|
Fotos de arquivo de Yolanda Díaz e Marisol Piñeiro (Fontes: Ideal e La Voz) |
A maioría absoluta do PP volveu a tumbar no Parlamento por cuarta ocasión (
1,
2,
3) a iniciativa cidadá de declarar o Monte Pindo Parque Natural. Esta vez a
proposición non de lei chegou ao hemiciclo a proposta do grupo parlamentar de
AGE, que esixiu por boca da súa portavoz Yolanda Díaz que o goberno galego atendera á demanda veciñal para que a figura do Parque Natural axuda á recuperación do monte despois do lume toda vez que
unha recente enquisa demostrou que existe unanimidade social en torno a esta iniciativa e tamén que
ducias de entidades (hoxe
171
, despois das recentes incorporacións de
GMTA e
CETRA) respaldaron sen paliativos esta proposta.
Porén o Partido Popular nin durante estas festas demostra unha pinga de xenerosidade, e volveu dar portazo á declaración do Parque Natural, novamente en boca da deputada carnotá Marisol Piñeiro (actualmente imputada ante o TSXG por prevaricación) que volveu a usar o caduco e falso argumento de que "nas súas manifestacións exhiben bandeiras de grupos políticos e non contan co apoio dos veciños", suficiente para despachar unha idea que durante catro anos suma -e segue- apoios masivos, e logo negouse tamén a aclarar se quería converter o Monte Pindo nun couto de caza maior.
|
O parque natural, no programa 2007 do PP de Carnota |
A realidade é que na comarca e na provincia non existe nin resquicio de oposición, como se pode observar
nesta enquisa que compartimos por xentileza de Sondaxe. A realidade é que o PP é quen está a politizar esta cuestión, pois é o único partido político galego que aínda non asumiu a petición veciñal. En realidade incluso o PP cre nesta proposta, que chegou a figurar en todos os programas electorais nos que Marisol Piñeiro foi candidata en Carnota, como se ve na foto da dereita. Só que agora mesmo non lles interesa defendelo por intereses exclusivamente politicos, pois como agora non gobernan na localidade non poden anotarse o tanto da declaración do Monte Pindo como Parque Natural. E iso é todo. A realidade é que o Monte Pindo, abandonado e destruido, terá que esperar a que os intereses políticos do PP muden.
É insultante como se terxiversan as cousas no corrupto sistema político deste país, onde o goberno emanado dos votos do pobo se converte nun goberno contra o pobo, onde unha persoa que mañá pode ser inhabilitada para o exercicio da política hoxe pode ser quen vete a petición de miles de cidadáns, tecido social, empresarial e turístico, concellos e ducias de colectivos da comarca. Onde unha persoa que presume de ser do Pindo, vai pasar á historia por negarlle aos seus propios veciños ata o pan e a auga, sen demostrar nin un ápice da xenerosidade, humildade e solidariedade propios destas datas festivas.