16/08/13

Os Versos no Olimpo arribaron a Cee polo aire e o papel

Miro Villar, coordinador da obra xunto
con Chisco, que non puido asistir
Calurosa benvida recibiu o poemario colaborativo "Versos no Olimpo" no marco da Feira do Libro de Cee, o pasado martes ás 22:30h, na rúa da Pena. Antes do recital poético a cargo de parte dos autores que prestaron as súas creacións para esta obra, Xilberto Caamaño e Miro Villar, presidente de Monte Pindo Parque Natural e coordinador da obra respectivamente, foron os mestres de cerimonias que participaron aos cidadáns de Cee e da bisbarra desta escolma poética do Olimpo Celta por autores tanto contemporáneos como dos 3 séculos pasados, e que é unha realidade grazas a un proxecto de subscrición popular que acadara o seu obxectivo de reservas nun tempo récord.

O Concello de Cee agasallounos cun detalle que compartimos con todos vós, obra do noso veciño Nacho Porto.

Desde a Asociación Monte Pindo Parque Natural agradecemos tanto á Concellería de Cultura do Concello de Cee como a Manuel Alvariñas, da librería Trazos de Cee e organizador do evento, que contaran con nós nesta ocasión permitíndonos levar as poesías do noso monte sacro a novos horizontes, neste caso moi moi próximos na distancia e no sentimento.