá lugar a videoproxección do filme "A Mariñeira de Quilmas", dirixido por Antón Dobao, quen a súa vez se inspirou nun relato do escritor Darío Xohán Cabana, e que nos acompañarán nunha charla coloquio sobre unha obra audiovisual que narra a historia dunha veciña de Quilmas asediada polos falanxistas durante toda a súa vida, acusada de colaborar na fuxida do seu marido, ao que tentaban prender.
A continuación intervirá o historiador Eliseo Fernández cunha palestra titulada «Evasións por mar na Guerra Civil: Os fuxidos do Pindo», que presentará unha realidade moi pouco coñecida: as múltiples fuxidas por mar que se produciron na costa galega, e moi concretamente o secuestro do As, que se produciu na nosa zona.
Ás 14:00 horas desenvolveremos un xantar fraternal no restaurante da pensión A Morada no Pindo, para o que haberá que anotarse en info@montepindo.org ou chamando ao 655 56 43 72. O prezo é de 15€ por comensal.
Despois de xantar será o turno de Luis Lamela, xubilado da banca e apaixonado investigador e historiador, quen disertará ás 17:00 horas nunha palestra titulada «A sublevación militar franquista e os escapados do Monte Pindo» sobre as persoas que recurriron ao macizo granítico carnotá para refuxiarse da barbarie e do odio. Os seus estudos sobre este asunto xa o levaron a publicar baixo o selo de Xerais o libro "Escapado. Do monte Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón".
Poñendo a guinda ao programa, ás 17:45 horas intervirá Moncho Ermida, quen vén de publicar este verán o libro "Mortos por amor á Terra", dedicado á brutal represión do galeguismo no 36, un asunto ao que dedicou case 20 anos de estudo, e que o levou a investigar a traxectoria da veciñanza que formou o Partido Galeguista de Carnota e Muros, un episodio da nosa historia que nos foi negado e do que apenas quedaban rexistros, ata agora.
Finalmente, ás 18:30 procederemos ao acto de clausura do Simposium, durante o que nos acompañará Carme Armendariz, concelleira de memoria histórica do Concello de Carnota.
Nesta quinta edición, por primeira vez, a cita terá carácter monográfico, ocupándose dun asunto que nunca antes en 80 anos se tratara na súa xusta medida: a historia dos fuxidos no Monte Pindo logo do golpe de estado de xullo de 1936. Naqueles primeiros instantes de desacougo e incerteza pola tebrosa ameaza que se cinguía sobre o noso pobo, milleiros de persoas de toda a bisbarra optaron por escalar as agrestes ladeiras do Olimpo Celta buscando refuxio da fratricida sede de sangue desatada naqueles que tentaban conseguir mediante as balas o que non lograran mediante as palabras. Desgrazadamente os seus temores non eran infundados: moitas destas persoas atoparon a morte no Monte Pindo, tentaron fuxir ou ben cederon finalmente ante falsas promesas de seren amnistiados; moi poucos porén volverían a ver as súas familias.
Por e para eles o colectivo veciñal pretende facer do cartel e o programa do Simposium unha verdadeira homenaxe póstuma a tantas persoas que deron a súa vida pola liberdade. Para iso, o V Simposium Monte Pindo contén un extenso programa de actividades que irá debullando o contexto sociopolítico da época e os acontecementos concretos vividos nos municipios de Carnota e Muros e na Costa da Morte en xeral, e que humildemente pretendemos que sexa do agrado de todas e todos.
Programa V Simposium Monte Pindo: A memoria dos fuxidos
O Simposium será inaugurado ás 10 da mañá por Merche Díaz Mayán, secretaria da Confraría de Pescadores do Pindo e directiva da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
Fuxidos no Monte Pindo, fotografados á súa chegada a Bristol tras fuxir por mar no As |
A continuación intervirá o historiador Eliseo Fernández cunha palestra titulada «Evasións por mar na Guerra Civil: Os fuxidos do Pindo», que presentará unha realidade moi pouco coñecida: as múltiples fuxidas por mar que se produciron na costa galega, e moi concretamente o secuestro do As, que se produciu na nosa zona.
Ás 14:00 horas desenvolveremos un xantar fraternal no restaurante da pensión A Morada no Pindo, para o que haberá que anotarse en info@montepindo.org ou chamando ao 655 56 43 72. O prezo é de 15€ por comensal.
José Piñeiro Casais, mariñeiro do Pindo de 21 anos do que a súa familia non volve saber nada tras ser encarcerado |
Poñendo a guinda ao programa, ás 17:45 horas intervirá Moncho Ermida, quen vén de publicar este verán o libro "Mortos por amor á Terra", dedicado á brutal represión do galeguismo no 36, un asunto ao que dedicou case 20 anos de estudo, e que o levou a investigar a traxectoria da veciñanza que formou o Partido Galeguista de Carnota e Muros, un episodio da nosa historia que nos foi negado e do que apenas quedaban rexistros, ata agora.
Finalmente, ás 18:30 procederemos ao acto de clausura do Simposium, durante o que nos acompañará Carme Armendariz, concelleira de memoria histórica do Concello de Carnota.
19/09/16
Acórdate do medio natural cando vaias votar!
A Asociación Monte Pindo Parque Natural analizou os programas das forzas políticas con posibilidades de acadar representación parlamentaria nas eleccións do 25S, na procura daquelas propostas concretas relacionadas co medio ambiente, e sobre todo no que teñan que dicir -ou non- do Olimpo Celta. Asi agardamos que a xente teña en conta o factor medioambiental á hora de emitir o seu voto nas urnas, porque o medio natural si importa, e as decisións e proxectos políticos que respaldemos o domingo terán moito que ver co futuro do noso medio natural, e do noso medio rural.
Partido Popular (PP)
Alberto Núñez Feijóo, candidato do PP |
Alberto Núñez Feijóo
Representación actual
41 escanos
Apoia a declaración do Monte Pindo coma Parque Natural?
Non, vetando a aprobación desta iniciativa ata 4 veces no Parlamento, polo que malia que nos prolegómenos da campaña o PP asegurou non opoñerse, esta afirmación non se corresponde en absoluto coa súa actividade parlamentar.
Fai algunha mención do Monte Pindo no seu programa?
Non.
Fixo algunha mención ao Monte Pindo na súa campaña?
Non.
Que defende a respecto dos Parques Naturais?
Promete elaborar os PRUX (Plan Reitor de Uso e Xestión) dos seis parques galegos que aínda non o teñen, e que enumeran.
Cales son as súas propostas en materia medioambiental?
As propostas do PP en materia medioambiental pódese consultar aquí.
Partido Socialista Obrero Español (PSOE)
Xaquín F. Leiceaga, candidato do PSOE |
Xaquín Fernández Leiceaga
Representación actual
18 escanos
Apoia a declaración do Monte Pindo coma Parque Natural?
Si, cun matiz: nunha das catro ocasións en que a proposta chegou a debaterse no Parlamento, o grupo socialista abstívose.
Fai algunha mención do Monte Pindo no seu programa?
Non.
Fixo algunha mención ao Monte Pindo na súa campaña?
O candidato socialista achegouse en bicicleta ao Monte Pindo durante un acto de campaña, ofrecendo unha rolda de prensa ao pe do Cadoiro do Ézaro, no que non fixo ningunha referencia específica ao macizo.
Que defende a respecto dos Parques Naturais?
Promete elaborar os PRUX (Plan Reitor de Uso e Xestión) dos parques naturais.
As propostas do PSOE en materia medioambiental debúllanse a partir da páxina 145 do seu programa electoral, que podedes consultar aquí.
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
Ana Pontón, candidata do BNG |
Ana Belén Pontón Mondelo
Representación actual
7 escanos
Apoia a declaración do Monte Pindo coma Parque Natural?
Si, sendo a primeira organización política que se significou e comprometeu a favor desta iniciativa.
Fai algunha mención do Monte Pindo no seu programa?
Si, comprometéndose explícitamente a crear o Parque Natural do Monte Pindo, e tamén os de Trevinca, Queixa-San Mamede, Ancares e Courel,
Ana Pontón visitou O Pindo en agosto co alcalde de Carnota |
A candidata do BNG visitou o Monte Pindo en precampaña, onde anunciou que -se depende do BNG- o Parque Natural do Monte Pindo sería realidade no primeiro ano de mandato. Situou esta iniciativa no eixo central dun ambicioso plano de desenvolvemento da Costa da Morte.
Que defende a respecto dos Parques Naturais?
Entende os parques naturais «non só como instrumentos de protección senón tamén de desenvolvemento territorial. Os parques deben mudar de modelo, non poden impedir a actividade agrogandeira senón tornala plenamente compatíbel para que o coidado do medio actúe tamén como factor de desenvolvemento social». Ademais da designación de varios novos parques naturais defende a ampliación de varios dos existentes.
Cales son as súas propostas en materia medioambiental?
As propostas do BNG en materia medioambiental debúllanse a partir da páxina 69 do seu programa electoral, que podedes consultar aquí.
Luis Villares, candidato de En Marea |
Candidato
Luis Villares Naveira
Representación actual
6 escanos (dos 9 obtidos baixo a coalición AGE).
Apoia a declaración do Monte Pindo coma Parque Natural?
Si, tanto a coalición AGE coma a súa continuidade electoral, En Marea.
Fai algunha mención do Monte Pindo no seu programa?
Si, comprometéndose explícitamente a crear o Parque Natural do «Monte Pindo e outras zonas da Costa da Morte», e tamén os de Ancares-Courel, Canóns do Sil e Bibei.
Fixo algunha mención ao Monte Pindo na súa campaña?
Xil Caaamaño con Luis Villares e Antón Sánchez |
Que defende a respecto dos Parques Naturais?
Ademais da creación de varios parques naturais e da ampliación de varios dos existentes, En Marea prometeu desenvolver «todos os plans de xestión aínda pendentes», coma os PRUX (Plan Reitor de Uso e Xestión) e PORN (Plan de Ordenación dos Recursos Naturais).
Cales son as súas propostas en materia medioambiental?
As propostas de En Marea en materia medioambiental pódense consultar aquí.
Ciudadanos (C's)
Cristina Losada, candidata de C's |
Cristina Losada
Representación actual
Ningunha
Apoia a declaración do Monte Pindo coma Parque Natural?
Nunca se postulou ao respecto.
Fai algunha mención do Monte Pindo no seu programa?
Non.
Fixo algunha mención ao Monte Pindo na súa campaña?
Non.
Que defende a respecto dos Parques Naturais?
Non fai ningunha mención.
As propostas de Ciudadanos en materia medioambiental pódense consultar aquí, a partir do punto 27 da sección «Los gallegos ciudadanos de primera».
Compromiso por Galicia (CxG)
Xoán Carlos Bascuas, candidato de CxG |
Xoán Carlos Bascuas Jardón
Representación actual
Ningunha
Apoia a declaración do Monte Pindo coma Parque Natural?
En 2012 CxG lanzou un tweet de apoio, mais non nos consta que volvese explicitalo desde entón.
Fai algunha mención do Monte Pindo no seu programa?
Non.
Fixo algunha mención ao Monte Pindo na súa campaña?
Non.
Que defende a respecto dos Parques Naturais?
Aposta por ampliar a rede de Parques Naturais, por ser «unha das maneiras que ten sido amosada como mais efectiva para dar valor ao espazo rural e achegar actividades economicamente sustentables e de alto valor engadido», e concretamente propón crear os do Macizo Central Ourensán, Os Ancares e O Courel no primeiro ano de lexislatura.
As propostas de Compromiso por Galicia en materia medioambiental pódense consultar aquí.
16/08/16
«Se depende do BNG, Monte Pindo será parque natural no primeiro ano de lexislatura»
Ana Pontón visitou Carnota onde ubicou o Olimpo Celta no eixo dun ambicioso plan de desenvolvemento comarcal
A candidata nacionalista á Xunta, Ana Pontón Mondelo, achegouse na mañá de onte ao noso concello acompañado por varios membros do goberno local do Concello de Carnota e do BNG da Costa da Morte, que visitaron a fervenza do Xallas e o lugar do Pindo, onde presentou un plan de desenvolvemento comarcal que pivotará en torno ao futuro Parque Natural do Monte Pindo, pois o macizo carnotán funcionará coma eixo dun proxecto que pretende, segundo explicou, atallar a necesidade de facer un aproveitamento pesqueiro, medio ambiental e turístico desde «o punto de vista da sostibilidade».
De feito, e no relativo á declaración de parque natural que desde hai case 6 anos o tecido social galego ven esixindo para o Olimpo Celta, a candidata comprometeuse a facela realidade no primeiro ano da lexislatura se esa medida depende das responsabilidades do BNG. Entende que a medida servirá para incrementar os investimentos e os recursos para a creación de emprego. «Un avanzo non só para Carnota, senón tamén para o resto da comarca, a nivel de dinamización social e turística».
Non esqueciu o tráxico incendio que arrasou o Monte Pindo no 2013, tras o cal, segundo denunciou, o goberno da Xunta «mirou para outro lado»; Ana Pontón chamou a superar a política de abandono dos montes para acabar cos incendios e criticou a falta de investimentos e promoción do coidado dun medio rural que entende como potencial "elemento de vertebración social e económica".
A visita da candidata nacionalista a Carnota insire de cheo a loita polo Parque Natural do Monte Pindo na carreira ás eleccións autonómicas que terá lugar en pouco máis dun mes, o vindeiro 25 de setembro, sendo o BNG a primeira das opcións políticas que se pronunciou expresamente sobre esta cuestión. Sen embargo, desde a Asociación Monte Pindo Parque Natural xa estamos traballando para iniciar unha rolda de contactos para recabar nas vindeiras semanas o apoio das restantes forzas políticas con opción a acadar peso parlamentario na vindeira lexislatura, para conseguir o compromiso de que o novo goberno da Xunta que saia das urnas entenda coma prioritaria, por fin, a declaración do Monte Pindo como Parque Natural, unha medida que será boa para o medio ambiente e boa para a xente.
O alcalde de Carnota, Moncho Noceda, con Ana Pontón no coadoiro do Xallas (fonte: BNG) |
A representación visitou o lugar do Pindo (fonte: BNG). |
Non esqueciu o tráxico incendio que arrasou o Monte Pindo no 2013, tras o cal, segundo denunciou, o goberno da Xunta «mirou para outro lado»; Ana Pontón chamou a superar a política de abandono dos montes para acabar cos incendios e criticou a falta de investimentos e promoción do coidado dun medio rural que entende como potencial "elemento de vertebración social e económica".
A visita da candidata nacionalista a Carnota insire de cheo a loita polo Parque Natural do Monte Pindo na carreira ás eleccións autonómicas que terá lugar en pouco máis dun mes, o vindeiro 25 de setembro, sendo o BNG a primeira das opcións políticas que se pronunciou expresamente sobre esta cuestión. Sen embargo, desde a Asociación Monte Pindo Parque Natural xa estamos traballando para iniciar unha rolda de contactos para recabar nas vindeiras semanas o apoio das restantes forzas políticas con opción a acadar peso parlamentario na vindeira lexislatura, para conseguir o compromiso de que o novo goberno da Xunta que saia das urnas entenda coma prioritaria, por fin, a declaración do Monte Pindo como Parque Natural, unha medida que será boa para o medio ambiente e boa para a xente.
12/08/16
Un lume arrasou esta madrugada a metade da península dos Mouchos
A falta dun mes para que se cumpran 3 anos do incendio do Monte Pindo, volve a nós o seu fatídico recordo co incendio declarado na noite de onte na peninsula dos Mouchos, na costa da localidade carnotá do Pindo.
Ali, ao fío da media noite de onde, e coincidindo co que algúns veciños identificaron coma un estoupido, comezaron a espallarse as lapas dun lume que pronto avanzaría avivado polo vento en dirección ás casas. A intervención dos corpos de extinción evitou males maiores e conseguiu dar por controlado o incendio arredor das 2 da mañá. O lume afectou segundo as nosas estimacións arredor de 9 hectáreas.
A Asociación Monte Pindo Parque Natural fai pública a súa repulsa a esta nova vaga de terrorismo incendiario que este ano se está cebando particularmente coa nosa bisbarra, con lumes nos municipios de Carnota, Cee, Fisterra, Muxía, Camariñas e Vimianzo. Mais, no que só é imputable a quen ten a responsabilidade de defendernos destes criminais sen castigo, vemos seguimos tan indefensos ante o lume coma o estábamos hai 3 anos cando vimos destruirse o Olimpo Celta: tristemente non aprendemos nada daquela dramática experiencia, non se habilitaron máis medios senón que se reduciron, e os que hai están en peores condicións que nunca. O que a administración galega podería ter feito para prepararnos ante estas cuestións, segue na carteira de tarefas pendentes. E se unha faísca chegara desde os Mouchos á ladeira do Monte Pindo, o resultado sería o mesmo de hai tres anos: catástrofe total.
Canto máis ten que pasar neste País para que a xente e os seus representantes entendan que os lumes non se apagan no verán senón no inverno? Só partindo dunha xestión ordenada e sostible dos nosos montes, e da protección dos nosos espazos naturais máis valiosos con figuras reais e acaídas de protección (coma o Parque Natural, no caso do Monte Pindo) poderemos evitar que esta recorrente praga de incendios forestais nos siga "sorprendendo" cada verán, pois o lume só sorprende a quen non ten previsión. E o actual goberno da Xunta, despois de 8 anos no poder, debería ir demostrando ter unha pouca.
10/08/16
A visita do Seminario de Estudos Galegos ao Monte Pindo en 1936
Algúns dos persoeiros que visitaron o Monte Pindo, sinalados nunha foto de 1928 (fonte: Galipedia) |
Emblema do grupo |
Recorte do artigo |
Na comitiva, ademais dos xa citados Xaime Illa, Vicente Risco e Otero Pedrayo, participaron tamén persoeiros coma o xeólogo Isidro Parga Pondal, o sacerdote e arqueólogo Xesús Carro García, o historiador, arqueólogo e antropólogo Xosé Filgueira Valverde (homenaxeado o Día das Letras Galegas 2015), o científico Luís Iglesias... entre outros. Tristemente as súas investigacións víronse truncadas por un inoportuno temporal cando exploraban Penafiel e que nos privou -de seguro- de moi valiosa información sobre como era o Monte Pindo naquel tempo. Ante a frustrada exploración, ao seu retorno, foron homenaxeados por un concerto da Coral de Cee no colexio Fernando Blanco.
Esta información vén de ser divulgada polo noso socio e colaborador Miro Villar na súa bitácora As Crebas e tamén no dixital Que Pasa na Costa.Exploración del monte Pindo
Mientras que los miembros de la sección de Psicotecnia trabajaban en las escuelas de Ameixenda y Brens, los miembros de las demás secciones escalaron el Monte Pindo. Los resultados de esta difícil exploración no fueron tan completos como sería de esperar porque el temporal del miércoles sorprendió a los miembros del Seminario en los picos de Penafiel y les obligó a suspender sus trabajos. Sin embargo, la exploración ha tenido un gran interés y el monte Pindo justificaría hoy por sí solo una campaña de investigaciones.
Xaime Illa Couto, en "El Pueblo Gallego" (Vigo, xullo de 1936)
01/08/16
A Xunta di agora non oporse á declaración do Monte Pindo como Parque Natural
«No somos contrarios a la declaración de Parque Natural»
Asi de rotundas son as declaracións da Directora Xeral de Conservación da Natureza, Ana Díaz, nunha recente entrevista concedida a La Voz de Galicia, que lle consultou á máxima dirixente deste departamento do goberno galego. Declaracións que chegan en vésperas electorais, cando se cumpren 5 anos, 9 meses e 15 días do nacemento da reclamación veciñal a prol desta medida definitiva de protección e desenvolvemento da contorna; media década durante a que o seu goberno fixo exactamente o contrario, exercer de barreira de contención a unha iniciativa que tumbou -grazas á súa maioría parlamentaria- ata en catro ocasións distintas.
Se ben a dirixente matizou que esta medida «debe contar co aval científico, técnico e social», este aval está máis que demostrado coa propia documentación que lle entregamos á directora xeral na reunión mantida o pasado mes de xuño, na que puido contrastar o moi maioritario seguemento social da iniciativa (a única enquisa sobre este asunto, elaborada en 2014 polo Instituto Sondaxe, constatou que o 73,3% da sociedade está a favor ou moi a favor da iniciativa; ademais, tamén a secundaron 212 entidades de todo tipo, sen que unha soa se destacase en contra. Pola parte científica, cabe destacar a trintena de académicos asinantes da iniciativa, ademais das distintas entidades neste eido que xa de adheriron formalmente, destacando a Universidade da Coruña. E pola parte técnica, existe un informe encargado polos anteriores mandatarios do mesmo departamento no cal non desbota a proposta de declarar o Monte Pindo como Parque Natural e ademais enténdea xustificada.
Impresionante aspecto que ofrece o macizo (Foto: Miguel Caamaño) |

Polo tanto, e como vimos dicindo durante anos, o único obstáculo que segue habendo á proclamación do Monte Pindo como Parque Natural foi e é a negativa da Xunta, que agora e con estas declaracións tamén queda en entredito. Desde a entidade veciñal volvemos a pedir que se estime a nosa iniciativa e se publique no Diario Oficial de Galicia, antes de rematar a actual lexislatura, o decreto polo cal se declare o Monte Pindo como Parque Natural. É de xustiza histórica.
28/06/16
O Monte Pindo xa ten a súa vasilla campaniforme
A Asociación Monte Pindo Parque Natural comprácese de presentar hoxe a primeira fornada da reprodución dunha vasilla campaniforme feita a partir dos fragmentos de cerámica atopados nunha cova do macizo granítico, datadas en 6.000 anos antes da actualidade; isto significa nada máis e nada menos que a vasilla orixinal foi deixada nesta cova por algún habitante do Monte Pindo no Neolítico.
A reprodución arqueolóxica é posíbel grazas ao bo facer do ceramista Manuel Miranda, quen nos fixo entrega dunha primeira remesa de réplicas que o colectivo comezará a servir nas próximas datas ás persoas interesadas que participaron na reserva previa na nosa tenda online tenda.montepindo.gal.
A entidade veciñal recoñece o excelente traballo do artesán e tamén do Instituto Universitario de Xeoloxía Parga Pondal, que fixeron posíbel esta iniciativa, e valora xa repetir a experiencia con outras pezas cerámicas aparecidas no Olimpo Celta, coma a xerra medieval depositada no Museo do Pobo Galego.

20/06/16
Os xeólogos de toda España súmanse á declaración do Monte Pindo como Parque Natural
O Ilustre Colegio Oficial de Geólogos (ICOG), organización profesional dos xeólogos de todo o estado español, vén de comunicarnos a través do seu delegado galego, Pablo Núñez, a súa adhesión á iniciativa para declarar o Monte Pindo como Parque Natural, o que supón un impulso definitivo a esta reivindicación social que cada día subscita un apoio social e académico máis unánime, mesmo alén do territorio galego. Non é a primeira vez que contamos coa adhesion dun Colexio Oficial, pero si o primeiro que o fai que opera a nivel estatal.
Este interese do mundo da xeoloxía polo Olimpo Celta non é casual. Cómpre lembrar que precisamente é a xeoloxía un dos valores máis importantes do Monte Pindo, pois sitúano na vangarda non só galego senón a nivel estatal e internacional. Tampouco foi casualidade que fose recentemente designado o Monte Pindo como espazo natural referencial ao que se dedicou o recente Geolodía 2016, evento que contou cun notábel éxito de asistencia e desenvolvemento. Asi mesmo non é coincidencia ver que se comezan a dedicar ao Monte Pindo todo tipo de estudos científicos do ámbito da xeoloxía, protagonizando mesmo unha Tese doutoral e incluso sendo motivo de debate e interese nun recente congreso en Porto. Mesmo a NASA fixouse na curiosa microbioloxía das nosas grotas graníticas para avanzar na busca de vida alén do noso planeta. Este incipiente interese débese en gran parte grazas ao esforzo investigador e divulgador do Instituto Universitario de Xeoloxía Parga Pondal, dependente da UDC, e en especial á constancia do seu director, o profesor Juan Ramón Vidal Romaní, gran colaborador e directivo da nosa entidade.
Como vemos no Monte Pindo hai todo un universo por descubrir detrás de cada pedra e penedo, un potencial que ata agora en Galiza déuselle moi pouca importancia, algo que agora comeza a mudar; de feito, abriuse xa o debate sobre as propostas para nomear os primeiros Xeoparques da Península Ibérica, unha figura de recoñecemento internacional dependente da UNESCO, á que o Monte Pindo aspira como firme candidato, unha candidatura que xa estamos a preparar coa máxima ilusión por seguir situando o Monte Pindo e a nosa bisbarra no mapamundi.
Nace unha nova casa de turismo rural no Cucurujú
Seguindo coas boas noticias, vén de entrar en funcionamento unha nova casa de turismo rural, Cucurujú Aloxamento, que colle prestado o curioso e distintivo nome do lugar onde está ubicado. Trátase dunha fermosa casiña de pedra tradicional situada en plena ladeira do Monte Pindo, rehabilitada con moito gusto por Sabela Romar que agora a vén de abrir ao público, e quen xa nos comunicou o seu interese en sumarse á nosa entidade para a Costa da Morte o seu primeiro Parque Natural.
O Monte Pindo durante o luar do solsticio de verán deste 2016. Foto: David Trillo Gallego |
Vidal Romaní durante o exitoso Xeolodía 2016 |
Nace unha nova casa de turismo rural no Cucurujú
Seguindo coas boas noticias, vén de entrar en funcionamento unha nova casa de turismo rural, Cucurujú Aloxamento, que colle prestado o curioso e distintivo nome do lugar onde está ubicado. Trátase dunha fermosa casiña de pedra tradicional situada en plena ladeira do Monte Pindo, rehabilitada con moito gusto por Sabela Romar que agora a vén de abrir ao público, e quen xa nos comunicou o seu interese en sumarse á nosa entidade para a Costa da Morte o seu primeiro Parque Natural.
Estas instalacións veñen a ampliar a oferta de aloxamento de calidade no entorno do Monte Pindo, algo polo que non podemos máis que felicitarnos e desexarlle o maior dos éxitos para seguir, entre todos, xerando oportunidades de vida e traballo para que este recuncho tradicionalmente deprimido da Costa da Morte teña cada vez máis e mellor futuro.
07/06/16
Mil días despois do incendio do Monte Pindo catro árbores invasoras infestan o espazo natural
Hoxe cúmprense 1.000 días do devastador incendio declarado o 11 de setembro de 2013, que rematou devastando 2.500 hectáreas de espazo natural que inclúen a integridade da superficie proposta á Xunta para acoller o séptimo parque natural galego, e o primeiro da Costa da Morte. Mil días en que as medidas de restauración desenvolvidas pola entidade xestora do espazo, a Xunta, non só foron completamente insuficientes, senón que mesmo vetaron medidas que desde a sociedade pretendían suplir ese baleiro, coma a iniciativa SOS Monte Pindo.
Hoxe en día, coma a natureza é sabia reclama o terreo que lle foi arrebatado, o verde recuperou a súa predominancia sobre o negro. Sen embargo, 4 especies arbóreas invasoras aproveitan as pésimas condicións do espazo para medrar absolutamente descontroladas por doquier, colonizando centos de hectáreas. Trátanse da acacia (Acacia dealbata), a acacia negra (Acacia melanoxylon), a albicia (Paraserianthes lophantha) e o eucalipto (Eucalyptus globulus), que están a infestar a un ritmo imparábel as zonas queimadas do Monte Pindo e aledaños, estendéndose descontroladamente desde as zonas baixas e habitadas, ladeira arriba. No caso do eucalipto tamén están colonizando as cotas altas e inaccesíbeis. Cada semana que pasa é moito máis dificil erradicalas, pola maior superficie que afectan, as maiores dimensións que acadan e a crecente dificultade de acceder ás zonas afectadas con medios mecánicos. Ademais, este mes entramos nun momento crítico pois varias destas árbores producirán inflorescencias e dispersarán millóns de novas sementes que, empurradas polo vento, colonizarán zonas novas sen apenas oposición. Nunha situación extrema atópase o carballo anano, que só podemos atopar no Monte Pindo, e en cuxo único hábitar está a sufrir a competencia dunha praga do eucalipto. Pero diso xa levamos anos alertando.
A Asociacion Monte Pindo reclama á Xunta que comecen a obrar de inmediato na erradicación urxente das especies descritas, e nomeadamente as poboacións de acacias e albicias presentes nas ladeiras do Monte Pindo que dan a San Cibrán, Quilmas e ao sur do Pindo, antes de que florezan e agraven aínda máis a situación. Se deciden facelo terán toda a nosa colaboración.
Monte Pindo colabora coa USC nun estudo europeo para investigar as consecuencias do lume de 2013
Esta semana o Grupo de Ecoloxía do Lume (GEFUSC) da USC e a Asociación Monte Pindo Parque Natural acordaron colaborar no GESFIRE, un estudo científico de financiación estatal e europea que investiga as consecuencias que o incendio de 2013 sobre o Monte Pindo a través do estudo de varios indicadores naturais, un estudo científico que está a desenvolverse simultaneamente en espazos naturais queimados en distintas partes da Península Ibérica, e que tamén anunciou recentemente que detectaron un forte incremento das especies invasoras no Monte Pindo.
Froito desta colaboración o GEFUSC, representado polas profesoras Otilia Reyes e Mercedes Casal, comprométese a compartir os datos e resultados froito das súas investigacións coa entidade veciñal e tamén o compromiso de colaborar coa identificación e eliminación de especies invasoras. Pola súa parte a Asociación Mone Pindo Parque Natural, representada polo secretario Mario Maceiras a quen lle amosaron as instalacións e os laboratorios do proxecto, comprométese a colaborar e cede desinteresadamente á USC o Catálogo de Especies do Monte Pindo (CEMP), un inxente traballo de inventariado da biodiversidade presente neste espazo natural, o único que conta cun estudo destas características feito desde a sociedade e en permanente revisión, e que na actualidade xa inclúe preto de 700 especies das que unhas 150 contan con algún nivel de protección segundo a lexislación vixente.
Mercedes Casal, Mario Maceiras e Otilia Reyes |