Portada do disco "Mar Maior". Luar na Lubre |
Este compromiso demostrouse reiteradamente en practicamente todas as manifestacións públicas de esta formación mundialmente coñecida de música celta desde Galicia: en entrevistas, concertos e mesmo coa inclusión dunha fermosa peza chamada "Monte Pindo" no seu anterior disco "Solsticio"; mais agora esta adhesión decidida vai moitísimo máis lonxe con ocasión da presentación en sociedade do álbum "Mar Maior".
E é que, nin máis nin menos, Luar na Lubre pretende converter ese esperado momento nun auténtico acto benéfico a favor do Monte Pindo. O evento "Luar Na Lubre en concerto presentando Mar Maior" terá lugar a partir das 20:30 horas do venres 14 de decembro no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, e vai doar o 5% da súa recadación á Asociación Monte Pindo Parque Natural. As entradas custan 18 euros e están xa á venta en Novagaliciabanco.com.
Este auditorio encherase o 14 de decembro para disfrutar dos sons de Luar na Lubre e apoiar o Monte Pindo |
Convidamos a todos os galegos e as galegas a que anoten na súa axenda o 14 de decembro, pois sen dúbida ese será un día histórico para o Monte Pindo que todos tanto amamos e quixéramos ver máis protexido e desenvolvido cada día para o benestar tamén dos habitantes da contorna.
Grazas Luar na Lubre!