Este camiño conta coa peculiaridade de ser un dos camiños tradicionais de paso entre as diferentes aldeas do Concello de Carnota e o Ézaro ou con destino a Cee e Corcubión, sendo daquela o Monte Pindo de paso obrigado para os intercambios comerciais cando a actual ponte nin sequera existía, senón que no remate do vieiro agardaba un barqueiro que unía ambas marxes do río a cambio dunha módica suma monetaria ou en especie.
Desde a construción da ponte a mediados do século XX o roteiro das peixeiras caiu no completo abandono, o que rematou por pechar e sumir no esquecemento un dos camiños máis emblemáticos do Monte Pindo e da idiosincrasia das poboacións da súa contorna.
Agardamos que coa axuda de todos e todas o camiño volverá pronto á vida, con esta acción de voluntariado impulsada polos veciños e socios Pepe do Fieiro e Joaquín Pais, e co apoio da Asociación Monte Pindo Parque Natural, desde onde facemos un chamamento a todos os amantes do Monte para que este domingo se impliquen na recuperación daquelo que nos fai ser o que somos.
Voluntariado no Monte Pindo: Camiño das Peixeiras
Domingo 4 de marzo
PROGRAMA
10:00h. Saída desde a estrada xeral AC-550 á altura da ponte sobre o río Xallas (entre o Pindo e o Ézaro).
Os e as asistentes deberán traer:
Confirma a túa asistencia escribindo a info@montepindo.org ou chamando ao 651 376 769.
- Fouciño (ou outro enser para o desbroce) e luvas de protección.
- Mochila con cando menos xantar e bebida.
- Calzado cómodo e roupa acaída ás condicións meteorolóxicas do día.