Os organizadores están a preparar diversas actividades simultáneas, pero a principal é unha mostra de produtos agrícolas, artesanía local, música e gastronomía... todo pola defensa da terra e de quen a traballa, a coida, a disfruta e a protexe, pois a iniciativa e o propio colectivo deben a súa existencia á honrosa causa da loita que se está a levar a cabo pola xente de Quilmas e doutros lugares en contra das ampliacións e novas plantas piscícolas.
Convidamos a todos os que amen o Monte Pindo e o medio natural en xeral a asistir a este mercado que terá un marcado ambiente festivo e que servirá ademais para que tod@s disfrutedes do lugar, do seu patrimonio (cabaceiras, muíños, praias, agras e o propio Monte Pindo) e das xentes e a realidade diaria.
RELACIÓN DOS EXPOSITORESAlimentaciónApicultura
- Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa - Horta Ecolóxica, fariñas, patacas, conservas, mel e pan.
- Cooperativa Senra - A Estrada - Horta ecolóxica e mel.
- Finca da Cora - A Estrada - Horta ecolóxica, pasteis, galletas, conservas...
- Dolores - Teo - Horta ecolóxica e rosquillas
- Xulio e Belén - Cambre - Pan e repostería ecolóxicas
- Equisol - Santiago - Comercio Xusto
- Menduíña - Cangas - Cervexa artesá
- Chus - Ulloa - Queixos
- Pulpeira Ánxe - O Carballiño - polbo
Artesanía
- Comunidade de Montes de Caldebarcos e San Cibrán - Carnota - Mel
- Santi e Carmen - Louro - Mel
Postos informativos
- Charamusca- Artesanía en cartón pedra- Carnota
- Nacho Porto- Cerámica- Carnota
- Bolatola- Xabróns e cremas artesás- Carnota
- Cesteiro de Rois- de xestas, carqueixa, etc...- Rois
- Cesteiro de Portosón- Bimbio e ferramentas- Portosón
- Charo- Cerámica- Carnota
- Tani- Coiro- A Ulloa
- Susana- Cerámica- O Courel
- Cristina- Cremas, xabróns con ingredientes naturais- O Courel
- Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca (A Coruña)
- Asociación Monte Pindo Parque Natural (Carnota)
- ADEGA (Galicia)
- Sindicato Labrego Galego (Galicia)